24/1/12
23/1/12
A BIBLIOTECA ESCOLAR COMO FERRAMENTA EDUCATIVA
Web sobre a biblioteca escolar, un recurso para o desenvolvemento das prácticas lectoras e habilidades intelectuais, con ligazóns a diferentes apartados: biblioteca escolar, recurso educativo, a biblioteca escolar en acción, biblioteca escolar e lectura, biblioteca escolar... Deixámosvos este enlace e un link permanente na parte dereita do noso blogue, na sección "Os blogues que máis visitamos".
17/1/12
Recursos para celebrar o día da PAZ e a non violencia
Premendo sobre a imaxe da pomba que tes a continuación poderás acceder a unha chea de recursos para traballar o día da PAZ e a non violencia.
16/1/12
CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ
Aquí tendes a canción que imos cantar o día da PAZ no noso cole. Botade unha ollada!
13/1/12
XOGO DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA
Nesta aplicación poderedes atopar información relacionada coa non violencia e a
paz, con personaxes importantes, premios Nobel, letras de cancións,
poemas, un cuaderno para traballar no aula,
enlaces de interese...
PREMIOS NOBEL DA PAZ
PREMIOS NOBEL DA PAZ
Dende o IES de Curtis nos chega esta presentación sobre os premios Nobel da PAZ.
10/1/12
MÁIS SOBRE A PAZ
O Seminario Galego de Educación para a Paz
promove, nos colexios e institutos de Galicia, a celebración, nas aulas e nos
centros, do DÍA ESCOLAR POLA PAZ no
vindeiro 30 de Xaneiro, luns, data na que se cumpre o
64 Aniversario da morte violenta de Mahatma Gandhi, unha
das referencias mundiais do pacifismo contemporáneo. Se premedes na imaxe de arriba atoparedes unha chea de recursos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)