4/2/17

Participamos na I Feira de Educación en Ponte de Lima


Feira educaçao - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
O venres 3 de febreiro, a pesares da borrasca, fomos ata Ponte de Lima para participar na "I Feira da Educaçao, Ciencia e Tecnologia" que se estivo desenvolvendo entre o día 2 e o 5. A maioría do alumnado de cuarto cos titores e co apoio de Lía e José Manuel gozamos dun día entre unha xente que sempre nos acolle extraordinariamente e nos fai sentir que xa formamos parte daquilo. Moitas grazas a Sandra, Gonçalo, Joao, Vera, Amandio... O Pinchas (a mascota da Área Protexida).
Con lemas como "Innovación: O futuro é hoxe" estivemos, como transportados efectivamente, en ambientes educativos innovadores e, canto aprendemos!!! Porque pasámolo moi ben, que é algo que permite que flúa unha aprendizaxe eficiente, e ó mesmo tempo, familiarizámonos un chisco con algúns contidos como as células, os bioindicadores saudables, o cáncer, a diabetes... E "alucinamos" (si, "babeamos") co traballo feito por algunhas escolas como as do agrupamento de escolas de Freixo. Cos monitores de Visionarium, cos de Laboratorio Aberto, con tod@s foi unha xornada inesquecible. Moitas grazas!!! Temos moito que aprender e realmente houbo momentos que se vía nos rostros, nas miradas unha atención chea de emoción. Isto enche. Pero tamén hai que dicir que hai cousas que sabemos facer mellor do que o fixemos e por iso incluín a foto que me enviou Jesús, o condutor, de como deixamos o autobús... (!!!) Temos esta débeda pendente. Polo demais, parabéns a tod@s.

No hay comentarios:

Publicar un comentario