O alumnado de 4º de primaria cos seus titores estivemos hoxe xoves, 18 de maio (día de aprender ó aire libre, de levar as clases fóra), nos IES da vila. Despois dese "desfile" ó que nos convidaron fomos ata o IES Cidade de Antioquía onde Rubén, o seu director, nos presentou, nunha pequena sesión teórica, os temas do biodiesel, paneis fotovoltaicos e o percorrido pola súa "aula da natureza". Un espazo onde se poden ver os traballos realizados polo alumnado e tomar conciencia da importancia da conservación do medio natural.
A continuación, tamén acompados por Manuel (outro profesor do Centro) vimos os cultivos de prácticas, os invernadoiros, o estanque naturalizado, a zona para comer co asadoiro, a pasarela, o xadrez xigante, o parladoiro, o reloxio solar, o miradoiro (desde o que puidemos ver as crías no niño da cegoña) e a réplica da Lagoa de Antela. Pero tamén subir ó tractor, á mula mecánica e ver o aproveitamento dos aceites usados... Xogamos algo no patio y vimos a cafetería - comedor. Moitas grazas Rubén, Manuel e demais persoal que tan ben nos acolleu!
Despois entramos (moi pouco tempo) no IES Lagoa de Antela (porque é o noso IES de referencia) e demos un pequeno paseo por algunhas instalacións: aulas, comedor, cociña, patio, cafetería e biblioteca. Moitas grazas a Miguel que nos acompañou polo Centro e a tod@s os que compartistes con nós este anaquiño de tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario