"Coide o seu corpo. É o único sitio que vostede ten para vivir." Jim Rohn, escritor estadounidense.
Dentro das distintas accións de colaboración con outras entidades, desta volta foi a quenda de Antía e Lorena, do Centro de Saúde de Xinzo de Limia que viñeron a presentar ao noso alumnado de cuarto de Educación Primaria unha serie de coidados básicos de saude bucodental de de bos hábitos de alimentación.
O alumnado aprendeu a importancia de saber que comemos para poder distinguir aqueles alimentos que son máis recomendables para manter unha dieta sana e equilibrada. Así mesmo, poideron escoitar da man destas dúas profesionais cal e cando é o mellor momento para cepillarse os dentes e que distintos elementos podemos atopar na boca e como coidalos moito mellor.
Foi, sen dúbida unha mañá chea de aprendizaxes interesantes e significativos, encadrados perfectamente dentro do currículo escolar, pero impartidos por profesionais que coñecen perfectamente o impacto destas charlas entre o alumnado do noso centro
No hay comentarios:
Publicar un comentario