20/4/18

Solidariedade e cooperación entre xeracións

Hoxe tivemos unha sesión moi especial coa xente maior do Centro de Día de Xinzo (María, Segio, Raúl, Ángel, Demetrio e Pura) que viñeron con Carmen e Alba a facer con nós uns xogos cooperativos. Moitísimas grazas! 

Adiantámonos así á celebración o vindeiro día 29 de abril do Día Europeo da Solidariedade e cooperación entre xeracións. As relacións interxeracionais son aquelas que se producen entre persoas de distintas xeracións.

A convivencia, a solidariedade ou a cooperación entre xeracións consegue mellorar a calidade de vida dos implicados. E consígueo porque transmite valores, tradicións, cultura, aprendizaxes... 

Celebrar este día é unha forma de sensibilizar e dar impulso ás relacións interxeracionais como factor potenciador dunha maneira de facerse maior dunha maneira activa e positiva.
Unha iniciativa que pretende animar á sociedade a reformularse o concepto de solidariedade interxeracional; a ensalzar as oportunidades que ofrece á hora de promover a cooperación mutua e a interacción xeracional entre nen@s e maiores para compartir habilidades, valores e experiencias.

Para a Organización Mundial da Saúde (OMS), a clave do envellecemento activo consiste en poder seguir exercendo un papel activo na vida, optando por participar e contribuír. A solidaridade, dar e recibir de maneira recíproca entre individuos, así como entre xeracións, é un dos principios para envellecer activamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario