Mostrando entradas con la etiqueta premios literarios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta premios literarios. Mostrar todas las entradas

17/5/23

Unha fermosa mañá de premiad@s!

No Día das Letras Galegas, o Concello de Xinzo de Limia e a Fundación Carlos Casares aproveitaron unha marabillosa mañá chea de sol para facer entrega dos premios dos distintos concursos que convocaran co gallo da celebración desta data.

Por unha banda, tiñamos o concurso de debuxos “AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS” , no que Mael Pinto acadou o segundo premio co seu debuxo "Pío"  e Abigail Alonso foi a gañadora, ambos en categoría Infantil, con "Lila. Elena Paz recibiu o primeiro premio na súa categoría de primeiro e segundo de EP con "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" e na categoría de quinto e sexto, Leo Rodríguez gañou o primeiro premio co seu debuxo.

No concurso “UNHA CUBERTA PARA FRANCISCO F. DEL RIEGO”, Leo Rodríguez acadou o primeiro premio na súa categoría.

Dentro do concurso literario de narración curta "CARLOS CASARES", o gañador na categoría 5º e 6º de Primaria foi Leo Rodríguez co seu texto "En que momento". Na categoría de terceiro e cuarto de EP, o gañador foi Antón Rodríguez con "Que poliño tan curioso", quedando en segundo lugar Emma Rodríguez e a súa obra "Aventuras de avós". Na categoría Infantil, a gañadora foi Navea Gil e o seu fermoso debuxo "Latexos".

Moitos parabéns para todo o alumnado e profesorado do centro que participou nestes certames e un recoñecemento especial para tod@s est@s alumn@s do centro polos premios acadados!














Aquí podedes atopar tod@s @s premiad@s!: 

4/10/19

Concurso de creación literaria: "A PATACA, A LIMIA E TI"

Iniciativa do Concello de Vilar de Barrio en colaboración cos centros educativos da Comarca da Limia para promover a creación literaria no ámbito escolar. Actividade enmarcada dentro da celebración da FESTA DA PATACA.

TEMA: A pataca

BASES
1.-PARTICIPANTES
Alumnado dos centros de ensino da comarca da Limia de forma individual ou en grupo.
2.-CATEGORÍAS
1. De 4º a 6º de Primaria
2. 1º e 2º da ESO
3.-FORMATO
Serán traballos inéditos en prosa, en verso ou cómic en lingua galega, escritos a man ou ordenador que poderán ter un debuxo ou ilustración, como complemento ou integrado no texto.
Tamaño: un folio A4 por unha cara.
Todas as composicións deberán ir encabezadas por un título.
4.-PRESENTACIÓN
O alumnado entregará o traballo ó profesor/a identificado pola parte de atrás cun pseudónimo e un sobre pechado que levará por fóra o pseudónimo e dentro os seguintes datos : nome e apelidos, curso e centro educativo.
Os traballos orixinais e os sobres (ambos unidos cun clip) entregaranse na dirección do centro, onde serán custodiados ata que sexan recollidos.
5.- PRAZO
Data límite o 7 de outubro
6.-XURADO
Unha comisión nomeada polo Concello.
7.-PREMIOS
O premio, para todos os participantes, consistirá nun libro que o Concello editará posteriormente, no que se recollerán todos os traballos.
Haberá unha mención especial para os tres primeiros de cada categoría
8.-FALLO DO XURADO
O fallo do xurado farase público o 13 de outubro pola tarde durante os actos de
conmemoración da festa da pataca.
9.- DIFUSIÓN
A participación neste certame implica a aceptación das bases e o consentimento para a
publicación das obras nun libro que editará o Concello.

1/5/13

As caras de Rosalía

Comezamos o mes das Letras Galegas. Dende  a BE de Xinzo de Limia, facemos unha pequena homenaxe á primeira persoa a que se lle adicaron as Letras Galegas, alá polo ano 1963. Pescudamos na rede e atopamos as distintas facianas que nos amosan a Rosalía de Castro e atopamos tamén a música xenial dun rapaz  que rapea á  escritora, KadiGB.



27/5/12

ANTÍA CAL

 
Conmóveme falar dela e falar con ela, unha muller que nestes últimos meses aparece en moitos medios de comunicación, e que tivemos ocasión de escoitala na inauguración da nosa biblioteca xa fai tres anos nunha escola da Limia que ten o mesmo nome que tiña a súa escola en Vigo. Falou con enerxía, cun brillo nos ollos, que ela sempre ten,  sobre a educación, sobre a súa escola, sobre as súas lembranzas... E dende esta escola queremos enviarlle os nosos parabéns por ese premio que vai recibir no mes de xuño en Trasalba, otorgado pola Fundación Otero Pedrayo. Hoxe a xornalista Mª Xosé Porteiro en "El País" escribiu un fermoso artigo que me fixo recordala.

25/11/10

Ana Mª Matute Premio Cervantes 2010

Ana Mª Matute, gran escritora catalana, recibiu onte o gran premio da literatura en español.
Fai click aquí se queres consultar a súa biografía ou a súa obra.