Coma o curso anterior e o anterior, "La Voz de la Escuela" volve ás aulas. Algo que está a facerse desde o ano 1982.
Un curso máis, as páxinas da Voz da Escola chegarán ó noso Centro para as aulas de 5º e 6º de Primaria os mércores; temas de ciencias, literatura ou historia, entre outros.
Desde o equipo da biblioteca xestionamos este recurso desde hai anos para tratar de familiarizar ó noso alumnado coa lectura do periódico que despois tamén pasa para a biblioteca e vai para as casas.
A escola de pais e o calendario mensual de efemérides tamén seguirán estando presentes para contribuír á mellora do noso quefacer, para posibilitar unha aprendizaxe máis actualizada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario