15/1/18

2018: Ana María Victoria Moreno, a muller de conto

Ana María Victoria Moreno, Día das Letras Galegas 2018 | Fonte: Europa Press

Real Academia Galega (RAG) deu por iniciado o 'Ano Ana María Victoria Moreno', autora que protagoniza en 2018 o Día das Letras Galegas. O sitio web da Academia xa dedica parte do seu espazo a difundir o legado desta pontevedresa de adopción, nada en Cáceres e "galega de elección".

As académicas Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey indagan na vida da autora cunha biografía que pode consultarse xa no sitio web da Real Academia Galega. Empeza-o-ano-maria-victoria-moreno

Ana María Victoria Moreno, filla dunha malagueña e un toledano e nada de forma circunstancial en Cáceres, viviu boa parte da súa vida na Cidade do Lérez, onde se estableceu logo de aprobar as oposicións a mestra en 1965 despois de impartir clase durante un par de anos no Instituto Masculino de Lugo.
As académicas indagan sobre a vida e obra da escritora falecida en 2005, unha das pioneiras na narración en galego para o público infantil e xuvenil, xénero ao que axudou a situar "nun lugar digno" a través da posta en valor da lingua e un gran desenvolvemento dos personaxes.
"Toda a súa vida é un exemplo de compromiso coa causa da lingua galega e da xustiza social", resaltan as autoras da biografía, na que corrixen unha confusión acerca da data de nacemento de María Victoria difundida pola propia escritora.
Será Pontevedra o lugar escollido para os actos centrais da homenaxe a María Victoria Moreno o próximo 17 de maio, día no que o Teatro Principal acollerá o tradicional acto académico que porá o broche a un programa que, semanas antes, lembrará á autora no 'Salón do Libro Infantil e Xuvenil' baixo o lema 'Mulleres de Conto'.

No hay comentarios:

Publicar un comentario