11/5/24

Somos consumidor@s responsables

 “Vivimos na terra coma se tivésemos outra á que ir.” Terry Swearingen, activista ambiental estadounidense.

Educalecrín é unha cooperativa de educación social e medioambiental que nace co obxectivo de mellorar a calidade de vida de tódolos seres. Realizan actividades educativas e de ocio para persoas de tódalas idades.

Desta volta, traballaron no noso centro co alumnado de terceiro de EP sobre o consumo de produtos de proximidade  e de consumo responsable.

Presentáronlle distintos productos de horta e de proximidade cos que el@s tiñan que elaborar a súa propia "dieta planetaria", introducindo nela distintos alimentos seguindo as pautas que lles deron Natalia e Verónica.

Esta liña de traballo está dentro do noso Proxecto de Voz Natura e relacionada, como non, cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) fixados pola ONU e que están dentro das nosas prioridades para formar alumnas e alumnos competentes e responsables co consumo e o coidado do medioambente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario