10/10/24

Almorzos sans: Preparamos unha ricas galletas!!

 "Coida o teu corpo. É o único lugar que tes para vivir." Jim Rohn, orador dos EUA

Fomos @s encargad@s de estrear o novo espazo do centro dedicado aos obradoiros de cociña entre outros moitos quefaceres...

Estamos aprendendo a importancia de alimentarse ben e como hai certos "almorzos" que poden ser ben ricos e ben sans, como é o caso destas galletas que preparamos con plátanos e avea. Tivemos que completar todo o proceso, dende esmagar a froita, engadirlle o cereal, darlles forma e colocalas na placa do forno, para que despois Pablo, o cociñeiro do cole nos botara un man (máis ben as dúas) para fornealas e poder probar despois na clase  estas riquísimas galletas que preparamos.

Estamos segur@s que esta foi a primeira das moitas veces que seguiremos elaborando e descubrindo alimentos que nos gustan moito e que son bós para a nosa saúde!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario