"Cada un de nós podemos facer cambios na forma en que vivimos e ser parte da solución ao cambio climático. Al Gore, exvicepresidente dos EUA"
A Deputación inicia a campaña Ourense sobre rODaS!, que achegará os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible a concellos e centros educativos da provincia, no marco do proxecto OU DS Axenda 2030 – financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.Esta campaña permitirá achegar os ODS a 12 concellos e 18 centros escolares, difundindo e sensibilizando á poboación ourensá co desenvolvemento sostible.
Nos centros escolares dos 18 concellos participantes haberá actividades dirixidas ao alumnado de infantil e primaria e, entre os maiores, promoverase a importancia de coidar o medio ambiente e a natureza, temas asociados ás metas 13, 14 e 15 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 2030, mentres que os máis pequenos poderán gozar de fantásticos conta contos. (https://21noticias.com/2024/09/16/comienza-la-campana-ourense-sobre-rodas/)
O alumnado de 5º de Educación Infantil do noso centro foi o destinatario desta campaña e puideron realizar unha sesión de contacontos co título de Capitán Verdemán, un novo superheroe para un novo mundo que nunha pequena cidade que está a afogarse nas cheas de lixo, pola preguiza e o malgasto dos seus habitantes aparece para rescatar á cidade e demostrar que a reciclaxe é divertido.
Posteriormente todas as nenas e nenos de catro anos realizaron un obradoiro con distintas actividades relacionadas coa reciclaxe e todo o que acababan de aprender nese conto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario