11/2/23

Xornada de Bibliotecas Creativas

Assistimos á Xornada de Bibliotecas Creativas , celebrada este venres, 10 de febeiro de 2023 na EGAP de Santiago de Compostela.

A Consellería de Educación puxo en marcha este programa no curso 2015/2016 dun xeito experimental, xa que consideraba que "As bibliotecas en xeral, tamén as escolares, están a vivir importantes transformacións e unha das máis importantes e a de acoller todo tipo de actividades nas que as persoas usuarias (neste caso, alumnado, profesorado e familias) poden atoparse para pensar, deseñar, facer, construír e aprender xuntas, na liña dos makerspaces ou dos laboratorios de ideas.

Na actualidade, as bibliotecas escolares contemplan todo tipo de linguaxes (oral, escrito, icónico, audiovisual, artístico...) e posibilitan ao alumnado múltiples oportunidades de aprendizaxe, de expresión e de creación. Neste contexto de alfabetización múltiple encádrase a presente iniciativa, destinada a introducir nas bibliotecas escolares unha nova linguaxe, a linguaxe de programación, e impulsar a utilización de pequenos robots en actividades destinadas a mellorar a comunicación lingüística do alumnado, a expresión oral, a creatividade, o traballo colaborativo, a investigación, a aprendizaxe manipulativa e o xogo. " (https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/852)

Todas estas premisas teñen evolucionado moito, convertendo este programa en un dos máis punteiros a nivel de Innovación Educativa da Asesoría das Bibliotecas Escolares, conseguindo que o noso centro se unira a el no curso 2018/2019, na segunda das súas convocatorias "oficiais", sendo un dos pioneiros na provincia de Ourense.

Estas Xornadas sempre son un punto de encontro, onde aprender uns dos outros e tomar contacto coas experinecias máis innovadoras que a nivel nacional e internacional podemos atopar no campo de traballo da introducción das novas linguaxes de aprendizaxe para o noso alumnado. 

Contamos este ano con Arantza Mariskal, que se desenrola a súa actividade no Medialab  de Tabakalera de San Sebastián , que  un centro para a creación artística e cultural, para promover o pensamento crítico e para facilitar o acceso e o goce da cultura. Na súa conferencia "Biblioteca de creación e laboratorios cidadáns" , relatounos todas as actividade que alí levan a cabo e que moitas delas son trasladables ao noso centro.


Moi interesante foi o "Obradoiro de Narrativa transmedia" de Lucas Ramada Prieto, que é investigador e doutor internacional especializado en estética da ficción dixital infantil e xuvenil e a súa relación coa educación artística e literaria dos nenos, nenas e novas. Dedícase principalmente á formación de docentes, bibliotecarioa e mediadoras culturais para integrar esta forma de arte dentro das súas prácticas profesionais ademais de divulgar o seu coñecemento na primeira canle de Instagram en español dedicado a este tema: Esto no va de libros  (https://gretel.cat/miembros/lucas-ramada/?lang=es)
Con el "limos" a aventura dun pato que atopa o seu "Doppelganger" e entendimos que é a "metalepsis" como estratexia de representación narrativa... Pero sobre todo... Pasamos unha hora e media estupenda e moi divertida vendo os 16 finais que ten a historia que el nos propuxo!! É un canditato para visitar o noso cole próximamente e traballar co noso alumnado e profesorado!!


E para rematar tamén observamos o bo facer de dous centros de Pontevedra e A Coruña, que teñen unha ampla experiencia neste traballo de introducir novas estratexias e linguaxes no global do seu quefacer didáctico e que marcan as pautas de por onde debe ir o rol da Biblioteca nos centros educativos. Sen dúbida o CEIP Plurilingüe de Outes e o CEIP de A Lama serán o destino das visitas que imos facer a outros coles para aprender todo o que poidamos deles!






No hay comentarios:

Publicar un comentario