Os amantes do Circo do Sol teñen unha nova cita para gozar dalgún dos seus espectáculos sen saír de casa e facer un pouco máis levadíos estes días de confinamento pola pandemia do coronavirus.
Cirque du Soleil Entertainment Group, que a semana pasada lanzaba un novo espazo web de contido dixital chamado CirqueConnet, brinda a posibilidade de poder contemplar un novo especial de 60 minutos con números de Amaluna, desde ángulos nunca antes vistos, e material videografico exclusivo dos espectáculos Volta e Bazzar.
Para iso só fai falta entrar en https://www.cirquedusoleil.com/cirqueconnect este venres 3 de abril ás 21:00 hora española.
No hay comentarios:
Publicar un comentario