Voltamos á normalidade! Despois destes dous anos de ausencia, volvemos unha vez máis a Ponte de Lima cun dobre propósito: visitar a IV Feira de Educação, Ciência e Tecnologia e participar no XI Abraço ao Rio Lima, desta vez coa estupenda compañía d@s nos@s compañeir@s do CEIP Plurinlingüe das Vendas da Barreira, do CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia e cos máis de doce centros educativos de Ponte de Lima.
Foron dous días cheos de actividades e dunha marabillosa convivencia entre o alumnado dos dous centros. Fixemos un montón de actividades: visitamos o Museu dos Terceiros, coñecimos a sé do Agrupamento de Escolas António Feijó (da man do noso bo amigo João Carlos Gonçalves e na compaña do seu director, José António Fernandes da Silva) "brincamos" nas instalacións do CE As Lagoas, vivimos a experiencia da realidade virtual, lanzámonos en tirolina, experimentamos coa robótica e a química, coñecimos con Sam a Quinta Pedagógica de Pentieiros e moitísimas cousas máis durante dous días enteiros cheos de actividade!
Agradecer especialmente ao Concello de Xinzo de Limia e á Câmara Municipal de Ponte de Lima por poñer todas as facilidades posibles para que estas dúas actividades se poideran levar a cabo, especialmente ao persoal da Área Protegida das Lagoas de Bertiandos e S. Pedro d'Arcos (Vera, Irene, Sandra, Lourenço, ...) polo exquisito trato recibido por parte del@s nestas xornadas tan intensas... e á nosa alcadesa, Elvira Lama, por acompañarnos ao longo de todo o día do Abraço.
Destacar tamén ao profesorado que acompañou ao alumnado durante máis de 48 horas e que sempre estivo ao tanto del@s para que poideran aproveitar cada minuto deste experiencia inesquecible para tod@s el@s. Grazas... Alfredo, Ana, Jose e Mari polo voso esforzo e dedicación!
Xa temos gana de que chegue a primavera e recibir como se merecen a todas estas novas amizades na nosa vila de Xinzo de Limia como se merecen. Ate já !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario