20/12/12

O NADAL EN XINZO

Papacontos quere compartir con vós esta guía de actividades coas que ocupar o voso tempo de lecer neste Nadal 2012 e Aninovo 2013. Disfrutade do voso tempo de lecer! Boas vacacións a todos e todas! Tamén podedes consultar a programación  na seguinte ligazón. Premede na imaxe :




19/12/12

POLO NADAL...AGASALLA UN LIBRO

Vimos de publicar o 5º boletín de Nadal, no que elaboramos unha lista con recomendacións lectoras por ciclos, propoñemos algunhas suxerencias para facer cos máis pequenos neste Nadal que está a comenzar e contamos algunhas das actividades realizadas polos nosos alumnos ao longo do primeiro trimestre e algunhas das que imos facer a partir de xaneiro.

CHARLA DO GRUPO ECOLOXISTA MEL

Comezamos coas actividades do noso PDI anual "A agua na Limia".
Fai uns días estiveron con nós dous membros do grupo ecoloxista "MEL" (Movemento Ecoloxista da Limia). Impartiron unha charla ao alumnado de 5º sobre "O entorno natural da zona la Lagoa de Antela". Este grupo de alumnos/as tivo a oportunidade de profundizar no coñecemento do seu entorno a través de fotografías de distintas épocas nas que se reflectía o cambio producido dende a desecación da Lagoa ata a actualidade. Ante a imposibilidade de facer un traballo de campo por mor das inclemencias do tempo, fixemos unha análise das augas do río Limia no noso centro referente ao seu PH, turbidez e cantidade de osíxeno . Procuraremos, cando o tempo o permita, facer a análise no propio río.
Todo o alumnado participante foi agasallado cunha camiseta de voluntariado. Deixáronnos carteis explicativos sobre o entorno da Limia. 
 A AUGA NA LIMIA on PhotoPeach

17/12/12

5/12/12

RECITANDO A CELSO EMILIO... DÍA DOCE DO DOCE DO DOUS MIL DOCE ÁS DOCE


Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) propóñennos renderlle unha homenaxe pública cun acto colectivo de recitado público do poema "Deitado fronte ao mar" (Longa noite de pedra, 1962). O CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, o día 12 do 12 do 2012 ás 12, súmase a esta iniciativa. 


Deitado frente ao mar I from edu plastica on Vimeo.

4/12/12

INTERESANTE REVISTA PARA FAMILIAS: "OLLOS DE AULA"





A coordinadora galega de Equipos de Normalización e Dinamización lingüística ven de publicar unha interesante revista informativa para as familias do alumnado"Ollos de aula". Deixámosvos as ligazóns das tres primeiras publicacións e un enlace permanente ás que vaian aparecendo. Podedes acceder a elas premendo nas imaxes.

20/11/12

PARA O NADAL

Para que vaiades preparando esta canción no voso tempo de lecer...



9/11/12

OS CONXUROS DO SAMAÍN

Na seguinte presentación tendes unha exposición dos vosos traballos para o concurso de "conxuros do SAMAÍN".

OS CONXUROS DO SAMAÍN on PhotoPeach OS CONXUROS DO SAMAÍN on PhotoPeach

6/11/12

RECURSOS PARA TRABALLAR O MAGOSTO

Dende o CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos comparten unha chea de recursos para traballar esta festa tan nosa: receitas, libros, unidades didácticas, cancións, refráns, actividades JCLIC... Preme na castaña para poder visualizalas.


Os compañeiros e compañeiras que fan posible o blogue do Outeiro de Matilda do CEIP Outeiro das Penas, en Cesantes, achégannos tamén tradicións, ilustracións, actividades LIM, reportaxes... para traballar esta data. Para velas, preme na imaxe da castañeira.




Non esquezades que o vindeiro venres, 16 de novembro, temos preparadas moitas actividades no colexio para conmemorar o magosto, ademais dun bo xantar.

SESIÓNS DE CONTACONTOS POLO SAMAÍN

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Picture slideshow personalized with Smilebox

5/11/12

A PROCURA DO COCIÑEIRO OU COCIÑEIRA DO SAMAÍN

Lembrades o concurso de "receitas monstruosas" que fixemos durante a semana do Samaín? Na seguinte presentación tendes algunhas das fotos coas larpeiradas que despois poidemos degustar todos os nenos, nenas e mestres/as da escola. Certamente aterradoras!!!


 YUMMY! YUMMY! on PhotoPeach

28/10/12

Samaín, 2012

AVISO IMPORTANTE:
Papacontos invita a todos os nenos e nenas do colexio Rosalía de Castro, durante a vindeira semana, a vir á biblioteca durante os recreos, para celebrar a semana máis terrorífica e monstruosa que poidades imaxinar...Serán tres días arrepiantes!!!

18/10/12

24 de Outubro, día das Bibliotecas Escolares

Aquí tendes a carta que enviou a vosa amiga Papacontos aos vosos mestres e mestras coas instruccións a seguir para conmemorar o vindeiro mércores, 24 de Outubro, día internacional das Bibliotecas Escolares. Animádevos a participar nesta aventura!



Open publication - Free publishing - More carta

Mirade esta preciosa curta, gañadora dos Oscar, 2012, e veredes o valor que pode ter un libro...

17/10/12

A TERRORÍFICA SEMANA DO SAMAÍN

Na última semana do mes de Outubro, o "Rosalía" convertirase nun pasadizo do medo. Para ir quentando motores, os Equipos de Dinamización convocan dous concursos, un literario e outro de cociña. Aquí tendes as bases para poder presentarvos. Lembrade que o prazo do primeiro concurso remata o 29 de Outubro e o das receitas de cociña o 30.

6/10/12

BENVIDA

 BENVIDAS e BENVIDOS á ... BIBLIOCHARCA!!! Dende o 1 de Outubro, as portas da biblioteca están abertas para tod@s neste novo curso escolar! Comezamos as actividades da biblioteca: selección e formación de axudantes para este curso, empréstitos, mochilas viaxeiras, entrega de carnés aos novos/as alumnos e profes...
Lembrade que o vindeiro 24 de Outubro, celebramos o día internacional das Bibliotecas escolares, cun agasallo que xa vos iremos contando. Coma sempre, esperamos que a biblioteca sexa un dos vosos lugares favoritos e que os libros continúen a ser os vosos mellores amigos.
 Ah! Non esquezades escribir suxestións a Papacontos no buzón que atoparedes á entrada da biblioteca.


5/7/12

PROMOCIÓN 2003-2012 FESTA DE GRADUACIÓN

graduación de primaria promoción 2003-2012 on PhotoPeach

31/5/12

INACIO, AUTOR DE FÁBULA GALÉNICA, VISITA O ROSALÍA DE CASTRO EN XINZO

Onte visitounos Inacio Vilariño, o autor lalinense de "Fábula galénica", obra gañadora do  VIII premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques no 2010, modalidade infantil, e gañador tamén no 2009 do VII Premio Barriga Verde de Textos para teatro de monicreques na modalidade de adultos coa obra Auga que non vas beber... Presentounos "Fábula galénica" obra na que homenaxea as narracións tradicionais, as radios de galena e a ciencia farmacéutica. Deixámosvos unha pequena presentación do seu paso pola nosa escola.


INACIO VILARIÑO VISITA A NOSA ESCOLA on PhotoPeach

27/5/12

ANTÍA CAL

 
Conmóveme falar dela e falar con ela, unha muller que nestes últimos meses aparece en moitos medios de comunicación, e que tivemos ocasión de escoitala na inauguración da nosa biblioteca xa fai tres anos nunha escola da Limia que ten o mesmo nome que tiña a súa escola en Vigo. Falou con enerxía, cun brillo nos ollos, que ela sempre ten,  sobre a educación, sobre a súa escola, sobre as súas lembranzas... E dende esta escola queremos enviarlle os nosos parabéns por ese premio que vai recibir no mes de xuño en Trasalba, otorgado pola Fundación Otero Pedrayo. Hoxe a xornalista Mª Xosé Porteiro en "El País" escribiu un fermoso artigo que me fixo recordala.

24/5/12

LEMBRANDO A CASARES A TRAVÉS DOS SEUS CONTOS

LEMBRANDO A CASARES (alumn@s do CEIP Rosalía de Castro, Xinzo) on PhotoPeach

A LIMIA VISTA POR CARLOS CASARES

O escritor Carlos Casares escribiu para La Voz de Galicia dende 1992 ata 2002 na columna «Á marxe».Os nenos da nosa escola ilustraron algunhas destas columnas nas que Casares falaba da comarca limiá. Na seguinte presentación amosamos a particular visión dos nenos e nenas da escola Rosalía de Castro en Xinzo de Limia ao ler algúns dos seus escritos.


LEMBRANDO A CARLOS CASARES

Con este LIM seguimos a traballar no noso PDI deste curso e lembramos, como non, a Carlos Casares.

Os alumnos de 6º C da nosa escola prepararon unhas presentacións en power point para coñecer mellor a vida e obras deste escritor. Deixámosvos unha ligazón o seu blogue de aula para que os poidades ver.

23/5/12

18/5/12

PREMIOS CONCURSO "RECEITAS PARA A LINGUA"

Na seguinte presentación están todos os traballos premiados no concurso "Receitas para a lingua" convocado polos Equipos de Dinamización do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, tanto na modalidade plástica como na de microrrelatos. Na categoría dixital resultaron premiados os traballos de "A igrexa vella de Xinzo" de Aldara Rodríguez de 4º B e "A apócema máxica" de Ángela, Laura e Antía de 6º C. Parabéns a tod@s el@s e grazas a tod@s os participantes.


RECEITAS PARA A LINGUA PRESENTA... on PhotoPeach  

14/5/12

A APÓCEMA MÁXICA

Como adianto dos traballos presentados no concurso "Receitas para a lingua" convocado polos Equipos de Dinamización do noso cole , presentámosvos a seguinte curtametraxe que idearon tres alumnas de 6º C da nosa escola: Ángela, Laura e Antía. Nela queren lembrar cun rap ao autor homenaxeado este ano, Valentín Paz Andrade. Para elo e con moita imaxinación conseguen que unha delas, que non fala galego, consiga facelo e así poder rapear na nosa lingua nai.





Se queredes ver como foi a rodaxe, premede na seguinte presentación. Lembrar que tamén podedes velo no seu blogue de aula "A voz de 6º C"

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow personalized with Smilebox

9/5/12

VALENTÍN PAZ ANDRADE, HOME DA CULTURA GALEGA

Nas voces de Pablo Campelo e de Nerea Joga, alumn@s de 6º do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, podemos escoitar neste vídeo datos sobre a vida e obras de Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano.


22/4/12

TELEXORNAL VALENTÍN PAZ ANDRADE

As mozas e os mozos do CPI dos Dices (Rois, A Coruña) ofrécennos un informativo  que repasa a vida e a obra de Valentín Paz Andrade. 
É un documento excelente para achegarnos dende as aulas a este personaxe da cultura galega. 
Parabéns e graciñas por compartilo con todos nós.


WEBQUEST SOBRE VALENTÍN PAZ ANDRADE

Agradecemos aos nos@s compañeir@s do CEIP de Xuvencos de Boborás a WEBQUEST á que poderedes acceder premendo na seguinte ligazón ou na imaxe de abaixo.


LETRAS GALEGAS 2012

A través das seguintes actividades LIM podedes coñecer un pouco máis sobre o autor homenaxeado este ano no día das letras galegas VALENTÍN PAZ ANDRADE

18/4/12

23 de Abril, día internacional do libro e dos dereitos de autor


 
Coa celebración deste día no mundo enteiro, a UNESCO pretende fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor. O 23 de abril de 1616 morrían Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Con tal motivo a UNESCO quere render unha homenaxe ao libro e  a todos os autores, e animar, sobre todo aos xóvenes a descubrir o pracer da lectura e a respectar a contribución dos creadores ao progreso social e cultural. Dende o noso cole propoñemos a actividade "Troco de libros" Tod@s @s nen@s traerán un libro para intercambiar cos seus compañeir@s o vindeiro Luns, día 23 de Abril. Cando entreguen o seu libro, darémoslle un vale que lles permitirá conseguir outro diferente ese día.