21/5/20

"O simple aleteo dunha bolboreta pode cambiar o mundo"



A Rede Natura 2000 son un conxunto de espazos protexidos que se declararon para conservar e protexer determinadas especies e hábitats. En total, hai máis de 27.000 espazos en Europa que forman parte desta rede.
Ademais de protexer especies como o aguia imperial, o oso pardo, o lince ibérico, a faia, ou o abeto, nestes lugares tamén se integran a actividade humana e a súa interacción coa natureza.
Celébrase baixo o lema "O simple aleteo dunha bolboreta pode cambiar o mundo", unha campaña que cada ano fai un chamamento para que os cidadáns envíen unha foto facendo unha bolboreta coas mans a través da web da Rede Natura ou das redes sociais co hashtag #Natura2000 Day.

Reflexións sobre a Diversidade

No ano 2003, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas decidiu celebrar, o 21 de maio, o Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento co obxectivo de apoiar a diversidade, o diálogo, a inclusión e a cooperación entre as distintas culturas.


A diversidade é un patrimonio común que debemos recoñecer e consolidar, sobre todo se tomamos en consideración de que nos atopamos ante sociedades diversificadas que deben convivir, participar, intercambiar e garantir o pluralismo.
Respectar ó outro e a súa cultura, é respectar as liberdades e os dereitos humanos. Todos temos a posibilidade e o dereito de expresar, crear ou difundir as obras no noso idioma e participar da cultura que temos ou escollemos. Noutras palabras, todos somos parte deste mundo e debemos aceptarnos.




REFERENTES DE LECTURA: 15 Anos de LIX Galega



Recollemos nesta guía 15 anos de LIX galega unha selección dos libros que tiveron unha maior presenza nas bibliotecas escolares galegas nestes primeiros quince anos do PLAMBE, que acompañaron ao alumnado galego no seu paso pola escola e polo instituto neste período e que, finalmente, teñen o recoñecemento das lectoras e dos lectores galegos. É froito da nosa observación e da colaboración con profesorado responsable de bibliotecas escolares que quixeron contribuír coa súa escolla. Non están todos pero todos os que están son referentes de lectura e forman parte do imaxinario do lector e da lectora que foi medrando xunto coa rede de bibliotecas escolares galegas.  A dificultade de seleccionar 15 títulos, a nosa primeira intención,  levounos a un documento más amplo no que se recollen, tamén, os títulos que tiveron recoñecemento a nivel galego, a nivel estatal e a nivel internacional. 


17/5/20

18 de maio: Día Internacional dos Museos 2020. Actividades en liña do Museo Arqueolóxico


Co tema “Museos pola igualdade: diversidade e inclusión“, o Día Internacional dos Museos 2020 quere converterse nun punto de encontro para celebrar as diferentes perspectivas que constitúen as comunidades dos museos, abogando por ferramentas que permitan identificar e superar os prexuízos, non só nos obxectos que se expoñen, senon tamén nas historias que as coleccións contan.
Tralo brote da COVID-19 e as conseguintes recomendacións das autoridades sanitarias, decidimos adaptar o formato do 2020 e orientarnos ás actividades dixitais, para promover os valores do DIM e ao mesmo tempo garantir a seguridade do público e do persoal.
O vindeiro 18 de maio o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense celebrará o #DIM2020 cun programa de actividades en liña:
O Museo por dentro. Que son e que fago
Museos pola igualdade. Creando lazos
Quebracabezas interactivo con imaxes vinculadas ao museo


Preme na imaxe para ter máis información


15/5/20

17 de maio: Día das Letras.

A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.

- "Cantares Gallegos", está considerada como a obra literaria que inicia o "Rexurdimento" da literatura e da cultura galega moderna.

- A proposta de celebrar ese Día foi formulada por tres membros da Real Academia Galega, Manuel Gómez, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego.

- A primeira escritora homenaxeada, no ano 1963, foi a mesma Rosalía de Castro seguíndolle en anos posteriores: Alfonso Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón, Curros Enríquez, López Cuevillas...

- A Real Academia Galega celebrou o pasado 2006 os seus cen primeiros anos de historia.

- Fontenla Leal e Manuel Curros Enríquez, dende Habana, deron os primeiros pasos para a creación dun organismo que loitara pola lingua e a cultura galega e así, un 30 de setembro de 1906 celebrouse no salón de actos da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos da Coruña a constitución e primeira reunión da Real Academia Galega.

- A primeira sede foi no Pazo Municipal de A Coruña, pasando posteriormente a un edificio da Rúa Tabernas, propiedade dunha das académicas, a condesa de Pardo Bazán.

- O seu primeiro presidente foi Manuel Murguía, marido de Rosalía de Castro.



Xogo de dardos
https://view.genial.ly/5e750fa6d0e81c0e4046557d/game-don-ridardo-o-xogo

O miserio da casa de Ricardo Carvalho Calero
https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020?

Encontros e presentacións en directo no canal de Instagram con estes autores.















14/5/20

Laboratorio STEAM na casa


# MayoCientÍFIco2020 #SomosCiencia

Achegamos esta iniciativa, que nos chega desde Canarias, con propostas de actividades STEAM para nenos e nenas de Primaria, especialmente de 7 a 9 anos acompañados das súas familias. Preme no enlace      

                                              https://laboratoriosteamencasa.com/






Agardamos que sexa do voso proveito.


#bescolaresgal Abertas polas Letras Galegas 2020

Neste inusual mes de maio, a figura do homenaxeado nas Letras Galegas 2020 asómase á xanela das bibliotecas escolares galegas. Os nosos espazos permanecen abertos, desde a distancia, para traballar a  Ricardo Carvalho Calero e saber máis da súa contribución ao estudo da literatura galega, do seu maxisterio, do seu compromiso coa lingua, da súa poesía e teatro...
Velaquí unha chea de recursos; preme no seguinte enlace:  
                                                               www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/

13/5/20

Día das crianzas hospitalizadas: beijinhos para todas e todos




A data do 13 de maio elixiuse porque un día coma hoxe pero de 1986 o Parlamento Europeo emitiu a resolución da Carta dos Dereitos do Neno Hospitalizado. E desde entón traballouse desenvolvendo os principios do devandito documento. Preme no seguinte enlace:

Conto, música, unidade didáctica: Carvalho Calero




Relato orixinal de Ricardo Carvalho Calero en formato “Conto”, de balde (a través desta plataforma) e cedido por Ed. Embora

12/5/20

Ángel Carracedo 👨🏫 / Lugrís 🎨 / Papiroflexia ✋.. Descubre propostas en #AfundaciónEncasa


A Área Educativa de Afundación proponche un reto: coñecer desde a túa casa a exposición «Lugrís, paredes soñadas» a través dunha visita virtual. Deberás observar, ler e responder ás diferentes fichas de investigación que deseñamos para o teu entretemento. 

ENTRAR NA VISITA VIRTUAL



Papiroflexia en casa. Facemos un corazón.

Jorge Pardo, director da EMOZ (Escola Museo Origami de Zaragoza) e coordiandor da exposición «Papiromates. Matemáticas
+ Creatividade = Papiroflexia», apréndenos a facer figuras básicas con papel.

 



Obradoiros de artes plásticas. Creación de pinturas.

Este taller está pensado para os máis pequenos da casa, por iso é sinxelo. Vai dirixido a escolares desde Ed. Infantil ata
3º de EP. Tratamos de orientalos na
creación das cores primarias e como
a partir destas podemos conseguir moitas outras, tomando neste caso unha composición xeométrica como as que
facía Luis Caruncho, que nos pode servir
de inspiración..

 

Conferencia «Diversidade humana e educación» con Ángel Carracedo.
Ángel Carracedo analiza, desde un punto de vista científico, como o noso sistema educativo perde grandes potenciais e talentos ao empeñarse en facernos iguais. As calidades coas que seleccionamos as persoas son unhas poucas (basicamente memoria e concentración) esquecendo valorar e desenvolver outras moitas, entre elas a creatividade e a curiosidade.
 



11/5/20

Achegándonos a R. Carballo Calero


O Seminario Galán comparte con todos os centros educativos galegos os seus materiais das Letras Galegas 2020: un cartel de Ricardo Carvalho Calero deseñado por Adrián Herrero a partir da escultura de José Molares. E máis materiais premendo no cartel ou no enlace https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/equipos-dinamizacion


Tamén repescamos este Programa "A Trabe de Ouro'' presentado por Víctor Freixanes e emitido en 1987, enfocado na figura de Carvalho Calero. Conta coa participación tamén de F. Pillado e Fernán Vello.

9/5/20

Nova achega no noso "Ti Tamén Contas" Virtual Edition

Arriba o telón!!!
Un fermoso conto que tod@s coñecemos posto en escea pola profe Marta. Moitas grazas por esta achega tan especial!


8/5/20

Apertas para tod@s

Aprendendo a habitar a anomalía (Paolo Giordano)



Vídeo oficial de la canción “Los abrazos prohibidos” de Vetusta Morla feat. Alice Wonder, Andrés Suárez, Carlotta Cosials (Hinds), Christina Rosenvinge, Dani Martín, Depedro, Eva Amaral (Amaral), Ismael Serrano, Iván Ferreiro, Joaquín Sabina, Kase.O, Leiva, Luz Casal, Maika Makovski, Marwan, Nacho Vegas, Nina de Juan (Morgan), Rozalén, Santi Balmes (Love Of Lesbian) y Xoel López.
Todos los beneficios económicos que genere, tanto editoriales como discográficos, serán donados a perpetuidad al Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), para contribuir en la investigación sobre el coronavirus SARS-CoV-2 que ha causado la pandemia de la enfermedad Covid-19. Productor: Vetusta Morla Director: LEK & CHAP Executive Producer: María Pérez Mixer: Carlos Raya Mastering: Fred Kevorkian Compositor: Guillermo Galván Letra: Guillermo Galván, Benjamín Prado, Andrea Valbuena, Andrés Suárez, Elvira Sastre, Irene G., Joaquín Sabina, Jorge Drexler, Leiva, Loreto Sesma, Marwan, Raquel Lanseros y Rozalén. ℗ y © 2020, Pequeño Salto Mortal.  LINKS DE COMPRA/ESCUCHA
 LINKS REDES SOCIALES


5/5/20

O Papagaio. Mes de maio

Xa temos aquí o número de maio do noso xornal de cabeceira! Preme na imaxe para acceder a todo o contido!


Día mundial da Lingua Portuguesa


O 5 de maio celébrase o Día da Lingua Portuguesa co obxectivo de promover a preservación da civilización e a cultura no mundo. O portugués é falado por máis de 265 millóns de persoas e é o idioma máis utilizado do hemisferio sur. É un idioma oficial da UNESCO e doutras organizacións mundiais. Ensínase oficialmente en moitos países do mundo.

O 5 de maio tamén se celebra ...


Día Internacional da matrona.  Foi declarado pola ONU co obxectivo de valorar, recoñecer e concientizar o valor das matronas ou parteras ao momento de atender ás mulleres embarazadas e o posterior nacemento dos bebés. As matronas están preparadas para proporcionar case todos os servizos relacionados co embarazo e o parto. Son as profesionais da sanidade que mellor preparadas están para atender o embarazo e o parto.

Día Mundial da AsmaO primeiro martes de maio celébrase o Día Mundial da Asma, un evento organizado por GINA (Iniciativa Global para a Asma). O obxectivo é involucrar aos pacientes coa atención e control da asma, reducir os posibles factores de risco e ensinar que se debe facer ante un posible ataque ou crise desta enfermidade. O Día Mundial da Asma celébrase desde 1998, e desde ese momento a único lema foi: "Podes Controlar a túa Asma" ( You can control your asthma), e pretende involucrar aos pacientes no control da súa enfermidade. Con todo, este ano 2020 o lema cambiouse por: "Xa abonda de mortes por asma" ( Enough Asthma Deaths).


Día Mundial do Patrimonio Africano.  Celébrase  grazas a un decreto dos Estados Membros da UNESCO. O seu principal obxectivo é dar a coñecer a todas as persoas do planeta, pero en especial, ao pobo africano, o valioso patrimonio cultural e natural deste gran continente.

4/5/20

#bescolaresgalAbertas



Nestes días nos que quedamos na casa, as bibliotecas escolares galegas permanecen abertas virtualmente e continúan ofertando ao alumnado recursos e  actividades  arredor da lectura, os proxectos de traballo, AMI, ALFIN, música, Arte, creación, retos ...
Velaquí unha chea de posibilidades
OBRADOIROS E TITORIAIS ESPECIAIS
RECURSOS SOBRE O COVID 19
LECTURA
VÍDEO-RECOMENDACIÓNS
VÍDEOCONTOS
RETOS
ALFIN / AMI
RECURSOS
ARTE/CREACIÓN
RADIO NA BIBLIO
PROXECTO ELBE.2
COCIÑA
VOLUNTARIADO
                                         

Coa palabra na boca

Suxestións para traballar con refráns nas aulas






XAIME IGLESIAS GONZÁLEZ (AUTOR) E JOSE M. CASTRO MÉNDEZ (ILUSTRACIÓNS)
2019
eISSN 1698-787X
Prezo: de balde
Páxinas: 207
Formato: 297x210 mm
- Publicación de carácter didáctico en formato electrónico, dirixida a todos os niveis de ensino obrigatorio así como a persoas interesadas nos refráns e nos refraneiros galegos.
- Distínguese unha primeira parte teórica e outra posterior na que se propoñen diferentes actividades didácticas divididas por niveis de ensino.
- 78 debuxos de José M. Castro Méndez acompañan os textos.

Aprende coas mulleres galegas

A Secretaría Xeral de Igualdade botou a andar no pasado mes de abril o proxecto "Aprende coas mulleres galegas", co que pretende achegar unha serie de actividades para coñecer e afondar na vida de mulleres destacadas polo seu labor en distintos ámbitos.
Os materiais sobre as distintas persoeiras iranse publicando na web da Secretaría. Pódense consultar as publicacións referidas a:
  • Maruja Mallo
  • Mª Victoria Moreno
  • Ángela Ruiz Robles
  • Concepción Arenal
  • Ángeles Alvariño
  • Ernestina Otero
  • Mª Josefa Wonenburger Planells
  • Emilia Pardo Bazán
                                                                                                 Na seguinte ligazón