24/5/22

As pombas de Bastián... María Canosa na nosa Bilio

Hoxe tivemos a grande sorte de poder contar coa presenza de María Canosa na nosa Blioteca Escolar para que nos falara sobre o seu libro "As pombas de Bastíán", incluído no noso itinerario lector de 4º curso de Ed. Primaria.

María, nada en Cee o 20 de agosto de 1978, é unha enxeñeira de Camiños, Canais e Portos galega, coñecida pola súa participación como xurado en programas concurso da Televisión de Galicia e como escritora de literatura infantil e xuvenil.

Nesta obra, Minia observa desde a fiestra da súa casa todos os días como un home lles dá de comer ás pombas da rúa. As aves semellan ser as súas únicas amigas, mais a rapaza intúe que aquel home agocha unha maxia especial tras a soidade en que semella vivir. Por iso a nena toma unha decisión: achegarse a el. A partir do primeiro encontro prenderá neles a ilusión que vai alumear unha fermosa amizade.

O noso alumnado deste curso fíxolle á autora unha intensa entrevista onde se interesaron por aspectos máis relevantes desta historia e por outras curiosidades da vida e obra desta escritora, ás que contestou cunha enorme empatía.

Grazas pola túa visita, María!!

Enlace á entrevista completa a María Canosa.

Fotografías: Manuela Vázquez Bouzas

Música: MJ Pérez - Ai de min!

No hay comentarios:

Publicar un comentario