Grazas, grazas e un cento de grazas... a todas ás nosas familias que forman esta gran comunidade escolar do CEIP Rosalía de Castro!
Grazas por acompañar ás vos@s fill@s despois de un día longo de traballo...
Por ser pacientes e estar sempre dispost@s a dedicarlle horas e horas neste tempo de quedar na casa...
Por ser mestr@s, supervisando o traballo que realizan nese espírito incansable de querer aprender...
Por descubrir novas/vellas maneiras de relacionarse con esa "tropa menuda (ou menuda tropa!)" que anda por casa e que agora reclama toda a vosa atención ...
Por ser actores, músicos, pintores, ... para que el@s gocen manipulando todos eses materiais cos que fan voar a súa imaxinación ...
Por coidar dos vosos... grandes e pequenos... e por coidarvos vós!
Por resistir!
Este aporte que aquí facemos, feito con cachiños de todos vós, quere ser ese grande aplauso que todos os días ás oito da tarde, todo o claustro do profesorado e persoal non docente do noso cole quere dedicarvos: ás nosas familias, .... grandes e pequenos, porque sabemos que pronto chegarán apertas, bicos, encontros e que todo este tempo ... quedará atrás e todos e todas teremos conciencia do que realmente é importante: a xente que nos quere ... Grazas, grazas e un cento de grazas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario