30/10/14

O Samaín que gusta máis que asusta

  O Samaín [/ˈsˠəu̯nʲ/] é a festividade de orixe celta máis importante do periodo pagano que dominou Europa ata a súa conversión ó cristianismo, na que a noite do 31 de outubro ó 1 de novembro servía como celebración do final da tempada de colleitas na cultura celta e era considerada como o «Ano Novo Celta», que comezaba coa estación escura. É tanto unha fiesta de transición (o paso dun ano a outro) como de apertura ó outro mundo. A súa etimoloxía é gaélica e significa 'fin do verán'.
   No Cole preparamos -coa participación de toda a comunidade educativa- unha actividade especial: a construcción dunha cidade monstruosa e a conseguinte decoración das portas das aulas e espazos desa cidade. Velaquí algunhas fotos para que vos fagades unha idea do bo traballo feito por tod@s.
   E démoslle unha volta (porque a nós o Samaín non nos asusta) e aprendemos cousas "curiosas".Buscando, buscando, atopamos un morcego moi especial: un morcego galego ó que lle gustan máis os grelos que os mosquitos... E, de tanto comer grelos. foise poñendo...... "VERDE"!.

Antía, Wamba e o regato pequeno

O pasado martes 28 de outubro, o alumnado de terceiro e cuarto de educación Primaria, asistiron no auditorio Municipal de Ourense ao espectáculo da compañía Tropa de Trapo, "Antía, Wamba e o regato pequeno". Despois fixeron un percorrido cultural pola cidade, visitando a Praza Maior, a catedral e As Burgas. Tiveron unha xornada moi entetida na que aprenderon moitas cousas....


29/10/14

Participa e divírte-T

   Desde a B.E. e seguindo co lema deste curso "Biblioteca escolar... matemático!" o equipo dinamizador da nosa biblioteca preparamos estes materiais para toda a comunidade educativa. Para ler, espertar o gusto polas matemáticas aquí van algúns poemas e posibles actividades. 
   Porque "Importa que se lea cada vez máis, pero, sobre todo, que se lea cada vez mellor. Non basta ler moito, o decisivo é crecer na capacidade de comprender. O decisivo é ler despacio, con coidado, demorarse e recrearse coa lectura, ter curiosidade"; "todas as materias son modos de aprender a ler"; todos os profesor@s valemos pouco se non educamos para ler, isto é, para ver, escoitar e comprender mellor" (Ángel Gabilondo. Catedrático de Filosofía da Universidade Autónoma de Madrid)
Participa e divírte-T

27/10/14

Andaina polas areeiras


   O pasado venres 24 de outubro, cun moi bo día de outono, o alumnado de 6º de primaria, con 4 mestr@s e 3 pais, fixemos a primeira andaina deste curso polas areeiras, aquí na nosa comarca. 
   Primeiro na biblioteca do Centro Xosé Calleja, un dos pais que nos guiou, e paxareiro (como lle gusta a el dicir no canto de ornitólogo) amosounos con imaxes os paxaros que podiamos ver e escoitar no percorrido, a importancia da Limia para ver aves, a importancia destas no noso entorno -mesmo como bio-indicadores-...
 Tamén pechamos esta charla lendo o Manual do bo paseante, espectacular mibriño que temos na nosa biblioteca para gozar del.
 

   Xa coñeciamos a Xosé Calleja porque temos traballado con el a temática dos paxaros; xa nos aprendeu a diferenciar os paxaros que podemos ver no patio do centro e dentro do programa Voz Natura imos poñer uns paneis polo cole para toda a comunidade educativa.

   Da camiñada, velaquí unhas fotos para que vos fagades unha idea do ben que o pasamos e do moito que aprendemos observando, charlando, preguntando, buscando información en algún manual...





23/10/14

Promovendo a visibilidade das Bibliotecas

William Kamkwamba e a súa familia eran moi pobres. 
Tiña tan só 14 anos cando tivo que deixar a escola secundaria porque era de pago. Conseguiu construír para a súa familia un muíño de vento, para xerar electricidade, feito de pezas de recambio e ferralla, baseado nuns planos aproximados que atopou nun LIBRO dunha BIBLIOTECA. 
https://www.youtube.com/watch?v=T1XfFVoHJSU

24 de outubro: día da biblioteca

Neste mes de outubro, declarado pola IASL como Mes Internacional da Biblioteca Escolar, as bibliotecas escolares galegas botan a andar proxectos anuais ben interesantes. A chegada aos centros do cartel co lema BIBLIOTECA ESCOLAR... MATEMÁTICO! é unha contribución da consellería á visibilización das múltiples posibilidades da biblioteca ao servizo do currículo e, tamén, da súa potencialidade para espertar o gusto polas matemáticas.
As matemáticas están presentes na vida cotiá, tamén na ficción  e mesmo na poesía. As bibliotecas escolares comezan a compartir recursos moi diversos para facer efectivo o lema deste curso "Biblioteca escolar... matemático!". Destacamos algúns deles relacionados coas  matemáticas e a poesía. 

22/10/14

Outubro: mes internacional das bibliotecas escolares

 Mês Internacional da Biblioteca EscolarOutubro é o Mes Internacional da Biblioteca Escolar. En todo o mundo, este período é aproveitado para reforzar a visibilidade das bibliotecas escolares e a concienciación acerca do seu valor nas aprendizaxes.


Pintura de Françoise Collandre

¿Todo está en los libros? Gustavo Martín Garzo   
(...) La lliteratura es como un gran almacén. Se guardan en él todas las emociones humanas, nuestros sueños y nuestras preguntas, y leer es entrar en ese almacén y tomar lo que necesitamos.
Los bibliotecas son como la cueva de Alí Babá, y la historia de la literatura es la historia de cómo se ha ido formando ese botín inagotable y secreto. 
Leer es aprender a pronunciar las palabras que abren las piedras y rescatar ese botín del olvido.
Las palabras de la poesía tienen esa maravillosa cualidad y participan a la vez del mundo real y el de los sueños.
La poesía nos lleva a los lugares soñados donde yacen los tesoros, pero a la vez nos permite regresar de ellos con las bolsas repletas. 
¿Para que serviría un tesoro si no se pudiera robar? Un tesoro no es nada sin un lugar real donde ser ofrecido o repartido. Y ese lugar real es la vida de todos los lectores del mundo.

Artigo completo no enlace seguinte
http://elpais.com/diario/2009/06/07/opinion/1244325604_850215.html

17/10/14

“CELEBRACIÓN DO SAMAIN”


Con motivo da próxima festividade do Samaín o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares querémosvos propor una serie de actividades coa finalidade de que participe toda a comunidade educativa (alumnado, familias e profesorado,).
Estas actividades divídense do seguinte  xeito:
a)     Decorar a porta da aula con detalles relacionados co Samain. Para favorecer esta actividade e axudar a crear unhas portas monstruosas, achegámosvos o seguinte enderezo da internet para que a consultedes e poidades "ver" ideas creativas.

b)    Para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º popoñemos a realización de casas encantadas con material de refugallo (caixa de zapatos, de deterxentes, de electrodomésticos…). Aqueles nenos e nenas que participen deberán entregar a súa casa encantada o día 27 de outubro ó seu titor ou titora co seu nome para evitar que se extravíe.
Unha vez recollidas todas as casas realizaremos unha recreación dunha cidade encantada no hall da planta baixa do Edificio principal. ( entre a aula de 4º e a aula específica).

c)  Para o alumnado de Educación infantil e de 1º e 2ºpropoñemos a realización de elementos monstruosos tales coma morcegos, pantasmas, bruxas, cabazas…… con material de refugallo.
Podedes buscar información en google: manualidades para halloween.
Os elementos realizados serán entregados o día 27 de outubro ó titor ou titora coa finalidade de decorar a "cidade encantada".


Moitas grazas pola vosa colaboración e participación.

Aquí tedes un listado de enlaces onde podedes atopar un montón de cousas relacionadas con esta temática. 
http://charcalibros.blogspot.com.es/2013/10/estamos-no-samain-aqui-tedes-unha-lista.html

8/10/14

EN MARCHA AS PATRULLAS VERDES

    Este vindeiro luns temos prevista a posta en marcha das patrullas verdes con algúns cambios respecto do ano anterior. Que non sabes o que son? 
  • Están constituídas polo alumnado de primaria do Centro. Son grupos dunhas 4 persoas que irán rotando. Cada semana confórmanas os membros dunha aula.
  • Pretenden manter un “bo clima” entre o alumnado, fomentar e educar no coidado do entorno.
  • No primeiro recreo levarán un distintivo (chaleco verde), un recolledor e unha escoba e coidarán que toda a comunidade educativa que transite polo centro teña un bo comportamento cívico (convivencia pacífica: somos conscientes dos nosos dereitos e deberes).
  • Non se adican a recoller o que outros tiran: facemos unha labor de concienciación, de conservación e mellora do entorno. Coidan que o noso espazo, si, esté limpo e se alguén tira lixo ó chan, amablemente indícaselle que ese comportamento non é axeitado, que o recolla e onde debe gardalo (seguramente se lle caeu, sen darse conta) ou tiralo (papeleiras, contedores diferentes...). Se o alumn@ non lle fai caso ós membros da patrulla, inmediatamente avísase ó profesorado que está de garda nese espazo do patio.
  • Antes de volver deixar os recolledores en recepción deben baleirarse nos contedores que temos no patio do centro (porta principal automática).
  • Todos os titor@s debemos estar atentos á semana que nos toca facelo a nosa aula e pasarlle os chalecos distintivos á aula seguinte (ou ir pedilo, se se nos esquece a quen debemos pasalo).


CALENDARIO CURSO 2014/15______________________________________________________

13-17 de outubro 6º C                    20-24 de outubro 6º B                            27-30 de outubro 6ª A
3-7 de novembro 5º B                    10-14 de novembro 5º A                       17-21 de novembro 4º B
24-28 de novembro 4º A                1-5 de decembro 3º B                            9-12 de decemebro 3º A
15-19 de decembro 2º B                 12-16 de xaneiro 2º A                          19-23 de xaneiro 1º B
26- 30 de xaneiro 1º A                    2-6 de febreiro 6ºC                              9-13 de febreiro 6º B
23-27 de febreiro 6ºA                     2-6 de marzo 5º B                                9-13 de marzo 5º A
16-19 de marzo 4º B                       23-27 de marzo 4º A                            7-10 de abril 3º B
13-17 de abril 3º A                         20-24 de abril 2º B                               27-30 de abril 2º A
4-8 de maio 1º B                            11-15 de maio 1º A                               18-22 de maio 6º C
25- 29 de maio 6ª B                       1-5 de xuño 6º A                                   8-12 de xuño 5º B
15-18 de xuño 5º A._________________________________________________________________



6/10/14

"V Abraço ao Río Lima"


Un ano máis participamos neste grande "Abraço ao Río Lima" que lle damos dende fai xa cinco anos cos nosos compñaeir@s e amig@s das escolas de Ponte de Lima. Dende o Ceip Rosalía de Castro, Xinzo de Limia, amosar todo o noso agradecemento a todo o personal da Área Protexida das Lagoas encargados da organización deste evento que cada ano fai medrar máis as raíces que unen a todos os limiaos, e aos compañeiros e compañeiras da EB1 de Ponte de Lima e ao Centro Educativo As Lagoas, que un ano máis recibíronos e acolléronos dun xeito ESPECTACULAR, facéndonos sentir como se estiveramos na casa!!! Grazas a Irene, Sandra, Gonzalo, João, Manuela, ... e a todas e todos que nos fan sentir irmás e irmáns desa vila «germinada». Estamos xa prepararndo a acollida o vindeiro mes de marzo de todos vós, esperando chegar ao voso nivel de compromiso e sentimento. Saúdos e recordos de corazón, amigos/as!!! Aquí queda unha pequena mostra de todas as actividades que fixemos nestes dous días de convivencia marabillosa!!
E se queredes máis información, este enlace levaravos ao blogue da EB1 de Ponte de Lima, onde atoparedes moitas máis cousas....

4/10/14

Xa está con nós a barca das Lagoas!

Unha das vías de colaboración xurdidas a partires do «V Abraço ao Río Lima» é este navío que será o que nos traia os traballos sobre o Río Lima da Escola Básica 1 de Ponte de Lima e o centro Educativo As Lagoas, e tamén será o encargado de levar o que o alumnado dos CEIPs Rosalía de Castro e Carlos Casares enviemos aos nosos veciños! Unha experiencia única e novidosa para coñecer todo sobre o río que nos une...

3/10/14

Os novos botan a andar





    Nesta primeira semana de outubro (mes das bibliotecas escolares) tivemos un acto especial co alumnado de 1º A e 1º B: Entregámoslle os carnés da nosa biblioteca. 
   O equipo da Biblioteca preparamos para eles un acto no que tratamos de entender o funcionamento da biblioteca e xa estreamos o carné collendo un libro para levarmos.