13/1/16

Pasaporte de lectura

Querid@s estudantes: 
    Hoxe é unha data importante porque iniciamos unha viaxe fantástica. Para esta viaxe precisaremos un documento de identificación e de constancia no noso percorrido: un pasaporte!!!
Será un pasaporte de lectura que reflectirá a nosa viaxe pola fantasía, a ilusión e o coñecemento que os libros nos aportan a tod@s. Feliz viaxe!!!

Bases de participación: 
1. Solicita na nosa biblioteca o teu pasaporte.
2. Elixe e marca no teu pasaporte un reto de lectura
3. Le o libro escollido e cubre a ficha de lectura (que che dará o teu titor/a ou o equipo dinamizador da B.E.)
4. Na hora de ler achégate á biblioteca e entrega o pasaporte e a ficha cuberta. Se o reto está superado conseguirás un selo.
5. Se acumulas polo menos 5 selos dos 10 retos propostos -ata o 8 de xuño- entrarás no sorteo dun agasallo.
Retos de lectura para os de 3º e 4º de primaria:
1. Ler un libro de poemas
2. Ler un cómic
3. Ler un libro de aventuras
4. Ler un libro dun escritor galego
5. Ler un libro protagonizado por un nen@
6. Ler un libro que lle gustara moito aos teus pais cando tiñan a túa idade.
7. Ler un libro que xa teñas lido e che gustre volver a ler.
8. Ler unha biografía
9. Ler un conto clásico
10. Ler un libro sobre a túa afección favorita.

Retos de lectura para os de 5º e 6º de primaria:
1- Ler un libro que poidas rematar nun día
2- Ler un libro escrito por un autor estranxeiro
3- Ler un libro de non - ficción
4- Ler un libro recomendado por un amig@
5- Ler un libro de máis de 100 páxinas
6- Ler un libro de poemas
7- Ler un libro sobre o que fixeran unha película
8- Ler un libro cun protagonista que sexa un neno ou unha nena da túa idade
9- Ler un cómic
10- Ler un libro de medo ou misterio.


No hay comentarios:

Publicar un comentario