"Un libro é un soño que vostede ten nas súas mans." Neil Gaiman, escritor inglés.
Neste conto coñeceremos a Tomasa, unha nena moi habilidosa que decide construír unha linda casiña para ela e o seu gato. Cando se decatan os seus amigos acoden a ela e Tomasa ten que ir ampliando a súa casa con todo o que os recentemente chegados necesitan. A casa cada vez está máis chea e hai menos espazo para ela e o seu gato. Converteuse nunha especie de comuna tola e divertida ….Queres saber como o remedia Tomasa? https://bibliobreton.blogspot.com/2015/07/la-casa-de-tomasa.html
Zara e Manuel levaron ata a nosa Biblioteca Escolar esta divertidísima historia de Phyllis Root e Delphine Durand onde os desplegables e os "pop-ups" son case tan protagonistas como os propios personaxes deste conto.
Temos un novo membro da nosa tribu de #PisaCharcas, que estamos seguros que en vindeiras edicións desta iniciativa volveremos a contar con el!
No hay comentarios:
Publicar un comentario