27/4/15

Padriños e madriñas cos seus afillad@s no día do libro

Velaquí unha actividade que gusta e na que gozamos vendo estas estampas que agora compartimos con esta montaxe. Cada padriño/madriña cun ou dous afillad@s para os que lle prepara algunha lectura e á súa vez estos tamén buscan algo para lerlle, contarlle... e mesmo lle preparan algún agasallo. Antes temos que coñecer con quen imos estar, ímolos buscar, atendémolos... E de folla en folla, voando case como as follas polos multiuniversos. Unha sorte poder compartir estos momentos.
Ánimo porque queremos contar coas familias -que poidan e queiran- para este tipo de actividades. 
Parabéns!!!!
 

23/4/15

Aprendendo coas abellas

O alumnado de 1º e 2º de primaria  pasamos o día en Apípolis, en Santo André de Xeve, moi preto de Pontevedra capital; é un centro para a comprensión das relacións existentes entre os seres humanos e as abellas. Velaquí unha mostra, con fotos en branco e negro, dos obradoiros e os momentos que pasamos nesta xornada primaveral.

http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d19808027k1813551o1l1/appolis

20/4/15

V Abrazo río Limia

Os pasados 16 e 17 de abril, celebramos en Xinzo de Limia o V Abrazo ao río Limia, na compaña dos nosos compañeiros do CEIP Carlos Casares, a EB1 de Ponte de Lima, o CE das Lagoas e o CE da Ribeira. Foron dous días cheos de actividade e irmanamento entre todos nós. Sabemos cada día mellor da importancia do río que cruza a nosa vila, pero con encontros coma este tamén o Limia convértese en elemento unificador entre culturas e vilas, como xugo de amizade que ninguén poderá parar. Queremos agradecer as colaboracións na organización deste evento (ademáis dos cinco centros involucrados) ao Concello de Xinzo de Limia, especialmente ás súas concellerías de Educación e Deporte e a de Cultura, así como as Brigadas de Obras e a de Parques e Xardíns; á Policía Local e Protección Civil de Xinzo de Limia, tan necesarias en acontecementos coma estes; as ANPAS dos CEIPs Rosalía de Castro e Carlos Casares; á Banda Municipal de Gaitas, que nos entusiasmaron co seu marabilloso concerto do primeiro día, e, en fin, a todas as persoas e institucións que fixeron posible estes estupendos dous días de coñecemento e amizade entre nenos e nenas destas nosas vilas como son Ponte de Lima e Xinzo de Limia.
Arriba o Limia! Arriba o Lima!


17/4/15

Día Internacional do libro -quentando motores-

   Entre outras cousas, para a celebración do día do libro o vindeiro 23 de abril -nós celebrarémolo o venres 24- cun “apadriñamento/amadriñamento lector” do alumnado dos cursos superiores para os máis pequenos. Xa vos iremos dicindo...
Pero hoxe achegamos unha proposta para a realización dun marcapáxinas. Pincha no seguinte enlace: http://issuu.com/papacontos/docs/marcap__xinas
E xa podes ir buscando un libro para lerlle ese día ó teu afillad@ ou ó teu padriño/madriña e facendo o marcacáxinas para ter localizado o que vas preparando. Se precisas axuda, xa o sabes, estamos na biblioteca.

15/4/15

Finalistas no concurso "Xornalistas na escola"

  
 
http://issuu.com/papacontos/docs/eu_son_rosalia

   Hoxe o xornal escolar -suplemento dos mércores de la Región- publicou a participación do alumnado de 6º A no Concurso convocado a comezos de curso por este periódico. As bases deste concurso recollen que se publicarán os finalistas e finalmente haberá un premio para os gañador@s. Parabéns por estar como finalistas e sobre todo parabéns por este magnífico traballo: "Eu son Rosalía" ven a ser un número extraordinario con motivo do 40 aniversario da inauguración do CEIP Rosalía de Castro. Ademais da participación das familias (os artigos recollen a súa escolarización -o que lle contaron ós seus fillos- neste centro, escolas unitarias ou onde estiveron escolarizados) traballamos como verdadeiros xornalistas, entevistando, buceando na historia do periodismo e nas bibliotecas (mesmo as virtuais). Tamén colaboraron Ana Mon e José Manuel García.

8/4/15

7 de abril: día mundial da saúde


  

O tema do Día Mundial da Saúde 2015 é a inocuidade dos alimentos

Os alimentos insalubres están relacionados coa morte de 2 millóns de persoas ó ano, na súa maioría nen@s. Os alimentos que conteñen bacterias, virus, parásitos ou substancias químicas nocivas causan máis de 200 enfermidades, que van dende a diarrea ata o cancro.


Resultado de imagen para Dia Mundial da saúde

Cinco claves para a inocuidade dos alimentos:
  • Clave 1: Manter a limpeza
  • Clave 2: Separar alimentos crus e cociñados
  • Clave 3: Cociñar os alimentos completamente
  • Clave 4: Manter os alimentos a temperaturas seguras
  • Clave 5: Usar auga e materias primas inocuas
O Día Mundial da Saúde 2015 é unha oportunidade para alertar aos que traballan en diferentes sectores do goberno, aos campesinos, aos fabricantes, aos minoristas, aos profesionales sanitarios e aos consumidores da importancia da inocuidade dos alimentos; e conciencialos do papel que cada un pode desempeñar para que todos teñamos confianza en que os alimentos que nos chegan ó prato son inocuos.

As árbores e a auga

   Celebramos na semana do 23 ó 27 de marzo os días mundiais da árbore e a auga, nunha zona na que temos que traballar moitísimo esta temática. Porque as árbores como todas as plantas e a auga son amigas e complementarias para a existencia da vida na terra. E aprendemos que as plantas son seres "autótrofos", que non necesitan doutros seres para alimentarse... E que a auga é un elemento básico da vida; que os científicos aseguran que a cantidade total de auga existente no planeta non cambia nunca pero corre o risco de contaminarse e ser perigosa para a propia vida.
O alumnado se 6º plantaron 3 acibros no patio. Velaquí algunhas fotos do grupo de 6º C   


Para celebrar os días internacionais da árbore e da auga a Deputación de Ourense achegounos algúns materiais (Guía do profesorado, acibros e o libro/manual a palabra máxica).

27/3/15

Materiais dos encontros Plambe 2014.15

Materiais dos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2014/2015


Os pasados 12 e 13 de marzo de 2015 celebráronse en Santiago de Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2014/2015, coa asistencia de 550 profesoras e profesores, responsables das bibliotecas escolares integradas neste programa da consellería. 
En redeBE, o espazo moodle de Bibliotecas Escolares de Galicia, están dispoñibles xa os materiais destes encontros, co fin de que os equipos de bibliotecas e todo o profesorado interesado poida acceder ás presentacións dos relatores e a outras informacións de interese sobre os contidos do programa. En breve subiranse tamén os vídeos gravados nas diferentes sesións.
Entre os materiais dispoñibles, a versión pdf do cómic VIVIR NO SOLO, con guión de Marilar Aleixandre, editado co gallo da celebración do ano 2015 como Ano Internacional dos Solos. Esta publicación, da Delegación Territorial da Sociedade Española da Ciencia do Solo en Galicia, coa colaboración do concello de Santiago de Compostela, foi distribuída nos encontros de forma que puidese chegar, en formato impreso, a todas as bibliotecas do Plan de mellora. 
Nos encontros distribuíuse tamén o libro "Choven palabras no futuro" editado pola Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Cultura) en colaboración con GALIX, co gallo da conmemoración dos 25 anos desta Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil. 
redeBE: materiais Encontros PLAMBE15

2 de abril: Día Internacional do Libro Infantil

Os carteis e os textos que anualmente edita a IBBY (International Board on books for Young People), xunto coa OEPLI e as entidades colaboradoras (en Galicia, GALIX), arredor do mes de abril, permítennos coñecer autores e ilustradores de distintas sensibilidades e procedencias.
 Neste ano 2015, o Día Internacional do Libro Infantil, que se celebra o 2 de abril, en memoria do nacemento de Hans Christian Andersen, lévanos aos países árabes e á palabra e á imaxe creada por dúas mulleres representantes da literatura infantil e xuvenil desa parte do mundo: Moitas culturas, unha historia, é un texto de Marwa Obaid Rashid Al Aqroubi, escritora e difusora dos libros infantís nos Emiratos Árabes Unidos. Traballa pola creación dunha cultura de lectura e por proporcionar libros para nenos e nenas afectadas pola guerra, a inestabilidade política ou os desastres naturais na rexión de Asia Central e Norte de África: "Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, máis compartimos as mesmas historias" 
 A imaxe que ilustra o cartel do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2015 é de Nasim Abaeian, ilustradora nacida en Isfahán, cidade iraní moi evocadora no mundo dos contos*. Formada en Italia, Sharjah (un dos emiratos integrados nos EAU) e Estados Unidos, actualmente é profesora no departamento de Arte e Deseño da Universidade de Zayed (EAU) e traballa como ilustradora de libros infantis. 
 * "El criado del rico mercader", conto persa recollido por Bernado Atxaga en Obabakoak 

Outra "Rosalía" no Rosalía

   Este segundo trimestre fixémoslle un oco Cole a unha coella. Andou por algunhas aulas, en espazos comúns, no patio...Deseguida a bautizamos; é Rosalía. Ir incorporando animais domésticos á actividade educativa e mesmo utilizalos como terapia é algo que ven de moi lonxe.Tanto que se remonta á antiga Grecia. Velaquí outra porta aberta á mellora educativa...

15/3/15

Palabras que engaiolan: Árbore e poesía

O vindeiro día 21 de marzo celébranse moitas cousas

“PALABRAS QUE ENGAIOLAN”

Árbore e Poesía. Desde a Biblioteca do cole queremos propoñervos a realización -ó longo desta semana- dunha árbore moi especial cheíña de poesía e decorada con follas elaboradas por tod@s. 
Co sosego e a imaxinación dos poetas pensaremos palabras:  poéticas, poderosas, sonoras, silenciosas, que nos fagan rir ou chorar, que garden segredos, que nos ofrezan calor ou sabor, que nos sorprendan, nos abracen, nos emocionen…  De todas elas elixiremos a que máis nos engaiole e:
Os máis pequenos escribirán a palabra na folla, colorearana de verde e colgarana.
Os demais realizaremos unha composición poética coa palabra elixida: un verso, un pareado, un haiku, un acróstico, unha pequena estrofa… escribirémola con letra clara na folla da árbore, e, despois de coloreala, colgarémola.
Feliz celebración
O equipo da Biblioteca

10/3/15

Camiseta do 40 aniversario do Ceip

  
O alumnado de sexto de primaria pon a venta a camiseta conmemorativa do 40º aniversario de posta en funcionamento do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia. Temos dispoñibles as tallas: 4, 8, 12, 16, S, M, L, XL e XXL. Cada camiseta ten un custo inicial de 4€. Sae a venda a 6€. A variación de prezo pretende axudar a costear a viaxe de fin de curso prevista para o vindeiro mes de maio. Se queredes ver unha mostra tedes unha na administración do centro, no perfil do facebook do centro ou no blog da biblioteca. Para adquirila dirixídevos a algún neno ou nena de sexto que vos tomará nota, ou ben á Administración do cole. Moitas grazas por colaborar.

Alí estaremos

Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2014/2015


Os vindeiros 12 e 13 de marzo terán lugar en Compostela (Palacio de Congresos) os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares, unha cita anual do profesorado que coordina e representa aos equipos de bibliotecas escolares dos centros integrados neste programa. No presente curso participan desta Rede de bibliotecas escolares que supón o PLAMBE, un total de 550 centros distribuídos por toda a xeografía do país.  
Coma en anos anteriores, a participación nos encontros será do seguinte xeito:
  • 12 de marzo: responsables das bibliotecas dos 33 centros que se incorporaron ao PLAMBE na convocatoria de 2014.
  • 13 de marzo: responsables do resto das bibliotecas do PLAMBE ata un total de 550. 
O programa elaborado desde a Asesoría de bibliotecas escolares, en colaboración co CAFI (Servizo de Formación do Profesorado), conta coa presenza de expertos como Casildo Macías (coordinador da Rede de bibliotecas escolares de Extremadura, coautor do Marco de referencia para las bibliotecas escolares- MEC,2011), Ana Garralón (experta e crítica de literatura infantil e xuvenil), Elisa Yuste (consultora con formación e experiencia no ámbito bibliotecario, editorial cultural e educativo), Ana Basterra (Asesora do ámbito socio-lingüístico no Berritzegune -centro de profesores- de Leioa, en Bizkaia, experta en metodoloxía de proxectos). Presentaranse experiencias de bibliotecas escolares de centros que salientan polas súas boas prácticas, e os participantes poderán tamén acudir a unhas reunións temáticas (sobre a formación audiovisual, as apps na biblioteca escolar , a colaboración entre as bibliotecas escolares e coas bibliotecas públicas ou sobre avaliación dos servizos da biblitoeca, entre outras). Poñerá o punto final aos encontros o catedrático de Mediciña Legal da USC, experto internacional en xenética e divulgador científico, Ángel Carracedo, autor do manifesto publicado no pasado novembro, con ocasión do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas.

9/3/15

Concurso de Microrrelatos

Los microrrelatos de Prensa-Escuela

Los microrrelatos de Prensa-Escuela
El Programa Prensa-Escuela de La Voz de Galicia te invita a participar en su I Concurso de Microrrelatos.

1. Selecciona una noticia de www.lavozdegalicia.es.
2. Inventa un relato a partir de ella, ficciona partiendo de la realidad (máximo 800 caracteres incluyendo la url de la noticia).
3. Presenta tu creación y haz campaña entre tus amigos para lograr el mayor número de votos.

Los tres relatos que reciban más votos serán los finalistas y, entre ellos, el jurado seleccionará al ganador que se publicará en La Voz de Galicia. Su autor recibirá además una colección completa de grandes diccionarios.

El certamen está abierto a alumnos de 5.º y 6.º de Primaria, Secundaria, Bachillerato y Formación Profesional de Galicia, participen o no en el programa Prensa-Escuela.

-Plazo de presentación: desde el lunes 9 de marzo del 2015 a las 10.00 horas hasta el martes 17 de marzo del 2015 a las 10.00 horas. 
-Votaciones: desde el 17 de marzo del 2015 a las 10.15 horas hasta el 27 de marzo del 2015 a las 12.00 horas. 
-Comunicación del ganador: 9 de abril de 2015 en www.prensaescuela.es

6/3/15

Semana da prensa: do 9 ao 13 de marzo

Resultado de la imagen de semana da prensa na escola   Resultado de la imagen de semana da prensa na escola
http://blogs.prensaescuela.es/blogmaestro/blog/tag/semana-de-la-prensa/
http://www.prensaescuela.es/images/suplementos/curso_2014-2015/VE20150304.pdf#page=1

DÍA DA MULLER TRABALLADORA


https://www.youtube.com/watch?v=S-jJGqLaTRc

RECURSOS na Rede


Tomado da    http://bibliogurriaran.blogspot.com.es/2013/03/recursos-dia-da-muller-traballadora.html

Os de 6º participamos nunha charla-coloquio no IES Lagoa de Antela



Alumnado de 6ºA e dos IES participando na sesión -organizada polo IES Lagoa de Antela e invitados por Tomás G.- e que impartiu Serafín González (investigador científico do CSIC, experto en hidroloxía e un dos maiores coñecedores da nosa comarca) este xoves día 5 de marzo. A charla preparámola a partires dun artigo que publicou El País o pasado 21 de decembro co título "El CSIC apunta a los vertidos y granjas que ahogan A Limia en purines"; según los ecologístas la carga ganadera de la zona equivale a 1,4 millones de personas, la mitad de la la población de Galicia en solo un 1% de su superficie;  rematou cunha quenda de preguntas que formulou o alumnado. Toda unha aventura compartir un acto con alumnado e profesorado dos IES Lagoa de Antela e Cidade de Antioquía, saudar ó alumnado que foron compañeiros no noso centro o curso pasado, irmáns, coñecidos ... e ir vendo as instalacións do que será o próximo Centro de ensino para o vindeiro curso.  

5/3/15

A nosa horta

     Velaquí algús momentos do traballo na nosa horta. A partires do banco de sementes que temos na Biblioteca (no que participamos toda a comunidade educativa)  imos facendo semilleiros nas aulas e despois transplantamos; aquí na Limia -se queremos adiantar algo (conséguese poucas veces) hai que poñerlle manta térmica ou invernadoiro. Tamén medimos para saber canto temos que mercar se poñemos malla para evitar as malas herbas ou con vistas a colocar o sistema de rega por goteo... No trimestre pasado sacamos algunhas patacas, collemos algunha verdura e agora estamos poñendo acelga, leitugas e volvemos andar co plantío nas clases.