16/11/17

Exposición na Biblioteca para valorizarmos os recursos ornitolóxicos galegos








O CEIDA -Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociales, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido. É froito dun convenio de colaboración entre a  Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio   da Xunta de Galicia, a  Universidade da Coruña   e o  Concello de Oleiros   para coordinar, dinamizar e promover a Educación Ambiental en Galicia.





As exposicións itinerantes son ferramentas de divulgación que permiten ao CEIDA traspasar os muros da súa sede e chegar a toda a cidadanía galega, co fin de fomentar entre ela a importancia de loitar contra o cambio climático ou de axudar na conservación do patrimonio natural e cultural. Na actualidade, conta cun total de 11 mostras que cede en préstamo a todas aquelas institucións, centros educativos, concellos, asociacións ou colectivos interesados e que dispoñan dun espazo habilitado para a súa exhibición. 
Un curso máis traemos para o noso Centro algunha exposición; neste primeiro trimestre xa está agardándote na biblioteca a primeira delas: Aves de Galicia. Para o segundo trimestre temos outra solicitada e concedida coa temática do cambio climático.

Aves de galicia
  • Son 14 paneis de 100 cm de ancho x 200 cm de alto.

A través desta exposición terás a posibilidade de coñecer as diferentes especies de aves que podes atopar en Galicia e os diferentes tipos de hábitats da avifauna da nosa comunidade. A mostra pretende tamén valorizar os recursos ornitolóxicos galegos e promover o gusto pola observación das aves, así como diversos consellos para aficionarse ao seu estudo e espertar unha actitude positiva. Os visitantes realizarán unha primeira aproximación ás aves de Galicia para un mellor coñecemento, aprecio e conservación das mesmas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario