Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía de Castro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía de Castro. Mostrar todas las entradas

30/10/23

Ser Donas de Si!

"Porque todavía no les es permitido a las mujeres escribir lo que sienten y lo que saben."  Rosalía de Castro. "La hija del mar", 1859

Tiñamos pendente do curso pasado  unha actividade englobada dentro do Plan Proxecta do centro,  un contacontos pola igualdade, dentro da actuación Donas de Si.

Con ela pretendemos dar visibilidade e empoderamento ás mulleres como pezas fundamentais do desenvolvemento da sociedade galega e como punto de partida para traballar nas nosas aulas a igualdade e os estereotipos de xénero.

O escritor Enrique Mauricio presentou ao alumnado de 2º de Educación Primaria a obra e vida da “nosa” Rosalía de Castro, referente máis que coñecido para to@s nós!

Ademais,   a ilustradora Tania Solla deunos pautas para crear as nosas propias ilustracións de Rosalía. Resultou unha sesión ben interesante!




29/10/23

Quen nos representa? Quen nos goberna?

"A democracia é o goberno do pobo, polo pobo, para o pobo."

Abraham Lincoln (1808-1865) Político estadounidense.

O pasado venres 28 de outubro e da man do Programa “Coñece as túas institucións”, convenio de colaboración asinado entre o Parlamento de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade que permite organizar visitas guiadas conxuntas ás sedes do poder lexislativo e do poder executivo galegos para o alumnado de 5º e 6º de educación primaria e alumnado de educación secundaria obrigatoria de centros educativos de titularidade pública da Comunidade Autónoma.  Na compaña d@s compañeir@s do CEIP Plurilingüe das Vendas da Barreira visitamos o Parlamento de Galicia e o Edificio Administrativo da Xunta de  Galicia en San Caetano .

No primeiro coñecemos moitas curiosidades da sede do poder lexislativo de Galicia. Recordamos que as 75 deputadas e deputados que o forman teñen tres funcións básicas e comprobamos, percorrendo dúas das súas tres plantas,  que o noso Parlamento é un verdadeiro museo de arte galego con máis de 300 obras de artistas galegos dos séculos XIX, XX e XXI entre os que podemos destacar a Laxeiro, Quesada, Buciños ou Acisclo Manzano entre outros.

Acompañounos o deputado da nosa vila Carlos Gómez Salgado, quen respondeu a un montón de dúbidas que tiñamos sobre o funcionamento e outras moitas curiosidades da nosa Cámara de Representantes. Grazas por acompañarnos sempre que visitamos o Parlamento e polo cariño e atención especial co que sempre nos tratas!

Xa na sede da Xunta de Galicia explicounos Alejandra como este Edificio de San Caetano tivo moitos usos ante de albergar os servizos centrais do goberno autonómico. Foi un instituto para nenas e nenos xordos, hospital militar durante a guerra civil e ata chegou a funcionar como cárcere. Fixemos de secretarios xerais e dos distintos conselleiros que constitúen o noso goberno e aprendemos os ámbitos de xestión dos que se ocupan as distintas consellerías.

Finalizamos esta xornada tan especial na casa da "nosa" Rosalía de Castro en Padrón. Alí observamos as estancias e os aveños que ela e a súa familia empregou nos derradeiros anos da súa vida.

Outra xornada para non esquecer cunha chea de cousas gravadas na nosa memoria, moi difíciles de esquecer.



25/4/23

Como funcionan as nosas Institucións de goberno?

“A liberdade só reside nos estados nos que o pobo ten o poder supremo.” (Cicerón. Orador, político y filósofo latino. Arpino, actual Italia, 106 a.C. - Formies, id., 43 a.C.) 

Coñecer as nosas institucións democaráticas e coñecer como funcionan tanto o noso poder lexislativo (Parlamento de Galicia) como o executivo (Xunta de Galicia), as súas funcións e maneiras de proceder é a misión deste programa educativo que xurdiu  dun convenio de colaboración asinado entre o Parlamento de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade o 14 de xaneiro de 2022  e que permite organizar visitas guiadas conxuntas ás sedes deses poderes para o alumnado de 5º e 6º de educación primaria e alumnado de educación secundaria obrigatoria de centros educativos de titularidade pública da Comunidade Autónoma.

O noso alumnado de quinto de Educación Primaria tivo a oportunidade de coñecer as tres funcións do Parlamento de Galicia, a lexislativa, a electiva e a de control ou como as nosas parlamentarias e parlamentarios pertencen a disitintos partidos políticos e se reúnen para acordar melloras para toda a cidadanía, tendo a "palabra" como única ferramenta para chegar a acordos cos demais.

Tamén puidemos visitar as distintas estancias do Pazo do Hórreo, sede actual do Parlamento de Galicia e observar todas as obras de arte (máis de 300 pezas) que constitúen unha autentica sala de exposicións de artistas galegos de todos os tempos.

Agradecer a presenza e a compaña do único parlamentario da nosa vila, Carlos Gómez Salgado Vedmar, que nos tratou con ese cariño e atención especial que sempre ten con tod@s nós.

Trasladámonos logo á sede da Xunta de Galicia no Edificio Administrativo de San Caetano, antigo centro educativo para nen@s xord@s sendo hoxe o emplazamento de case a totalidade das Consellerías que forman o goberno galego, traballando alí máis de 3000 persoas ao servizo d@s cidadáns.

Visitamos a sala de reunións dos secretarios técnicos de todas as áreas de goberno, e alí nos explicaron que son el@s realmente quen toman a maioría das decisións importantes, que son refrendadas ao día seguinte polo conxunto de Conselleir@s na súa habitual reunión dos xoves.

Finalizamos esta xornada tan especial na casa da "nosa" Rosalía de Castro en Padrón. Alí observamos as estancias e os aveños que ela e a súa familia empregou nos derradeiros anos da súa vida.

Foi unha xornada para non esquecer!! Aprendizaxes significativos no medio que se producen!

26/3/23

Ciencia e cultura ... Que máis podemos pedir!

O pasado xoves 23  de marzo o alumnado de sexto de EP visitou no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela a quinta edición do Congreso de Innovación na Formación Profesional, FP Innova Galicia 2023.

FP Innova Galicia 2023 é unha magnífica ocasión para coñecer máis de cerca as posibilidades da formación profesional. O noso alumnado experimentou en primeira persoa coas novas tecnoloxías a través da visualización dos proxectos de innovación desenvolvidos nos centros e da participación nos obradoiros que se organizaron sobre hidróxeno verde, ciberseguridade, biotecnoloxía, robótica aplicada, creación de videoxogos, realidade virtual e aumentada, aplicacións móbiles ou impresión dixital, entre outros.

Tamén se mostraron experiencias innovadoras desenvolvidas nos centros a través de proxectos emprendedores, visualizando as miniempresas creadas por alumnado e profesorado de diferentes niveis educativos e outros programas dentro do Plan Eduemprende.

Foi unha mañá chea de aprendizaxes onde puidemos facer distintas experiencias titorizadas polos profesores dos distintos CIFP que alí presentaban as súas dinámicas de traballo.

Aproveitamos o día para tomar un cafeciño … (ía moito frío e choveu a cachón …) e visitamos a Casa de Rosalía, “alma mater” do noso cole. Aprendemos unha chea de cousas sobre a vida e obra da nosa autora de referencia e vimos de primeira man a casa e os aveños que empregou nos seus últimos anos de vida.



27/2/20

Eu son... Rosalía. Somos Rosalía

Neste 27 e 28 de febreiro estamos celebrando (lendo, recitando, aprendendo, lembrando...) a Rosalía de Castro. Aínda que o 24 foi o seu día, nós estabamos de entroido polo que retomamos este xoves e venres a Rosalía.
Velaquí un par de enlaces:  a unha cantiga


e a un programa de radio feito polo alumnado de quinto de primaria do CEIP Plurilingüe de Foz dende a súa emisora "Chicharriños nas ondas."
https://drive.google.com/file/d/1yUO6XDE0ijPK2h3IL8FiltuhwdXbuyGO/view

Velaquí unha mostra dos traballos feitos e colgados nos taboleiros de entrada ó edificio principal: parabéns, artistas!




17/2/20

Propostas da AELG para o Día de Rosalía


Propostas da AELG para a celebración do Día de Rosalía no ensino
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web.
Por iso, para expandir o poder da súa palabra entre a xente nova, a AELG convida a celebrar o Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino con estas accións colectivas de difusión da súa obra, ideadas a partir do manifesto da AELG no Día de Rosalía de Castro, creado nesta ocasión polo escritor Daniel Asorey.
O lema da proposta, Errantes polo mundo, pode desenvolverse a través de actividades que permitan ao alumnado observar e reflexionar sobre a vixencia do amplo abano de inxustizas sociais, incluída a situación da lingua galega, presentes na obra de Rosalía de Castro.
Para isto, despois de facer un repaso da figura literaria da Autora, e dalgunhas lecturas que dean conta da pluralidade significativa da súa obra, propoñemos para o venres 21 de febreiro a realización das seguintes actividades:
  • Suxerimos que o alumnado traballe fotos, debuxos, fotos pintadas, editadas, gravados… que tratasen o tema das migracións actuais, baixo o lema #ErrantesPoloMundo_rdc_20. As fotos, debuxos, gravados, etc., terán como pé versos de Rosalía que traten as migracións en todos os seus aspectos (a soidade de quen fica, a morriña de quen vai, a dor, o medo, o desamparo, a xenofobia, a explotación, os conflitos…). Trataríase de textos que o alumnado e profesorado estimen interesantes (por exemplo, os poemas “Airiños airiños, aires”, “Adios rios, adios fontes”, “Castellanos de Castilla”, “Vivir para ver”, “Tecín soia a miña tea”, “Pra a Habana!”, “¿Que lle digo?”, “Tan sóio”, “Daquelas que cantan”, “Amores cativos” ou “A xustiza pola man”).
  • Tamén se podería ampliar a elección das fotografías, deseños e versos a aqueles teñan en conta a idea de errante na elección da identidade sexual, afectiva e de xénero, a partir, igualmente, dos versos de Rosalía que o alumnado considere acaídos.
  • Todas as fotos, deseños, gravados… cos seus versos como pé, poderían encher os corredores dos centros e divulgarse en redes sociais como Instagram, Facebook, Twitter…, tamén baixo o lema #ErrantesPoloMundo_rdc_20
  • Como remate poderíase realizar unha actividade de Postcrossing (enviar esas postais cun verso de Rosalía no pé sobre o tema #ErrantesPoloMundo_rdc_20 a outras persoas). As postais pódense enviar individualmente, entre clases ou entre centros, ben por correo postal ou empregando as redes sociais como Whatsapp, Telegram… Despois pódense compartir as recibidas, ben fisicamente, ben nas redes sociais.
  • En relación a esta proposta de actividades, recomendamos encarecidamente que se usen imaxes con dereitos de uso libre en internet (indicando, en todo caso, a fonte desde a que se obteñen).
A documentación gráfica xerada por estas actividades será compartida nas correspondentes redes ou medios de difusión do centro educativo, antes do 24 de febreiro, ou ese mesmo día, coa etiqueta #ErrantesPoloMundo_rdc_20. A AELG comprométese a colaborar na difusión da mesma a través da súa web e redes sociais, para o que agradecemos que se envíe noticia das actividades ao correo oficina@aelg.org. A este mesmo correo podedes comunicarnos a vosa intención de participar nesta iniciativa ou noutras coas que o voso centro celebre o Día de Rosalía 2020, para a irmos facendo constar na nosa web.
Desde a AELG, convidamos á comunidade educativa a que se implique de forma activa nesta festa que celebra o nome e a obra da poeta maior de Galicia, chave mestra da nosa literatura e da nosa conciencia como pobo.

23/1/20

Rosalía no firmamento

A poeta galega deu nome ao astro HD 149143, situado na constelación de Ofiuco, e o planeta que o acompaña chámase Río Sar

A poesía de Rosalía de Castro mantén unha relación moi íntima coa noite. 
Nos seus escritos, tanto os astros como os animais nocturnos ou a propia escuridade son reivindicados como elementos esenciais das paisaxes 
que non só a inspiraban, senón que ademais formaban parte da súa vida.
 Esta relación especial da poeta compostelá coa natureza nocturna
 inspirou á Agrupación Astronómica Coruñesa Ío para acudir á 
convocatoria de NameExoworlds, un proxecto da Unión Astronómica Internacional (IAU, nas siglas en inglés) para bautizar estrelas 
acompañadas por exoplanetas.
Co gallo do seu centenario, este organismo -o único con competencias
 para nomear obxectos astronómicos- invitou os cidadáns de todos
 os países que quixesen participar a bautizar unha estrela e o seu 
planeta co nome «dun obxecto, persoa ou lugar de relevancia cultural, 
histórica ou xeográfica» relacionado co firmamento. (Podes seguir 
lendo neste enlace)

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelaescuela/2020/01/22/span-langgl-firmamento-xa-ten-estrela-rosalia-spanspan-langgl-elixiron-outrosspanspan-langglatopar-rosaliaspan/0003_202001SE22P4991.htm



18/2/14

Todas con Rosalía

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega vén de remitirnos un novo vídeo no que un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar dando vida a Rosalía nun novo vídeo colectivo no que teñen cabida palabras e músicas de mulleres, nenas, mozas e vellas. Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos e para todos nós, falando dos que aquí e agora sofren, seguindo o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente. 
As gravacións amateurs foron montadas e editadas pola cineasta Raquel Rei. Participan, entre moitas outras, Marta Dacosta, María Canosa, Concha Blanco, Mercedes Leobalde, Berta Roca, Fina Casalderrey, Isabel Risco, Lorena Souto, Pilar García Negro,... Esperamos que vos guste.


1/5/13

As caras de Rosalía

Comezamos o mes das Letras Galegas. Dende  a BE de Xinzo de Limia, facemos unha pequena homenaxe á primeira persoa a que se lle adicaron as Letras Galegas, alá polo ano 1963. Pescudamos na rede e atopamos as distintas facianas que nos amosan a Rosalía de Castro e atopamos tamén a música xenial dun rapaz  que rapea á  escritora, KadiGB.



25/2/12

AGASALLO LITERARIO PARA OS NEN@S DO ROSALÍA

Como xa sabedes o día 24 de Febreiro é o día adicado a escritora galega Rosalía de Castro, xa que foi a data do seu nacemento fai 175 anos. Estes son os poemas que limos no Rosalía para celebrar esta conmemoración.

23/2/12

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

O día 24 de Febreiro celebramos o "Día de Rosalía" na escola "Rosalía de Castro" de Xinzo. Cremos que unha das formas máis fermosas de conmemoralo é unindo poesía e música. Con tal motivo deixámosvos no noso blogue esta selección de vídeos e recibiredes o agasallo duns poemas da meirande escritora en lingua galega.