3/7/23

Chegou o gran Festival!

"No verán as mans do vento moven invisibles fíos no aire, que unen as ondas, os cabelos e os pensamentos."

Fabrizio Caramagna (Turín, 1969. Segundo el mesmo se define: "Escritor e investigador de maravillas)

Chegou o remate do curso e recuperamos un dos eventos que máis "tirón" ten entre toda a nosa Comunidade Educativa, o Festival Fin de Curso.

Moitas horas de ensaio e preparación por parte do alumnado e do profesorado do centro, non podían ter outro resultado final que este marabilloso momento de encontro entre tod@s @s que formamos o CEIP Rosalía de Castro.

Dende aquí temos de dar todos os parabéns ás persoas que fixeron posible este Festival  e agradecer todos os esforzos que levaron a cabo por organizar e facer realidade estes momentos inesquecibles para tod@s nós.

Tedes aquí un pequeno video cos algúns dos instantes máis destacables desa mañá e ao final, deixámovos un enlace á lista de reproducción onde podedes ver vídeos das actuacións)

Vídeos do Festival por cursos

E non nos queda máis que desexar a tod@s @s rosalian@s un bo verán.... Vémonos en setembro!!