Páginas

Biblioteca escolar

31/5/18

Preparándonos para participar na Festa de Voz Natura

Un ano máis . Do noso centro iremos en dous autocares;  case un cento de persoas estaremos o sábado 2 de xuño no parque de Acea de Ama, en Culleredo participando na festa de fin de curso 17/18. Unha xornada festiva, con numerosas actividades nas que participar de forma gratuíta. Os máis lectores, os que superaron os retos lectores e así lograron o pasaporte lector e algúns máis que sen alcanzalo fixeron parte do camiño imos aló.

A festa comezará ás 11.00 e prolongarase ata as 19.30 horas. Durante todo o día, os nenos poderán participar en xogos tradicionais e de aventura; saltar nos 20 inchables que se instalarán nunha pista de herba artificial; participar en competicións deportivas ou dar un paseo en pónei, entre outras moitas propostas que se poden consultar no programa de actividades dispoñible nesta mesma páxina.

Na festa deste ano terá especial protagonismo a protección do patrimonio etnográfico, tema central do curso que inspirou moitos dos 350 proxectos ambientais desenvolvidos polos centros participantes nesta 21.ª edición. Todos eles, poderanse ver na exposición que se montará na festa, onde tamén se entregarán os premios aos traballos máis destacados deste curso.

Onde comer…
…si queres aproveitar a xornada a lume de biqueira e pasar todo o día no parque, ten en conta que se trata dun recinto con amplas zonas verdes para comer de picnic, levando a comida de casa. Tamén, dentro do propio parque, podes comprar a comida (haberá pulpeira, bares e tres food truck con comida tex mex e mexicana, hamburguesas, saladiños e doces). Tampouco faltarán os postos de chuches e xeados.

Que levar…
…roupa e calzado cómodo, crema para o sol, un viseira e moita enerxía!

Ten en conta que o parque de Acea de Ama é un espazo seguro, pechado, con servizos e atención sanitaria.

Enlaces

28/5/18

E... naceron os poliños na incubadora do Ceip





Hoxe, luns 28 de maio, foi outro día espectacular no centro. Aínda que tiñamos anotado que mañá lle tocaba nacer, algúns poliños xa o fixeron hoxe. Cando chegamos, un pouquiño antes das 9 xa andaba un paseando polo chan da incubadora. Ó longo da mañá fomos, ós pouquiños, mirar e poidemos ver o nacemento doutros dous. E pola tarde xa había outro...
Esta primeira docena de ovos de galiña ten a particularidade de que son mesturas de varios tipos: araucana (que as diferenciamos por ter unha tonalidade azul claro na casca), de Mos, Piñeira, Kikas, etc. Procedentes todos de Lodoselo (CDR O Viso).
Tamén temos na incubadora ovos de Pava (1), Galiña de Guinea (3) e Oca (3) de Baronzás que nos deu Angel Isaac; outros que trouxeron algúns alumn@s como Noa F., Xoel M. e Noa Castro (de Rairiz de Veiga, Vilar de Barrio, Cualedro) e algunhas profesoras María (E. Inf.) e Tina. 
A maioría son de galiñas e o período de incubación é duns 21 días pero no caso da gallineta (Galiñas de Guinea) é de 27 días; para a pava 28-30 e para o oca 28-32. Así que teremos que esperar máis e a ver se todo vai ben. Moitas grazas a todas as persoas que fan que isto sexa posible e especialmente a Kisko que xa mediou para conseguirmos a incubadora, transportala... e segue pendente e axudándonos.   


Aprendendo de Anabell sobre Ecuador





O venres25 de maio tivemos con nós a nai de Jeremy (Anabell Torres) para que nos contara caraterísticas de Ecuador, o seu país.
Así que xa aprendemos cousas sobre o clima, o tempo, a comida, os indíxenas, a diferenza de horario con respecto a nós, a agricultura, a gandaría... e xa nos é máis familiar Quito, Guayaquil, o Océano Pacífico, etc.
        Moitas grazas! 

25/5/18

Cálculo ABN e visita de Jaime M. Montero

Este mércores 23 e xoves 24 de maio participamos en Ourense nun curso de formación sobre o Cálculo ABN. Perto de 400 persoas; só do noso centro estivemos 12. O cálculo aberto baseado en números (ABN) é un método que ten como fundamento principal o cálculo con números completos que teñen un significado. Facilita a comprensión do problema.

Este curso está funcionando no Ceip un PFPP sobre este método. E ó igual que outros 9 centros fixeron unha explosición dos materiais cos que traballan. Ademais as compañeiras do Ceip C. Casares, Ana e Eva, relataron a súa experiencia de traballo nestes últimos tres anos aplicando este método. 



O resto das dúas xornadas de 17 a 21 horas contamos con Jaime Martínez Montero, Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación, que foi Mestre, Inspector, Profesor Universitario ... E que no Día de Andalucía deste ano recibiu o premio ó Merito á educación por ser o creador deste método. 

Ademais na mañá do xoves 24 visitou no noso colexio aos que están desenvolvendo esta metodoloxía activa e transformadora que lle permite ó alumnado transformar conceptos abstractos noutros que lle son propios. 



19/5/18

Participamos na II Feira de Educación... en Ponte de Lima

Este venres 18 de maio o alumnado de 3º e 4º de Primaria pasamos a xornada no Pavillón de Feiras e Exposicións de Ponte de Lima. Unha sorte gozar do percorrido que nos prepararon polos distintos espazos por aulas. Ó mediodía fomos xantar á Escola Básica 1 e poidemos estar no patio con todo o alumnado dese centro. Pola tarde volvemos á Feira ata a hora de regreso. Moitas grazas coma sempre a todas as persoas que tan ben nos acollen e atenden sempre, na vila máis antiga de Portugal e que cada vez que imos nos sorprende para ben. Ollade ben para facervos unha idea do que fixemos:



Esta é uma mostra das últimas novidades tecnológicas disponíveis no mercado. Apresentadas pelo tecido empresarial apenso ao sector, na região, a Feira procura dar a conhecer os melhores projetos pedagógicos dinamizados pelos Centros Educativos de Ponte de Lima. Para além destes projetos pedagógicos, estão patentes na Feira da Educação, Ciência e Tecnologia, Cursos Profissionais e de Ensino Superior. Num contexto em que se visa que o público fique a conhecer as inovações tecnológicas e cientificas apoiadas pelos Centros de Investigação das supra ditas Universidades.

http://www.visitepontedelima.pt/pt/turismo/ii-feira-da-educacao-ciencia-e-tecnologia/


17/5/18

Pendentes da incubadora

 

 


Neste curso conseguimos unha incubadora espectacular para o Ceip. Grazas a algúns membros da comunidade educativa (sempre é necesaria esta implicación: comunidade, familias, centro educativo) poidemos traela, montala e agora aí estamos contando os días que faltan para ver se comezan a nacer os poliños; temos ovos de diferentes galiñas e de diferentes lugares (moita mestizaxe porque hai Araucanas, de Mos, Piñeira, de kikas... que viñeron de Lodoselo, Rairiz de Veiga, Vilar de Barrio, Lamas, Baronzás...); pero tamén temos algún ovo de Pava, de Oca, de Galiñas de Guinea... Os primeiros ovos metémolos o martes da pasada semana, 8 de maio, e desde entón temos ido metendo algúns así que ide botando contas para estar pendentes e a ver se temos a sorte de velos nacer. 
Moitas grazas a todas as persoas que contribúen a que estas pequenas accións vaian adiante. 

Recreos na Horta



Aprendendo no patio, na horta. Plantamos árbores polos espazos do patio que temos; algúns deles non van adiante pero seguimos porfiando... Preparamos a terra engadíndolle o compost que temos noutro recuncho do patio (e que fomos facendo sobre todo coas follas das árbores e o pouquiño esterco que lle engadimos dos coellos que tivemos no cole no 2º trimestre). E puxemos a malla contra as herbas que non queremos para a continuación plantar. Algunhas que botaramos e tiñamos nas aulas e outras que trouxemos, mercamos. E veu a xeada e levounos o pouquiño que fixeramos; así que volvemos a poñer acelgas, espinacas, brócoli, leitugas, tomateiras, pementeiras... E ata botamos nun anaquiño un pouco liño. E xa estamos controlando as fresas... Velaquí algúns destes momentos.

17 de maio


“E os cachorros, ousexa os alumnos, saben moi ben con quen están en cada momento e responden, polo xeral, con bastante perspicacia. Aman os profesores que ven felices porque intúen amor nesa felicidade, e detestan os que ven tristes porque intúen desamor nesa tristeza. Así a aula pode ser para todos un paraíso ou un inferno.”
"Gústame o cheiro a pan
dos amenceres,
e as andoriñas tolas,
e as luces febles…

Gústame a vida
cando xermola en gozo
ó abrir o día."

“O corazón, coma as cousas que se saben, coma os cartos que se gañan, soamente serven para algo se se comparten cos demais.”

Textos de María Victoria Moreno. (InnovArte Infantil)


Traballamos cunha plantilla e o escornabot aprendendo moitas cousas de Mª Victoria Moreno. Grazas Geli!  http://www.seminariogalan.org/


Na nosa biblioteca tamén puxemos algunhas obras da autora homenaxeada. 

"Eu florezo nas aulas"
“A verdade é que isto de ser mestre vén sendo unha profesión tan dura coma a de baixar á mina. Pode chegar a ser desesperante iso de enfrontarse cada día con trinta rapaces (…) eu tiven a sorte de tratar con infinidade de compañeiros que estaban namorados da aula, dos cachorros e dos saberes que compartían con eles.”
María Victoria Moreno. (InnovArte Infantil)

15/5/18

Día Internacional da Familia


De sempre hoxe, o día 15 de maio se celebrou o S. Cidre, o día do labrego. Agora a  Asamblea Xeral das Nacións Unidas celebra o Día Internacional da Familia cada 15 de mao dende 1994.



O lema deste año é 'Familias, educacióne e benestar', unha temática que pretende resaltar a importancia do traballo de todos aqueles membros da familia que se dedican ó cuidado dos seus fillos, os seus padres, os seus irmáns, os seus netos, etc

En España, coma no resto del mundo, las familias no son lo que solían ser. Xa se pasou de moda ese concepto formado por un matrimonio entre muller e home con fill@s. Nos colexios, os institutos e as universidades, é frecuente tratar con persnas cuxos pais son homosexuais ou proveñen de familias monoparentais. Ademais, a tendencia demostra que cada vez son mais os moz@s que viven en parella pero non están casados nin teñen fill@s. ¿No son eles tamén unha familia?


  O Día Internacional da Familia preséntase como unha alternativa lóxica e razonable ó Día do Pai e o Día da Nai. Porque os tiempos avanzan, camiña ti tamén polo mundo da igualdade e a tolerancia. 

10/5/18

Come rico, vive san

Hoxe non só tivemos no Ceip ó chef coruñés Luis de Veira, do restaurante "Árbore da Veira" da Coruña... É que se encheu o colexio de "chefs". Mirade as imaxes e falade co alumnado de cuarto de primaria e xa veredes o que gozaron coa xornada deste xoves dentro do programa "Come rico, vive san " de Vegalsa -Eroski.
Antes deste día traballaron un Caderno de actividades sobre: dieta mediterránea, plato de Harvard, exercicio físico, clasificación dos alimentos... Tamén contamos cunha exposición complementaria que tivemos unha semana no Centro.
E no día de hoxe había tres talleres: roda dos alimentos, degustacion e exercicio físico. Para aprender, pasalo xenial e ademais ser quen de facer as dúas cousas ó mesmo tempo.  Velaquí algunhas imaxes desta actividade. Moitas grazas a todas as persoas que posibilitaron a realización desta estimulante experiencia.

3/5/18

Na percura do tesouro, no Gadis (Alimentes) e na Comisaría ... En Ourense.


O alumnado de 3º e 4º de primaria, xunto con outros centros, asistimos no Auditorio en Ourense ó teatro. A obra, "Na percura do tesouro, de Gaiteiros da Xistra", está dentro da programación de Actividades para escolares 2017/2018 de Afundación. Música tradicional en galego dirixida a escolares de 3º e 4º de primaria. 
Moura, a gardiá da cova, axudará a Xurxo a se liberar das mentiras e os enganos da malvada Serpe e daralle as pistas para descifrar os enigmas e así superar as probas para atopar o tesouro, A LINGUA. Coñecemos ós inventores de cantigas, escoitamos unha historia, escoitamos as pedras, descubriremos os sentimentos que agochan as mámoas… 
Música en directo, lendas, romances, zanfonas, alalás, cantigas, refráns e seres mitolóxicos conformaron a senda que nos levou a descubrir o auténtico tesouro colectivo; un tesouro que só ten valía se o compartimos e o respectamos. 
Despois os de terceiro fomos ata o Gadis do Centro Comercial e alí nos esperaba Rocío que dentro do programa Alimentes (que xa tiñamos traballado con materiais que nos enviaron) nos axudou a concienciarnos da importancia dunha alimentación sana. Os de cuarto estiveron na Comisaría da Policía e tamén gozaron de vela por dentro, coñecer as súas entrañas e ata subiron ó helipuerto...
Moitísimas grazas a tod@s as persoas que nos aprenderon tantas cousas neste día fóra das aulas.