2/4/20

2 de abril: Día mundial da concienciación sobre o autismo


EDUCACIÓN E EMPREGO PARA As PERSOAS CON AUTISMO, PRINCIPAIS REIVINDICACIÓNS DA CAMPAÑA “PODO APRENDER. PODO TRABALLAR” Un ano máis, o movemento asociativo do autismo en Galicia e en España pon en marcha, en coordinación con Autismo Europa, unha campaña de sensibilización para visibilizar a necesidade de contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas con trastorno do espectro do autismo ( TEA) e promover a súa inclusión en todos os ámbitos da sociedade. Autismo Galicia pide á cidadanía mostrar a súa solidariedade co colectivo TEA a través de dúas accións: subir a redes sociais unha foto ou vídeo facendo o xesto da campaña e iluminar a súa terraza ou balcón hoxe 2 de abril ás 21 horas. Tamén se suma á iniciativa mundial Light It Up Blue e solicita a edificios e monumentos de toda España que se iluminen de azul este 2 de abril.

No hay comentarios:

Publicar un comentario