20/4/26

Algo pasa na casa do lobo



"Se queres que os teus fillos sexan intelixentes, léelles contos de fadas. Se queres que sexan moito máis intelixentes, léelles máis contos de fadas." 
Albert Einstein.

De novo unha nai pisacharcas pola Charca dos Libros! Desta vez contamos con Soraya, nai de Lía da aula de 3 anos A. Os nenos e nenas da súa clase escoitaron a historia na que o lobo desempeña un papel que non é precisamente o clásico. Algo pasa na casa do lobo é un conto cheo de misterio no que os máis pequenos e pequenas se adentran nos bosques grazas a unhas ilustracións  que atrapan. Desfrutaron da aventura de ir visitando as casas dos animais do bosque e descrubiron que unha mañá ningún deles espertaba nos seus propios fogares. Un libro con sorpresa final!




 

15/3/26

Encontro interbibliotecario

 “Grandes descubrimentos e melloras implican invariablemente a cooperación de moitas mentes.” Alexander Graham Bell

Esta semana o equipo de biblioteca do Ceip de Rosalía de Castro, acollimos a un grupo de representantes dos distintos centros de Ponte de Lima que conforman a Rede de Bibliotecas Escolares de dito municipio.  O obxectivo desta xornada foi o enriquecemento das nosas prácticas en cuanto a promoción e mellora das bibliotecas escolares e dos proxectos que xurden a partir delas. Así compartimos distintas actividades e dinámicas que se levan a cabo nos diferentes centros escolares a ambos lados da fronteira para adaptalos a cada un dos nosos contextos.

Deixamos fotos do encontro e algunhas mostras dos proxectos que se están a levar a cabo na nosa escola e que lles amosamos ós nosos compañeiros e compañeiras portugueses. Esperamos que o disfrutasen e aprendesen do mesmo xeito que o fixemos nós na visita ás súas escolas. 


Círculos restaurativos para coñecernos mellor.


Mostra do Día da Muller e a Nena na Ciencia.



Proxecto conxunto "Cidadáns do mundo" de 2º e 4º de EP.


Listaxes literarias con 3º de EP.


Concurso de debuxo en 6º de EP.


Recital dun poema de Rosalía de Castro por 6º de EI.

10/3/26

Visita de Marta Villar

 A escrita é unha longa introspección, é unha viaxe cara ás covas máis escuras da conciencia, unha lenta meditación. Isabel Allende.

Esta semana o alumnado de 3º da nosa escola tivo a enorme sorte de coñecer a Marta Villar. É a autora de "Os peidos máxicos de Sultán", obra que lles encantou e coa que de seguro riron un cacho. Ademáis é un relato baseado na historia real de seu can e que terá a continuación publicada próximamente nas librerías.

Marta, ademáis de firmar libros organizou actividades moi amenas e motivadoras coas que chegou sen dúbida aos nenos e nenas. Eso si é promoción da lectura!










6/3/26

8M: Día da Muller

 "O empoderamento das mulleres conduce ao empoderamento da humanidade" – Michelle Obama.



Co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller, o CDR O Viso e a nosa ANPA veñen de organizar unha exposición cos traballos e os textos que deron pé o pasado curso á publicación do libro "Mulleres Ilustradas da Limia".

Esta é unha oportunidade única para ver en gran formato os traballos plásticos que realizaou o noso alumnado, tomando como punto de partida a estas mulleres senlleiras.

A exposición está aberta para toda a comunidade escolar na Aula de Psicomotricidade no primeiro andar do centro, dende o luns, 9 ata o xoves 12 de marzo, en horario de 14.00 a 15.45 horas. 

4/2/26

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA


 

El león y el ratón


 Nesta ocasión os pais pisacharcas de Antía de 4 anos, Blanca e Rafa, viñeron contar o conto de "EL LEÓN Y EL RATÓN" á nosa Biblioteca Escolar. Os nenos e nenas desta clase estiveron moi atentos, xa que o conto é unha fábula curta pero profunda. Fainos ver como funcionan os estereotipos, esas imaxes mentais que nos facemos dos demáis a simple vista e que cremos certas. O león ignora o potencial do ratón e acaba sorprendido pola súa capacidade de sacalo dunha boa lea. Tamén amosa o beneficioso e positivo de se axudar os uns aos outros. Un conto perfecto para ensinar aos fillos e fillas a importancia de non prexulgar senon a ser empáticos e colaboradores. 





18/12/25

Recomendacións de lecturas para este Nadal 2025

 




Sete (+1) Portas que se abren para o coñecemento

“Non é só unha biblioteca. É unha nave espacial que che levará aos puntos máis afastados do universo, unha máquina do tempo que che levará ao pasado afastado e ao afastado futuro, un mestre que sabe máis que ningún ser humano, un amigo que che divertirá e consolarache e sobre todo unha saída a unha vida mellor, máis feliz e máis útil” Isaac Asimov, divulgador ruso.


Nunha escola onde cada biblioteca é un portal ao infinito, comeza a viaxe. Sete gardiáns de mundos onde a lectura esperta o coraxe, acende a memoria e restaura a esperanza a quen se atreve a cruzalos. Cada porta abre a historias que cambiaron o mundo, historias que nos lembran que a liberdade é un dereito, nunca unha coincidencia.

Aquí resoan a voz de Malala, firme fronte ao silencio imposto. Aquí revisitamos a inocencia perdida en O neno cos pixamas raiados e sentimos os nosos corazóns latexar entre as páxinas do Diario de Ana Frank. Aquí lembramos que un simple xesto pode transformar un país, como fixo Salgueiro Maia, e preguntámonos, con emoción, avoa, onde estabas o 25 de abril?

É neste lugar onde descubrimos que cada neno ten dereitos, os Dereitos do Neno, e que coñecer estes dereitos é coñecer o propio futuro.

Aprendemos que Todos Somos Diferentes, e é nesta diferenza onde reside a forza do mundo, e celebramos o poder daqueles que abriron camiño, como as historias de vinte e cinco mulleres que cambiaron xeracións.

Tamén os soños habitan nestas portas: palabras que brillan no Dicionario de Palabras de Soño, maxia que se agocha no Caixón Máxico, sementes que medran en cada lector que descubre que ler é imaxinar o imposible.

E cando chega o frío do inverno... o Nadal estoura nas páxinas. Vémolo en Ese Nadal, oímolo en Cando cae a neve, sorrimos coa promesa de Papá Noel e recoñecemos que mesmo os corazóns máis duros poden aprender a amar. Porque, ao fin e ao cabo, o que permanece é a xenerosidade.

E entón lembramos a verdade máis grande: «O esencial é invisible aos ollos».

Pero o esencial está aquí. En cada porta que se abre. En cada libro que se colle. En cada lector que esperta.

Aquí, a lectura non só conta historias.

A lectura cambia todo

Texto orixinal elaborado polo Equipo Dinamizador da Biblioteca António Feijó de Ponte de Lima

Derradeira reunión do Consello da Infancia no 2025

" A Educación é o pasaporte cara ao futuro, o mañá pertence a aqueles que se preparan para el no día de hoxe." Malcolm X, activisita estadouindense 

Este  luns reuniuse de novo o Consello da Infancia.

Comentamos a noticia que saíu na prensa sobre o premio recibido polo colexio.

Tamén puxemos en común as propostas de mellora das aulas e fixemos a foto de familia.

Acordamos analizar as propostas na próxima reunión que se celebrará en febreiro.

Comentamos a problemática do fútbol nos recreos e aportamos ideas para a celebración do día escolar  da non violencia e a Paz en xaneiro.

Estamos moi orgullosas do funcionamento deste órgano de participación do alumnado, a implicación é máxima e as ideas sempre son interesantes.

17/12/25

DÍAS DE PORTAS ABERTAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR

 Dende o Ceip Rosalía de Castro, queremos convidar ás familias á xornada de portas abertas na que se exporán diferentes traballos promovidos pola Biblioteca Escolar. Os horarios para visitar a exposición serán o xoves 18 e venres 19 durante  os recreos, de 11:45 a 12:15, e de 14.00 ás 15:15.

Achegádevos á entrada da biblioteca a desfrutar dunha mostra dos traballos que fixeron os cursos de 2º e 4º de educación primaria no seo do programa "Cidadáns do Mundo" e outras manualidades nas que vos poderedes inspirar para decorar este Nadal.

Poderedes observar os fantásticos froitos resultado da convivencia e da
cooperación das familias co centro escolar a través das pontes que tende a biblioteca do cole. Mostraremos así o esforzo que da lugar a productos de aprendizaxe que vos deixarán abraiados. Agardamos a vosa visita á Charca dos libros!








15/12/25

Cosita linda

"Cada novo amigo que gañamos na carreira da vida perfecciónanos e enriquécenos máis aínda polo que de nós mesmos nos descobre, que polo que del mesmo nos da"

Miguel de Unamuno.

Hoxe traémosvos a un autor de álbumes moi recoñecido polas súas obras. Con pouco texto e grandes e expresivas ilustracións, Anthony Browne nos transmite que as necesidades emocionais tamén son importantes.  Grazas a  Noela, nai pisacharcas de Xabier,  coñecemos esta historia sobre o respeto ás diferenzas e sobre a amizade que nos fala dun gorila que é ensinado a comunicarse a través de xestos. Cando o gorila aprende a facer peticións ós seus coidadores, unha vez que ten as necesidades materiais cubertas decátase de que o que máis desexa é un amigo, neste caso a Linda, unha gatiña. Así é como lle ensina aos máis pequenos e pequenas, que entre nós, existen diferenzas  pero non teñen por que ser impedimento para desfrutar xuntos. 






20/11/25

Cuentos para entender el mundo

 "A lectura fainos a todos inmigrantes. Lévanos lonxe da casa, pero o máis importante é que nos atópa fogares en todas partes"

 Jean Rhys, novelista.

Nesta segunda sesión de contacontos a man de Tita, nai pisacharcas de Alba de 4º de educación primaria, escolleu CUENTOS PARA ENTENDER EL MUNDO. 

É un compendio de contos que o autor recupera e adapta ós tempos actuais deixando de fondo as mensaxes orixinais e a esencia dos mesmos. Con eles invítanos a reflexionar sobre a vida, a sociedade e as relacións e emocións humanas. O alumnado tivo a  oportunidade de explorar, dende a Biblioteca Escolar, temas como a soidade, o amor, o medo e a esperanza. 





¿Este perro no tiene cola?

O libro para ler non é o que pensa por ti, senon o que te fai pensar. 

Harper Lee.

Nesta sesión contamos coa nai pisacharcas de Iria, de 5 anos. Tita fixo que a clase da súa filla o pasase pipa con este conto. 

A de hoxe é unha divertida historia sobre a chegada dun novo membro á familia. É útil para aquelas familias que queren preparar ao futuro irmanciño ou irmanciña maior para a chegada  dun bebé. Todo visto dende o punto de vista dun can que observa como os demáis familiares enchen ó novo integrante da familia de atencións e agarimos. Pero algo non lle encaixa ó noso protagonista. Pensará Rufus que o bebé é un can?






Mi pequeña

 " Un fogar sen libros é como un corpo sen alma" 

Cicerón.

O conto de hoxe, MI PEQUEÑA, é un relato epistolar para todas as fillas do mundo. Neste caso foi un libro especialmente adicado a Kloe de 1º, xa que o que o veu a contar Karla, a súa nai pisacharcas. Trata sobre o proceso, ás veces difícil pero necesario e enriquecedor, de deixar voar aos fillos e fillas, de promover o seu crecemento como un proceso natural nos que acompañalos. Ás veces hai que invitalos a atreverse, a ser valientes, a pedir axuda e en definitiva a descubrir o mundo.  Que mellor xeito que dar alento dende a Biblioteca Escolar. 





17/11/25

La primera aventura del ratoncito Pérez

 «Un libro é unha proba de que os seres humanos son capaces de facer maxia»,

Carl Sagan.

De novo con nós unha nai pisacharcas, desta vez Magalí , a nai de Ares. Que terá que ver o fondo marino co ratón Pérez? Pois ahí comeza a aventura, cunha ostra que perdou a súa perla e que precisa algo semellante, branco, duro e brillante.

O noso protagonista xunto con moitos e diversos animais, serán os encargados de buscar unha solución para axudar á ostra. Un conto sobre a creatividade, sobre as similitudes e un xeito máxico de explicar aos máis pequenos a onde van os dentes que marcan o feito de que se fan maiores.





10/11/25

A pantasma das bragas rotas

"Os nenos fanse lectores no regazo de seus pais" 

Emilie Buchwald, autora estadounidense.


Fai uns días asistimos ao contacontos de A PANTASMA DAS BRAGAS ROTAS da man dun pai pisacharcas, Fabio. Os compañeiros e compañeiras de Lía de 3 anos, pasárono en grande escoitando esta historia chea de sustos.  

En Castrelo Pesadelo, os veciños non poden durmir nin vivir tranquilos porque a Pantasma das bragas rotas asústalles a todas horas. Para rematar con este asunto, irán ao seu castelo Mario Abecedario, Augusta a Robusta e Eira a Bombeira, pero todos fuxen aterrecidos. Como conseguirán solucionar o problema da Pantasma das bragas rotas? Garda o segredo Finiña a Avoíña.





La bella y la bestia y Peter Pan

 "Hai máis tesouros nos libros que en todo o botín do pirata de “A illa do tesouro”.

Walt Disney

A quen non lle gusta un clásico? Aos nenos e nenas do colexio Rosalía de Castro sí. E desfrutaron de dous deles, PETER PAN E LA BELLA Y LA BESTIA grazas a Mª Carmen, nai de Mélody de educación infantil.

Dúas historias inolvidables. Unha chea de indios, piratas, crocodilos famentos e nenos incansables que non queren crecer, senon seguir deixando voar a súa imaxinación. A outra ensínanos unha princesa que devora libros, unha bestia e outras personaxes atrapadas na forma de reloxo, armario ou taza e que solo a través do amor se liberan.

Na nosa Biblioteca Escolar aínda agardan moitos clásicos para ser lidos. Animádevos!












28/10/25

Festa de medo na nosa biblioteca

"Polo Samaín, as meigas veñen a min e asustanme sen fin" Refrán popular


Durante estas dúas semanas previas á celebración do Samaín, todo o equipo da nosa Biblioteca Escolar vén de realizar unha chea de actidades: decorar banderins, construir bruxas, xogos de mesa do Samain como tres en raia, dominó, cartas, ...
Ademáis levamos a cabo unha selección de títulos relacionados con esta temática e fixemos outras propostas que tiveron moito éxito entre o alumnado.
Non deixedes de pasar pola Bilio estes días que quedan. Aínda quedan moitas máis sorpresas por desvelar......


27/10/25

El monstruo de las rabietas

"Quizais sexa por iso que lemos, e por iso que nos momentos de escuridade volvemos aos libros: para atopar palabras para o que xa sabemos" 
Alberto Manguel, escritor arxentino.

Se algunha vez consideráchedes a importancia de porlle nome ás emocións que guian os comportamentos dos nosos pequenos e pequenas especialmente en momentos de enfado, entón atoparedes un contido útil no conto "EL MONSTRUO DE LAS RABIETAS". Kassandra, a nai pisacharcas de Helena de 4 anos A, escolleu este album ilustrado que explica a adultos e pequenos dun xeito claro e sinxelo que son a raiba e as rabechas e como xestionalas de xeito sano. Acompañar aos fillos e fillas en momentos de enfado ou frustración é clave para canalizar e validar sentimentos naturais para que poidan expresarse sen facer dano e permitirse sentir tanto cousas agradables como desagradables.
Agradecemos dende a Biblioteca Escolar que se contribua a facer do alumnado, futuras persoas responsables afectivamente e cada día maís conscientes a nivel emocional.