Onte, xoves, o alumnado de cuarto de primaria pasamos media xornada polas beiras do río Limia. Acompañados por dous amigos e especialistas, Xosé Calleja (pai de Anxo) e Tomás García, paxareiro e biólogo (entre outras cousas) estivemos, coa súa axuda, curbrindo un caderno de campo que nos achegaron os de Ponte de Lima. (Centro educativo As Lagoas)
Dous apartados xerais: caracterización xeral do río e estudo do ecosistema acuático foron o noso cometido. Aínda que á sombra e ó lado do río a temperatura foi levadeira, máis que o calor que estamos soportando estes días impactáronnos moitos datos (dos que non somos realmente conscientes) e outros que facilmente poidemos constatar a partires dunha observación guiada. Moitas grazas a tod@s, especialmente a Pepe e Tomás.
No hay comentarios:
Publicar un comentario