"Es o dono da túa vida e as túas emocións, nunca o esquezas. Para ben e para mal." O Principiño
Farta de zoar dun lugar a outro, a mosca chosca decidiu facer unha casa e convidar os animais do bosque. Fixo un pastel de amoras, colocou sete banquetas e sete pratos na mesa. E, co arredendo da torta, foron aparecendo, do máis pequerrecho ao máis grande, sete estraños personaxes. Non cabía ningún mais, e sen embargo... https://www.casadellibro.com/libro-a-casa-da-mosca-chosca/9788484641551/828450
Un conto cheo de intriga e no que, utilizando cores “explosivas, case fluorescentes”, Sergio Mora crea unhas criaturas extravagantes, de aspecto transgresor, con moito humor e expresividade.
Un conto acumulativo que invita ao xogo fonético; unha historia para ler e contar, que medra en intensidade ao paso de cada páxina ata chegar a un final sorprendente.
Iria e Tita excolleron esta historia para que as súas compañeiras e compañeiros puideran sentir verdadeiros calafríos e pasar un rato ben divertido!!
Benvida e moitas grazas, Tita! Xa es unha PisaCharcas máis!
No hay comentarios:
Publicar un comentario