Páginas

Biblioteca escolar

30/3/22

A Santiago vou... lixeiriño... caminando!

Non foi o caso do noso alumnado de quinto de Primaria. O pasado xoves, 24 de marzo, tivemos un día cheo de actividades e bos momentos, despois de dous anos sen poder "saír" do cole.
Visitamos primeiramente o MUPEGA, onde poidemos aprender como eran as escolas de antes, cheas de tinteiros, mesas de madeira e vellos libros enciclopédicos.
Logo visitamos a Praza do Obradoiro e a Catedral, entrando pola Porta Santa, so aberta coa ocación deste Ano Santo.
Desprazámonos ata a Alameda, onde visitamos ás Marías, xantamos e fomos logo a rúa do Franco a facer unhas compriñas....
E por último, visitamos o Parlamento de Galicia, onde Laura nos esplicou todo o traballo que os nosos representantes alí fan e onde nos convertimos en "deputadas e deputados" por un día.
Foi unha xornada moi completa onde aprendimos moitas cousas e, por suposto, pasámolo xenial !!!
Fotografías: José M. García e Sonia Yañez

Tempo de actualizarrnos!!

Dentro do proceso de actualización e formación que todo o profesorado do noso centro leva a cabo, dende o Equipo da Biblioteca Escolar organizouse un taller sobre  programación con scratch, e-textiles e todo o relacionado co pensamento computacional. Tivemos a gran fortuna de contar coa presenza de Paola Guimerans, referente neste ámbito formada nas universidades de Sevilla, Nueva York e Madrid e cunha ampla experiencia en formacións, tanto para alumnado como para profesorado, impartindo numerosos cursos para a propia Consellería de Educación.

Pola mañá Paola tivo catro sesións co alumnado de terceiro e cuarto, onde puido demostrar ao alumnado que aprender tamén pode ser moi divertido e que ademais de outras competencias tamén é necesario traballar a competencia "computacional", entendo como funcionan os "robots" que nos rodean no día a día.

Xa pola tarde foi a quenda para o profesorado do centro, facéndonos ver que necesario é introducir dun xeito gradual todas estas competencias 4.0 no noso xeito de ensinar e como as xeracións que estamos formando manexarán todas estas ferramentas dun xeito habitual, o que supón un cambio similar á introducción da Internet de das TICs no ensino, vinte anos atrás...!!!

So queda agradecer a Paola a súa implicación e paixón en todo aquilo que ensina e amosa, facendoo moito máis motivador e parecendo que sexa moito máis doado o achegamento a estas novas competencias.

Fotografías: José M. García e Manuela Vázquez

Música: MARO - "Saudade, saudade" (Live in Avinyó)


Tempo de sementar!

O alumnado de cinco anos non para!! Desta volta fixeron un taller de platación de romeu, pirixel, "hierbabuena" e menta, en colaboración co persoal e as persoas maiores do Cemtro de Día de Xinzo de Limia. Ees nos dixeron como escoller as plantas, como poñelas en terra e os coidados que lles temos que dar.... Canto aprendemos dos nosos maiores !!!

Fotografías: Sonia Pombar e Diana Vispo

Quen fai un cesto, fai un cento; se lle dan vimbios e tempo !!

Pois o noso alumnado de cinco anos xa ten o primeiro feito... So lles quedan... 99 !!!

Unha actividade máis dentro do proxecto que este ano levan a cabo para coñecer distintas tradicións e profesións relacionadas co universo da artesanía.

Da man de Sergio Moreno, cesteiro de Allariz, as nenas e nenos de 6º de Ed. Infantil coñeceron de primeira man como se fai un cesto de vimbios... empezando como non pode ser doutro xeito pola base, como todas as boas aprendizaxes!

Fotografías: Sonia Pombar e Diana Vispo

Música:: Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre - No Salón das Cereixas

21/3/22

Celebramos o Día da Árbore ... dun xeito moi especial!

Día 21 de marzo de 2022 ... Día no que comeza a primavera, Día da Árbore, día de pechar ciclos e abrir outros novos que comezan...

Hoxe, o alumnado de 2º A puxo un precioso final a un ciclo doloroso que, por desgraza, lles tocou vivir. Ao lado do exemplar de Ginko Biloba que dende hoxe está no noso patio quedarán para sempre as lembranzas e as vivencias que Mari Carmen compartiu con tantas xeracións de rosalianas e rosalianos. 

Sempre no noso recordo, benquerida compañeira!










20/3/22

LER É DIVERTIDO E MUSEO DO LIBRO 2022


MUSEO DO LIBRO 2022

Estimadas familias, co gallo da celebración do día do libro 2.022, desde o Equipo de Dinamización da Biblioteca Escolar queremos celebralo cunha exposición temática na que o libro sexa o protagonista. O alumnado e profesorado van preparar diversos materiais nas aulas con cada curso. Pedimos tamén a colaboración a nivel individual de familias e alumnado para que poidades aportar as vosas propostas a este singular “MUSEO DO LIBRO”. Calquera tipo de proposta que mesture creatividade, orixinalidade e que xire en torno ao libro como protagonista utilizando materiais diversos será ben acollida ( esculturas, logotipos, manualidades, collage, cadros,…).

LER É DIVERTIDO

Por outro lado,no noso blog abrimos o espazo “LER E DIVERTIDO”. Neste recuncho pódese aportar unha fotografía (non máis) que mesture lectura e situcións divertidas e orixinais. Está permitido editar as fotografías para engadirlle un toque artístico, sempre e cando sexan respectuosas desde calquer punto de vista.

Enlace ao formulario:

Tamén podedes achegar as vosas fotografías a: acharcadoslibros@gmail.com

ASUNTO: LER É DIVERTIDO!

Engadir arquivo coa fotografía e facer constar curso do alumno/a, nome( sen apelidos) e, se pode ser, unha moi breve descrición da fotografía.

Con todas as propostas encheremos un mural temático na entrada da Biblioteca.

DATA LÍMITE PARA PARTICIPAR: venres 17 de abril de 2022

Ánimamos a tod@s a participar POR UNHA BIBLIOTECA CREATIVA e porque:

LER É DIVERTIDO!!!




15/3/22

Todo ... Rico, rico !!

Que ben volver á Casa da Cultura do Concello de Xinzo de Limia (moitísimas grazas polas facilidades dadas polo persoal da Concellería de Cultura, María e Alfonso, para poder levar a cabo esta actividade) máis de dous anos despois e cunha obra tan divertida como este Saaabor!! da man de Félix Rodríguez e Fran Rei, que nos fixeron pasar unha hora de risas e entretemento!

"Saaabor!, Premio do público  Festiclown 2018,  é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os nosos protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos: desde a comida máis práctica e sinxela ata a máis elaborada, sen esquecer viño e sobremesa, elaborando un saboroso menú para toda a familia.

Félix Rodríguez é un actor e músico con ampla traxectoria escénica en compañías como Odaiko,  Píscore e Trío  Refugallo, que nesta ocasión compleméntase perfectamente con Fran Rei, cómico que participou en máis de 20 montaxes con compañías como Vos  Sete Magníficos  máis Un,  Pallasos en Rebeldía ou  Acontrabutaca."  https://www.culturactiva.org/es/espectaculo/saaabor

Xuntos crearon este espectáculo, unha receita chea de sabor que fixo as delicias dos padais máis esixentes entre o noso alumnado!

Fotografías: Manuela Vázquez Bouzas

Música: Dj NiFran - Danza Invisible - Sabor de amor

14/3/22

Imos trampeando!

Despois da charla que o coordinador da Agrupación de Protección Civil de Xinzo de Limia, Jesús Rivas, deu ao alumnado de sexto de Ed. Primaria sobre a importancia do control da véspora velutina, a clase de sexto B concienciouse de tal xeito que elaboraron unha chea de trampas para atrapar o maior número destes insectos e así contribuir ao control desta praga invasora que ameaza ás nosas especies autóctonas. Agora só queda colocalas en lugares estratéxicos para que cumpran a súa función e así participar nesta inicitaiva tan interesante!










8/3/22

#EmpoderamentoFeminino

Sabías que podemos conectar os auriculares por bluetooth grazas a unha muller? Que os nosos automóviles teñen luces de freo porque unha muller se lle ocorreu que eran necesarias?
Para conmemorar o Día Internacional da Muller todos os cursos fixemos un traballo de investigación sobre mulleres que teñen influido dun xeito moi importante nas nosas vidas cotiás e que, con toda seguridade, non o sabiamos!!

#8M2022 #EmpoderamentoFeminino

Fotografías: Profesorado do CEIP Rosalía de Castro
Música: Sés - Tempestades de sal

6/3/22

OBRADOIRO DE MÁSCARAS

O alumnado e mestras de 6º de Primaria traballou durante o pasado mes de febreiro no espazo creativo da Biblioteca para crear as súas propias máscaras. No vídeo podedes apreciar os bos momentos que pasaron durante a elaboración. 


 


MATERIAL: globos, cola, auga, alkil periódicos, pinturas e pincéis.

PROCESO DE ELABORACIÓN: 

1º Darlle aire aos globos e forralos de pedaciños de papel coa axuda da cola e un pincel. Como hai que dar varias capas, temos que deixar secar ben unha antes de dar a seguinte.

2º Agora temos que pinchar os globos e, no molde que nos queda, recortar por abaixo; que é por onde imos a meter a nosa cabeza cando este rematada a máscara. Tamén temos que abrir a zona para os ollos.

3º. É  hora de darlle forma a cara usando de novo papel e cola.

4º Deixamos secar e pintamos, cada quen ao seu gusto.

5º Deixamos secar de novo a pintura e dámoslle unha capa de alkil.

LISTAS PARA ENTROIDAR!!!