A Consellería de Educación puxo en marcha este programa no curso 2015/2016 dun xeito experimental, xa que consideraba que "As bibliotecas en xeral, tamén as escolares, están a vivir importantes transformacións e unha das máis importantes e a de acoller todo tipo de actividades nas que as persoas usuarias (neste caso, alumnado, profesorado e familias) poden atoparse para pensar, deseñar, facer, construír e aprender xuntas, na liña dos makerspaces ou dos laboratorios de ideas.
Na actualidade, as bibliotecas escolares contemplan todo tipo de linguaxes (oral, escrito, icónico, audiovisual, artístico...) e posibilitan ao alumnado múltiples oportunidades de aprendizaxe, de expresión e de creación. Neste contexto de alfabetización múltiple encádrase a presente iniciativa, destinada a introducir nas bibliotecas escolares unha nova linguaxe, a linguaxe de programación, e impulsar a utilización de pequenos robots en actividades destinadas a mellorar a comunicación lingüística do alumnado, a expresión oral, a creatividade, o traballo colaborativo, a investigación, a aprendizaxe manipulativa e o xogo. " (https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/852)
Todas estas premisas teñen evolucionado moito, convertendo este programa en un dos máis punteiros a nivel de Innovación Educativa da Asesoría das Bibliotecas Escolares, conseguindo que o noso centro se unira a el no curso 2018/2019, na segunda das súas convocatorias "oficiais", sendo un dos pioneiros na provincia de Ourense.
Estas Xornadas sempre son un punto de encontro, onde aprender uns dos outros e tomar contacto coas experinecias máis innovadoras que a nivel nacional e internacional podemos atopar no campo de traballo da introducción das novas linguaxes de aprendizaxe para o noso alumnado.
Contamos este ano con Arantza Mariskal, que se desenrola a súa actividade no Medialab de Tabakalera de San Sebastián , que un centro para a creación artística e cultural, para promover o pensamento crítico e para facilitar o acceso e o goce da cultura. Na súa conferencia "Biblioteca de creación e laboratorios cidadáns" , relatounos todas as actividade que alí levan a cabo e que moitas delas son trasladables ao noso centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario