22/12/18

Nadal, panxoliñas, cine, aguinaldo...

Na despedida deste primeiro trimestre do curso e co Nadal como telón de fondo velaquí algunhas estampas destes días. Alumnado que foi ó cine, panxoliñas polas aulas e grupos que saímos polo pobo a pedir o aguinaldo: na Residencia Santa Mariña, no Centro de Día, na Praza maior, na Praza Carlos Casares... pero tamén nalgunha tenda (Cálzate, Noitebela) e nos locais do CDR O Viso, na rúa ladeira.

19/12/18

O boletín da biblioteca.


Ti tamén contas. 5º de primaria



Ti tamén contas 19 dec.2018
 Esta vez tocoulle ó alumnado de 5º de primaria. E foi Mercedes, coa axuda da súa filla Blanca, as que posibilitaron que esta xornada se desenvolvera. Ademais dos contos, cunha das aulas, máis participativa, tiveron un longo diálogo sobre os contidos abordados. Parabéns pola paticipación e moitísimas grazas, unha vez máis, ás familias que fan isto posible. 

15/12/18

Torneo escolar de Xadrez

Os beneficios de xogar ao Xadrez : 
1.- Eleva o coeficiente intelectual
2.- Exercita ambos hemisferios cerebrais.
3.- Mellora a creatividade.
4.- Potencia a memoria.
5.- Axuda a resolver problemas.
6.- Facilita a concentración....
Por toso esto, dende a ANPA, presentamos....


Irimia: Ler para camiñar

Ler para camiñar

 Unha biblioteca é como a cova de Alí Babá, chea de tesouros, pero sen ladróns. Coa chegada do bo tempo, algúns deciden viaxar, outros abren un libro para ir máis aló de Lanzarote, dos fiordos noruegueses, de Cancún.Ler para camiñar
Atento ás novidades, descobres xoias. Cae nas túas mans a novela Ya nadie llora por mí deste Sergio Ramírez, que vén de denunciar a tiranía do exguerrilleiro exsandinista Daniel Ortega. Tiras das cereixas do cesto e sae El final del desconcierto, de Antón Costa, que sabe economía e como explicala. Colles Todo é silencio de Manuel Rivas e les todo de quen escribe tan ben. Como o último Contra todo isto. Un manifesto rebelde. A este tipo habería que lle dedicar dous días das Letras Galegas, un agora, vivo.
A biblioteca da túa cidade non é a de Alexandría. Nin a excesiva da Cidade da Cultura: concibida para un millón de exemplares, colecciona as Obras Completas do Po e do Espazo Asoballado. Tampouco é a de Heidelberg, cidade de estatura similar a Lugo ou Ourense, pero con 2,5 millóns de libros, a biblioteca é o embigo da universidade.
Volvemos á Cova de Alí Babá. Outro día atopas este historiador xudeo, o de Sapiens e Homo Deus, Yuval Harari. Les os dous. Cae nas túas mans Hypatia, de Pedro Gálvez e devoras Nerón, diario de un emperador. Desde o expositor reclama a atención Después de la crisis de Alain Touraine. Ou La sociedad de la ignorancia, de Marina Subirachs. E como ler é gozar, les La transparencia del tiempo do cubano Leonardo Padura. Hai libros que, como os melóns, non os descobres ata que os catas. Daquela segues os consellos de Daniel Pennac, ‘os dereitos imprescriptibles do lector’. Ler o que me pete, reler, dereito a saltar páxinas, a volver cara a atrás, a deixar de ler. En definitiva, dereito a viaxar.
A última viaxe con Agustín Fernández Paz foi engaiolante. En tan boa compaña les  Non hai noite tan longa deste escritor admirable. A trama tira de ti. Queres chegar ao final, pero enfada ir tan rápido. Tentas frear, degustar a trama. Coñeces polo nome e polo rostro os personaxes. Este Agustín escribía así de ben. Sabes que foi un tipo sinxelo, novelista de valía, tan coherente que tivo a ousadía de rexeitar, despois de agradecer, o Premio da Cultura Galega considerando que os responsables actuais non defenden a galeguidade desa cultura. Home bo e xeneroso, cargado de dignidade, puntal da nosa literatura. Este creador sensible e comprometido, con xens literarios da Terra Chá, ten unha obra fermosa que cómpre degustar. Hai que ler a Agustín Fernández Paz. Non hai noite tan longa. Un apaixonante compañeiro de viaxe.
Juan Antonio Pinto Antón

10/12/18

Plan de Robótica. Formación

Comezamos a formación para o Plan de Robótica implatado este curso no noso centro. Da man de Alejandro González, asesor AMTEGA da Conselleria de Educación, introducímonos no mundo da programación dos nosos Mbots. Desta volta acompañáronos as compañeiras e compañeiros do CEIP dos Blancos e do CEIP de Baltar. Biblioteca  Escolar, espazo de formación permanente.



Campionato comarcal Campo a Través

Xa levamos celebradas dúas xornadas de campo a través, a primeira delas clasificatoria o pasado día 15 de novembro e a final comarcal do día 5 de decembro.
As sensacións neste tipo de actividades sempre son moi positivas, favorecendo boas actitudes cara a actividade física, cara os compañeiros e reunindo a gran número de deportistas pertencentes neste caso ao CEIP Carlos Cid Arregui, CEIP de Sarreaus, CEIP dos Blancos, CEIP de Vilar de Barrio, CEIP Carlos Casares e o CEIP Rosalía de Castro.
Aquí deixamos unha mostra do acontecido esperando poder repetilo o vindeiro ano.

4/12/18

Fetén, Fetén... A Molinera e a pista de xeo.

O alumnado de 3º e 4º de primaria fomos nesta xornada "primaveral" de decembro a Ourense. Primeiro tiñamos unha actividade no Auditorio de Afundación, Obra social Abanca. 
Un parella de artistas burgaleses sorprendéronnos moi gratamente. Foi un "divertido concerto didáctico", da man de Diego Galaz e Jorge Arribas, nomeados músicos internacionais; lograron que o público emprendera unha marabillosa viaxe a través dos diferentes ritmos e melodías da música popular española. 
Transmitíronnos valores sobre a reutilización, a pobreza, a imaxinación e a importancia de coñecer as nosas tradicións, usando algúns dos instrumentos máis incribles da historia da música coma o violín trompeta, a serra musical, a á de voitre, o theremin ou a frauta cadeira de camping. Pero co que máis alucinamos foi co instrumento que se toca sen tocalo. 
Aquí vos deixamos un enlace para que vos fagades unha idea do grand traballo destes excepcionales artistas. 
E despois de tomar o sobrealmorzo dividímonos e uns foron á Molinera e outros a patinar nunha pista de xeo á beira do río Miño. Un día que nos agasallou cunha moi boa temperatura e cunha luminosidade que nos posibilitou gozar do singular colorido deste outono.

2/12/18

Decembro: datas voz natura

3 Día mundial do non uso de praguicidas
5 Día mundial do solo
10 Día dos dereitos humanos
11 Día mundial das montañas
15 Créase o PNUMA, o programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente, en 1972.
20 Día internacional da solidariedade 

3 de decembro: día mundial do non uso de plaguicidas



Esta conmemoración foi establecida en 1989 polas 400 organizacións membros de PAN (Pesticide Action Network) en 60 países.

A data lembra a catástrofe ocurrida en Bhopal (India) en 1984, cando 3.500 persoas morreron e outras 10.000 quedaron afectadas por un escape dun gas tóxico empregado na elaboración dun plaguicida da Corporación Unión Carbide. 

Esta efeméride quere chamar a atención e sensibilizar á cidadanía sobre as implicacións do uso de agroquímicos na agricultura mundial. 

Os organizadores defenden que estos axentes desequilibran os ecosistemas, contaminan, deterioran o medioambiente e, incluso, acarrean graves problemas de saúde entre os humanos.

Información. Blog  voz natura

28/11/18

Metodoloxía TEACCH

Esta semana tivemos a primeira das tres xornadas de formación que imos dedicar a esta temática.
O obxectivo principal desta metodoloxía é xerar autonomía nas persoas con TEA (transtorno do espectro de autismo). 
Moito que aprender. Seguimos neste apaixoante camiño.
Grazas ás persoas que organizan e a tod@s os que participan; despois da xornada de traballo houbo xente que se desprazou desde Ourense, Ribadavia, A Merca, Allariz... para estar aquí ata máis das 20.30h.
E Yolanda que veu desde Vilagarcía de Arousa.
Unha sorte atopar xente así. Velaquí un enlace para coñecer algo do que fai esta xente: www.autismobata.com


A biblioteca, espazo de formación permanente

26/11/18

Todos os días 25 N

Velaquí as mans de todas e todos (infantil e primaria) contra a violencia de xénero, contra a lacra machista... Contribuíndo a facer un mundo máis xusto e fraternal.
Ademais achegamos un agasallo espectacular: o alumnado de 5 anos B cantando e signando (LSE - lingua de signos española) a canción que escollemos para esta conmemoración. Parabéns artistas! 


http://www.kizoa.es/Ceip Rosalía de Castro. Todos os días 25 nov

24/11/18

O Fortnite

  SOS: mi hijo está enganchado al Fortnite

El objetivo del juego es matar a los 99 adversarios y sobrevivir - El abuso genera consecuencias físicas y cambios de ánimo.



23/11/18

Celsa e Jorge en "Ti tamén contas"

Graciñas hoxe a Celsa e Jorge (nai e fillo) que nos agasallaron coa lectura de tres historias ó alumnado de 4º de primaria na biblioteca, durante a hora de lectura.



21/11/18

Día Mundial dos Bosques Autóctonos

O 23 de novembro celébrase o Día Mundial dos Bosques Autóctonos. Pola importancia que teñen no equilibrio da Terra.
 "Os bosques autóctonos galegos constitúen o principal atractivo do país grazas á gran variedade e biodiversidade das especies que os forman".

www.prensaescuela.es (a voz da escola, 21 de nov.)





20/11/18

Hoxe a mestra foi Irena Stanisic

No Día Universal dos Dereitos da Infancia, neste 20 de novembro, nós contamos no Centro coa presenza de Irena. Ela leva na Limia 9 meses, no Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso" a través do Servizo de Voluntariado Europeo. Estivo unha sesión co alumnado de 4º A para achegarnos moitas informacións do seu país: Bosnia y Herzegovina.
Algúns aspectos históricos coma o asasinato de Ferdinand (1941) por Gabrilo Princip (un dos detonantes da 1ª guerra mundial), o cambio nesa península balcánica do que era Iugoslavia ós seis países que hai hoxe...

Pero tamén o idioma, cos alfabetos Latino e o Chirilica (no que nos escribiu os nomes), as 9 estrelas brancas da bandeira, as catro principais relixións que alí conviven (Ortodoxos, Cristiáns, Hebreos e Musulmáns), a Konvertibilna (moeda, diñeiro)... E algunhas datas sinaladas coma o "equivalente" ó noso Nadal que eles celebran o 7 de xaneiro ou as imaxes dalgúns deportistas que si nos resultan coñecidos (Zlatan Ibrahimovic, Dzeko...); e bailes, comidas típicas e imaxes dun país que nos sorprendeu. Moitísimas grazas!

17/11/18

Día Internacional da Tolerancia

Este pasado venres, día 16 de novembro celebrouse o Día Internacional da Tolerancia e o noso Centro participou, a petición do Campus de Ourense (Universidade de Vigo) no Máster: Interculturalidade en contextos escolares. Achegamos a nosa visión sobre esta temática e ó tempo a que nos fixeron chegar o alumnado, profesorado e familias a partires duns cuestionarios que se repartiron entre case toda a comunidade educativa. Moitísimas grazas pola colaboracion.  Facelas extensivas ó Centro de Desenvolvemento Rural O Viso que tamén colaborou neste pequeno traballo a través do grupo LIMUHE e as súas educadoras ( Graciñas Lucía, graciñas Saray).

 

O interculturalismo en contextos escolares. No día internacional da Tolereancia. Ourense 16.11.2018

Eva e Samuel en "Ti tamén contas"

O venres foron Eva e Samuel os artífices desta actividade coa que gozou o alumnado de 3º de primaria. Moitas grazas!!!


14/11/18

Magostos

Celebramos o magosto. O alumnado de Ed. Infantil e 1º, 2º, 3º de primaria como ides poder ver nas imaxes que poñemos a continuación: xogos, día espectacular e diversión.


http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d230943592kP835468290o2l1/magosto-2018


O alumnado de 4º, 5º e 6º saíron a facelo fóra; velaquí o enlace para saber onde foron e como o celebraron.

http://www.cdroviso.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=shownews&idn=2860&V_idmod=62&id=2860

13/11/18

Preparación da Andaina de Couso a Lodoselo

Mércores 14 de novembro. Agardamos polo bo tempo e si, por fin, mañá celebraremos o Magosto. Os de Infantil e os de Primaria (1º, 2º e 3º) no cole con xogos e xantar con castañas no patio... Os de 4º, 5º e 6º facemos unha nova andaina; tocou Faramontaos un ano, Trandeiras outro e este ano facemos a de Couso ata Lodoselo.


Preparación andaina Couso a Lodoselo
E despois destes dous días de sol esta tarde poidemos comprobar como están os camiños que hai uns días andaban cheos de auga... Así que no canto de ir por Freande imos facer a baixada por Freixo. Estas son as estampas que hoxe, sen ninguén, co río Limia á dereita tanto me gustaron. Mañá co alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria faremos este percorrido; o punto de partida será Couso (que visitaremos) e despois cara baixa; ademais de cruzar Freixo e falar coa vecindade (xa están avisados) agardamos que ó chegar a Lodoselo nos teñan os xogo populares e  tradicionais preparados; e que a xente da vivenda comunitaria, do centro de inclusión, do pobo, pase con nós un anaquiño da súa xornada. Grazas ao persoal do CDR "O Viso" pola colaboración. Xa nos agardan coa porta aberta. A continuación toca debullar as castañas e acompañalas con algo máis. Agardamos que todo vaia ben.

PRIMEIRAS EXPERIENCIAS CO ESCORNABOT

Agora que temos montada a nosa EscornaRá vai sendo hora de probala.
Desde logo foi algo moi emocionante e divertido e os nenos están desexando probar novas actividades. 
Para empezar, tivemos que aprender a usar as teclas da EscornaRá. Son moi sinxelas:adiante, atrás, dereita, esquerda e inicio. Aquí podedes ver, como o fixemos:




A continuación o que fixemos no papel, practicámolo coa EscornaRá:





MATERIAIS "PROGRAMANDO ESCORNABOT"


  Despois de todo isto, creamos un novo taboleiro. Empregamos as fotos das portas, que foron decoradas no Samaín.





E aquí ides ver, como xogamos:


E seguimos xogando:






MATERIAIS "SAMAÍN"

12/11/18

Tania e Laura con Hansel e Gretel

http://www.kizoa.es/ti-tamén-contas-12-nov-2018
Outro día que contamos na biblioteca cunha parella "especial": Tania e Laura, nai e filla, para contarlle un contiño moi saboroso ó alumnado de infantil de 5 e de 3 anos: A casiña de chocolate!!!
Moitísimas grazas!!!

8/11/18

Ler, ler, ler,
vivir a vida que outros soñaron.
                                                                                        
Miguel de Unamuno

Gif de 1º de primaria

Publicamos aquí este gif que nos enviaron de 1º de primaria:
 é o seu día na biblioteca


Ti tamén contas

Nesta xornada tivemos a dúas nais, Eva e Marian, que participaron desta actividade que facemos e que tanto nos gusta: que algúns membros das familias veñan a lerlle, contarlle contos ós nen@s. Que as familias forman parte da comunidade educativa é algo evidente; que desde o Ceip ofrezamos espazos de colaboración e que a resposta sexa positiva é alentador. 
"Fai falla o pobo enteiro para educar un neno"  é un dito africano que temos esquecido nas sociedades "máis desenvolvidas?" e que se ten retomado ultimamente porque realmente ademais da escola e a familia a comunidade é o terceiro axente cun papel claro.
Hoxe tocoulle ó alumnado de infantil de 4 anos e ós de 1º e 2º de primaria. Na vindeira semana xa hai outros grupos agardando que chegue o día... Moitísimas grazas por esta xenerosa colaboración






7/11/18

Montaxe do escornabot

Desde este curso participamos no proxecto de Bibliotecas Creativas, chamado anteriormente Escornabots na biblioteca escolar.

A intención é crear un espazo de experimentación e creación de recursos no ámbito da robótica e na linguaxe da programación. Para elo, dotóusenos con 4 escornabots que tivemos que montar.

Neste titorial vedes os pasos a seguir.



         

6/11/18

Participaremos nas IX Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia: 9/10 de novembro en Compostela

Os días 9 e 10 de novembro celebraranse en Compostela (Palacio de Congresos) as IX Xornadas de Bibliotecas escolares de Galicia, a gran cita anual do profesorado interesado en temas relacionados coa lectura, os alfabetismos múltiples, as bibliotecas escolares e a educación, en definitiva. Estas xornadas están abertas a todo o profesorado e contan cun programa extenso no que se contemplan conferencias, presentación de boas prácticas nos distintos ámbitos do amplo mundo das bibliotecas escolares, mesas de debate e, como en anteriores ocasións, unha sesión denominada "A fume de carozo", para a comunicación de dez actividades moi concretas levadas a cabo en bibliotecas de centros educativos galegos, seleccionadas entre as candidaturas presentadas a tal efecto. 
Haberá espazo para a ciencia, a poesía, as culturas urbanas, a lectura crítica da imaxe, as bibliotecas e as súas transformacións; as belas artes, a tradición oral e a música; a investigación sobre lectura, tecnoloxía aplicada a materiais textiles, alfabetización transmedia ou hábitos de lectura. Pero sobre todo, daranse a coñecer experiencias de calidade contrastada no desenvolvemento de bibliotecas escolares galegas como "centros creativos de aprendizaxe" e tamén experiencias concretas sobre formación lectora, voluntariado, "radio na biblio", biblioteca inclusiva e exemplos prácticos de desenvolvemento curricular a través de metodoloxías activas e de proxectos, vinculados á biblioteca escolar.  Será, tamén, ocasión para o encontro entre o profesorado deste amplo colectivo de docentes que poñen en pé as bibliotecas escolares galegas, o reforzo de vínculos persoais e profesionais e, con toda seguridade, o comezo de novas colaboracións para o presente curso. 
Alí estaremos.
                      Programa Bibliotecas. pdf
                                                            http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/

5/11/18

Novembro: datas sinaladas

http://www.voznatura.com/


6 : Día para  a prevención da explotación do medio ambiente nas guerras
10: Día mundial da ciencia para a paz e o desenvolvemento
16: Día internacional do Patrimonio Mundial
20: Día internacional dos dereitos do nen@
24: Darwin publica A orixe das especies, en 1859
30: Día mundial sen compras

4/11/18

Ver para aprender

Difundimos a campaña ver para aprender Ver para aprender

Que é Ver para Aprender?
Unha campaña dirixida aos nenos (6-12 anos) para evitar o fracaso escolar debido a un problema visual non detectado. Un test visual sen cargo, ata o 10 de xaneiro de 2019, en máis de 1.400 centros ópticos voluntarios en toda España. Localiza a túa óptica máis próxima (Mapa de ópticas) e pide cita.


30/10/18

Samaín

Mal imos se pensamos que o Samaín son noites de zombies e terror, disfraces e cabazas mercadas nun supermercado calquera. 
Mal imos se traducimos o Halloween o galego e quedamos tan agusto. 
Mal imos se neste tempo non nos lembramos dos nosos defuntos, se non miramos como a terra se vai apagando e dándonos os últimos tesouros. 

Mal imos se, unha vez máis, como adoitamos facer con todo, nos quedamos no envase e esquecemos preguntarlle a avòs e avoas que é iso da noite de defuntos e por que ferven os cemiterios de xentes e coidados. A colonizaciòn é imparable, pero nós temos algo moi propio e moi potente que vivimos dun xeito único!
Samaín ou Defuntos, o importante e resistir.   
                                                                               Texto de Lucia Novoa Xhjogha.    27 de Outubro de 2016





http://sabersabor.es/galicia-cedeira-y-el-samain-la-noche-celta-de-los-difuntos/

https://sadaendigital.wordpress.com/la-celebracion-del-samhain-samain-en-la-cultura-gallega/

Presentación da nosa escornaRá



 Primeiros pasos: biblioteca creativa. Escornabot / Robótica... EscornaRá


25/10/18

Saída a Pena: outono, bicis, cogumelos...

Hoxe o alumnado de 3º e 4º de primaria tivemos unha xornada especial. Aproveitamos o espectacular día (sol, boa temperatura...) para achegarnos, algúns en bici e outros en autobús, ata Pena. Coma o curso pasado, alí tiñamos agardándonos a Manolo Conde (moitísimas grazas!) para aprendernos unha manchea de cousas: no pobo (forno), no Castelo da Portela (cercas...),  no prado de Dona Inés (de Castro???)  nas touzas cos cogumelos... 
Acompañáronnos para facilitarnos que todo fose sobre rodas a policía local de Xinzo e os de Protección Civil; tamén Pepe (BTT Nocelo). Graciñas a todos. Tamén ós veciñ@s de Pena.
Pero mellor que gocedes das imaxes e imaxinedes, véndoas, e co que vos suxiren cómo nos foi nesta aventura. Parabéns a tod@s; seguiremos promovendo saídas á nosa contorna co obxectivo de valorar o noso territorio, o noso patrimonio e aprendermos a aprecialo, coidalo.

23/10/18

Día da Biblioteca: 24 de Outubro

                                                  

Desde 1997 a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil promove esta celebración en recordo do incendio da Biblioteca de Saraxevo durante o conflito dos Balcáns en 1992.
 Tras este brutal ataque, o médico e historiador croata Mirko D. Grmek acuñou o termo memoricidio para definir a destrución da memoria e o tesouro cultural do “outro”, do adversario, do inimigo.
Bibliotecas públicas, privadas, universitarias, especializadas, escolares, nacionais, móbiles…Todas elas albergan grandes tesouros, e destruílas ou non protexelas, que vén a ser o mesmo, é un memoricidio a pequena ou gran escala.
 Por fortuna, para moita xente o Día da Biblioteca segue sendo todos os días do ano. Así que, celebrémolo hoxe e mañá, e a semana que vén e a outra.
Que a festa bibliotecaria non pare!
Pasa pola biblioteca, hoxe día 24 de Outubro. Esperámoste con algo especial!!!


                                        
Con motivo da celebración deste día velaquí as propostas que nos achegan de
http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanpaio/node/1955 
  1. Inspirado na charla que nas últimas xornadas do PLAMBE impartiu Carme Fenoll, un alfabeto da biblioteca:
http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanpaio/node/1954


e tamén unhas mínimas suxestións para celebrar lendo este día: brevísima escolma de escritor@s biblioferid@s:
http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanpaio/node/1955