Neste mes de maio estamos con outra actividade proposta polo equipo de dinamización da biblioteca; aínda en marcha os retos lectores a nivel individual agora o reto é colectivo; mellor dito colaborativo. Trátase de que sexa o grupo clase o que consegue o reto; non chega que o fagan algúns, nin siquera que sexan case tod@s... temos que ser tod@s.
Estas son as bases:
- - Esta actividade realizámola na Hora
de Ler.
- - Ten que participar toda a aula.
v - Os retos cumpriranse diariamente desde
o día 3 ao 16 de maio.
v - Todos/as teñen que conseguir o reto
dese día.
v - Todos/as deben empezar a Hora de Ler
voluntariamente e manter a atención na lectura sen interrupcións.
v - Os textos necesarios para a lectura
de cada día débeos traer cada alumno/a, agás o teatro lido que será aportado
pola Biblioteca do colexio.
v - É obrigado que todos/as teñan o
material correspondente.
v - O profesorado participará activamente
na consecución do reto e anotará cada día na plantilla dada os conseguidos.
Os retos teñen que ver co tipo de libros, idioma e se facemos lectura individual, colectiva... ( teatro; literatura en galego, en castelán, noutro idioma; poesía, libro que nos trae outro compañeiro, etc.)
No hay comentarios:
Publicar un comentario