17/5/18

17 de maio


“E os cachorros, ousexa os alumnos, saben moi ben con quen están en cada momento e responden, polo xeral, con bastante perspicacia. Aman os profesores que ven felices porque intúen amor nesa felicidade, e detestan os que ven tristes porque intúen desamor nesa tristeza. Así a aula pode ser para todos un paraíso ou un inferno.”
"Gústame o cheiro a pan
dos amenceres,
e as andoriñas tolas,
e as luces febles…

Gústame a vida
cando xermola en gozo
ó abrir o día."

“O corazón, coma as cousas que se saben, coma os cartos que se gañan, soamente serven para algo se se comparten cos demais.”

Textos de María Victoria Moreno. (InnovArte Infantil)


Traballamos cunha plantilla e o escornabot aprendendo moitas cousas de Mª Victoria Moreno. Grazas Geli!  http://www.seminariogalan.org/


Na nosa biblioteca tamén puxemos algunhas obras da autora homenaxeada. 

"Eu florezo nas aulas"
“A verdade é que isto de ser mestre vén sendo unha profesión tan dura coma a de baixar á mina. Pode chegar a ser desesperante iso de enfrontarse cada día con trinta rapaces (…) eu tiven a sorte de tratar con infinidade de compañeiros que estaban namorados da aula, dos cachorros e dos saberes que compartían con eles.”
María Victoria Moreno. (InnovArte Infantil)

No hay comentarios:

Publicar un comentario