Esta exposición créase polo Grupo de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos”.
Pódese consultar máis información sobre este proceso en www.marinasbetanzos.org
As reservas da Biosfera decláranse pola UNESCO no marco do Programa MaB (Home e Biosfera).
A finais de 2012 había 563 reservas en 110 países.
Teñen por finalidade harmonizar a conservación do patrimonio natural e cultura, e o des sostible da súa poboación.
Nelas podemos atopar todos os ecosistemas e todas as culturas do planeta.
En España existen 40 das que 5 están en Galicia (Río Eo, Oscos e Terras do Burón, Terras do Miño, Ancares Lucenses, Área de Allariz, e a reserva transfronteirizaGerês- Xurés).
As reservas son:
LUGARES onde se traballa polo mantemento da biodiversidade e da diversidade cultural
ÁREAS que buscan un desenvolvemento social e económico respectuoso co medio.
ZONAS que experimentan para conseguir un bo uso dos recursos naturais,culturais e sociais
SITIOS onde se fomenta a participación dos cidadáns, a formación e a educación.
Entre outros beneficios, a declaración dunha Reserva da Biosfera abre a oportunidade de :
- Situar ao territorio no mapa mundial.
- Dar prestixio ao territorio, ás súas empresas e aos seus produtos.
- Ampliación dos mercados para os produtos, a través das marcas de calidade.
- Recuperación das actividades económicas tradicionais.
- Incentivas e fortalecer as iniciativas ligados ao turismo sostible.
- Xerar oportunidade de capacitación e formación.
- Acadar apoio internacional, estatal e rexional para iniciativas e proxectos ligados ao desenvolvemento sostible e á conservación ambiental.
- Mellorar a conservación ambiental e a información sobre os recursos naturais.
Descrición. 14 paneis.
Panel 1. Portada. Descargar
Panel 2. Rede Española de Reservas da Biosfera. Descargar
Panel 3. Que son?. Descargar
Panel 4. Estrutura e funcións. Descargar
Panel 5. Quen xestiona?. Descargar
Panel 6. Beneficios. Descargar
Panel 7. Auga... como protagonista. Descargar
Panel 8. Alta montaña... o teito da península. Descargar
Panel 9. Ambiente mediterráneo... de montaña. Descargar
Panel 10. Illas... xestión integrada. Descargar
Panel 11. Montaña cantábrica... tapiz verde. Descargar
Panel 12. Transfronteirizas... natureza sen fronteiras. Descargar
Panel 13. O Programa MaB da Unesco cumpre 40 anos. Descargar
Panel 14. Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Estará na nosa biblioteca ata finais do mes de febreiro.