20/11/18

Hoxe a mestra foi Irena Stanisic

No Día Universal dos Dereitos da Infancia, neste 20 de novembro, nós contamos no Centro coa presenza de Irena. Ela leva na Limia 9 meses, no Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso" a través do Servizo de Voluntariado Europeo. Estivo unha sesión co alumnado de 4º A para achegarnos moitas informacións do seu país: Bosnia y Herzegovina.
Algúns aspectos históricos coma o asasinato de Ferdinand (1941) por Gabrilo Princip (un dos detonantes da 1ª guerra mundial), o cambio nesa península balcánica do que era Iugoslavia ós seis países que hai hoxe...

Pero tamén o idioma, cos alfabetos Latino e o Chirilica (no que nos escribiu os nomes), as 9 estrelas brancas da bandeira, as catro principais relixións que alí conviven (Ortodoxos, Cristiáns, Hebreos e Musulmáns), a Konvertibilna (moeda, diñeiro)... E algunhas datas sinaladas coma o "equivalente" ó noso Nadal que eles celebran o 7 de xaneiro ou as imaxes dalgúns deportistas que si nos resultan coñecidos (Zlatan Ibrahimovic, Dzeko...); e bailes, comidas típicas e imaxes dun país que nos sorprendeu. Moitísimas grazas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario