3/11/26
Contacontos de Samaín
O venres 30 tivemos a sorte de contar con Iago López que nos contou o terrorífico e
divertidísimo conto "A planta de Xian".
Pasámolo xenial!!
28/10/26
Monstro rosa
Continuamos co pisacharcas con Karla Cid, nai de Khloe de 1º de Educación Primaria. Karla veunos contar "Monstro rosa" de Olga de Dios. O conto narra a historia dunha personaxe que naceu diferente nun mundo onde todo era de cor branca...Que fermosa historia, animádevos a lela!
O alumnado comparte as súas aterradoras creacións...
As autores e autores das terroríficas apócemas de Samaín compartiron as súas creacións na biblioteca do cole...que medo!
20/10/26
O ladrón de cabazas
Comezamos o pisacharcas con Uxía Campero, nai de Xabi de Infantil de 5 anos B. Uxía veunos contar "O ladrón de cabazas" de Alice Hemming. O conto narra a divertida historia dun esquío e un paxariño que deben resolver o misterio e atopar o ladrón ou ladroa que está a roubar as súas cabazas. Que intriga!
8/10/26
Concurso de apócemas terroríficas para Samaín
Achégase á celebración do Samaín e dende a biblioteca propomos un concurso de apócemas terroríficas! Para aquel alumnado que queira participar debe ter en conta as fases do concurso:
- Elixir o propósito da apócema: O alumnado debe decidir para que serve o seu elixir (por exemplo: para voar, para esquecer os medos, para que medre o pelo ou para aprobar o exame de matemáticas sen estudar.
- Listado de ingredientes terroríficos ou fantásticos: Buscar palabras sonoras, estrañas ou divertidas en galego (ex: unllas de moucho, ollos de mosca, espiñas de toxo, babas de caracol).
- Redacción do conxuro: Escribir as instrucións de preparación ou un poema máxico en verso rimado para que a apócema faga efecto. Debe ser ilustrado e ser orixinal!
- Deseño e presentación: Decorar un bote ou botella reciclada que conteña a "apócema" ficticia e engadirlle unha etiqueta orixinal co nome e os ingredientes.
- Recitado ou exposición: Presentar o traballo na aula, recitando o feitizo ante os compañeiros. Posteriormente farase unha mostra conxunta de todos os traballos na biblioteca.
- Premio: Gañará a apócema máis votada polos Mestres do equipo da biblioteca. (Valoraranse: a apócema máis orixinal ou divertida, o conxuro mellor redactado ou recitado en galego, a presentación máis terrorífica no deseño do bote e etiqueta).
Comezan as mochilas viaxeiras!
30/9/26
28/6/26
Lecturas no terceiro ciclo
Rematamos este curso ensinándovos varias lecturas ás que se prestou Daniela Ferreiro de 5º curso. A primeira foi para o resto de alumnado do seu curso e a segunda ao alumnado de sexto. Leulles "Eu voy comigo" de Raquel Díaz Reguera, un libro que se adapta a diferentes etapas e que fala de non renunciar a ser un mesmo para ser querido ou aceptado. Permite reflexionar sobre a autoestima, a autenticidade e sobre querer aos demáis polo que son, transformando as rarezas que todos temos en virtudes que nos fan únicos.






































.jpg)








.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)