31/3/23

De que trata o amor

Tivemos a sorte de que visitaran o noso cole a autora  do libro , ”DE QUE TRATA O AMOR”, Inma Jardón Rivero,  acompañada da ilustradora do mesmo, María de Santiago Lama.
A través de dous talleres o alumnado de terceiro e de quinto de primaria puideron gozar da lectura deste marabilloso texto no que se trata a igualdade  e o amor dende unha perspectiva moi achegada ao contexto escolar. Porque como ben escoitamos da boca da propia autora, “hai persoas que non deciden ser diferentes ao resto, tócalle selo” e en boca do papá dun dos protagonistas, Xián, escoitamos unha extraordinaria definición:...”diso trata o amor. De querer sen importar se somos diferentes. Non importa de onde sexamos, de que cor teñamos o pelo, o que nos guste, as nosas ideas e pensamentos, as nosas capacidades. Témonos que respectar. Todos nós somos diferentes”.
Ademais con María tivemos a oportunidade de gozar do debuxo do aspecto físico das persoas , valorando a diversidade e a riqueza cultural que nos rodea dende o momento que o “homo sapiens” poboou o planeta Terra; facendo un percorrido pola historia dende unha perspectiva de reflexión na igualdade e na riqueza da variedade de culturas que existen no mundo.
En definitiva ,unha xornada de aprendizaxe emocional imborrable.





28/3/23

Tempo de transplantar

Nesta mañá solleira de finais do mes de marzo, chegou a hora de transplantar os nosos semilleiros ao noso bancal no horto escolar do centro.
A partir do día de hoxe estamos tod@s encargad@s de coidar das nosas plantas, regalas e quitar as malas herbas se as houber. Concienciación e coidado do medio ambiente, un dos sinais de identidade do noso cole. 
Outra actividade máis incluída no Programa @voznatura e o seu eco-reto deste mes de marzo #AccionVozNatura #RetoPlantamos



26/3/23

Ciencia e cultura ... Que máis podemos pedir!

O pasado xoves 23  de marzo o alumnado de sexto de EP visitou no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela a quinta edición do Congreso de Innovación na Formación Profesional, FP Innova Galicia 2023.

FP Innova Galicia 2023 é unha magnífica ocasión para coñecer máis de cerca as posibilidades da formación profesional. O noso alumnado experimentou en primeira persoa coas novas tecnoloxías a través da visualización dos proxectos de innovación desenvolvidos nos centros e da participación nos obradoiros que se organizaron sobre hidróxeno verde, ciberseguridade, biotecnoloxía, robótica aplicada, creación de videoxogos, realidade virtual e aumentada, aplicacións móbiles ou impresión dixital, entre outros.

Tamén se mostraron experiencias innovadoras desenvolvidas nos centros a través de proxectos emprendedores, visualizando as miniempresas creadas por alumnado e profesorado de diferentes niveis educativos e outros programas dentro do Plan Eduemprende.

Foi unha mañá chea de aprendizaxes onde puidemos facer distintas experiencias titorizadas polos profesores dos distintos CIFP que alí presentaban as súas dinámicas de traballo.

Aproveitamos o día para tomar un cafeciño … (ía moito frío e choveu a cachón …) e visitamos a Casa de Rosalía, “alma mater” do noso cole. Aprendemos unha chea de cousas sobre a vida e obra da nosa autora de referencia e vimos de primeira man a casa e os aveños que empregou nos seus últimos anos de vida.



25/3/23

Iniciámonos no deseño 3D!!

“O Deseño Dixital é como unha pintura en óleo, agás que a pintura nunca se seca”.  Neville Brody (Deseñador e director de arte. Londres, 1957)

Comezamos cos cursos de deseño en Thinkercad para o alumnado de sexto de Educación Primaria. Da man do noso coordinador da Bilioteca Escolar, Alfredo Dorribo, as nenas e os nenos do último curso de Ed. Primaria que así o soliciten, terán unhas sesións de formación durante os tempos de lecer en grupos de máximo de dez persoas neste programa de iniciación ao deseño en 3D, para rematar coa impresión dos traballos que alí realicen.
Tinkercad é un programa de software libre  en liña, de deseño 3D que funciona a través dun navegador web. Dispoñíbel dende 2011, constitúese nunha plataforma popular para crear modelos para impresión 3D así e é un programa de introdución neste ámbito para traballar nas  escolas.
Tinkercad foi fundado polo antigo enxeñeiro de Google Kai Backman e o seu cofundador Mikko Mononen, co obxectivo de facer modelaxe en 3D, especialmente traballando o deseño de elementos físicos, accesíbel ao público xeral, e deixando que os usuarios publiquen os seus deseños baixo unha licenza de Creative Commons. En 2011, tinkercad.com foi lanzado como ferramenta para navegadores WebGL habilitados. En 2012 a empresa traslada a súa sede central a San Francisco. Ese ano, máis de  100,000  deseños en 3D estaban publicados por usuarios neste sitio web. En maio de 2013, Autodesk anuncia na Feira Maker que compran Tinkercad. E en 2017, a empresa migra todos os seus deseños e programas a esta plataforma.
Unha iniciativa máis da nosa Biblioteca Cretaiva. Novas aprendizaxes para as novas realidades que contén o día a día no noso centro!






24/3/23

Cíclope: dos mitos clásicos á boa xestión das finanzas persoais

O noso alumnado de cuarto e quinto de Ed. Primaria asistiu onte a esta obra de teatro que forma parte do programa de educación financeira de AFundación, que axudará ao estudantado para comprender mellor a importancia dunha boa xestión das finanzas persoais.

Nunha clase dun instituto, tres dos seus alumnos falan sobre a viaxe de fin de curso e o que terán que facer para conseguir o diñeiro que lles permita apuntarse. Ningún dos tres ten unha familia adiñeirada, e tras a pandemia e os ERTES, en ningunha casa andan sobrados de diñeiro para unha viaxe de estudos.

Eles levan meses sen poder saír, verse coas amizades, para eles esta viaxe é a súa fuxida, a súa busca do paraíso, a viaxe a Ítaca.

Para conseguir realizar este soño embarcaranse en decisións e accións que en moitas ocasións poñerán en risco a súa economía, a das amizades e familia..., en fin, poñerán en risco a súa saúde financeira e a súa saúde persoal.

Unha viaxe antes da viaxe, situacións divertidas, sorprendentes que nos farán vivir na pel das persoas que están en escena. Unha auténtica aventura!

Novas aprendizaxes moi interesantes e relevantes para o día a día!






21/3/23

#NoSomosUnEstereotipo, somos mucho más

Con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down que se celebra o vindeiro martes 21 de marzo, DOWN ESPAÑA lanza a súa nova campaña: #NoSomosUnEstereotipo, somos mucho más. O seu obxectivo é cambiar a forma de ver ás persoas con síndrome de Down, unha forma de miralos que a miúdo está cargada de prexuízos e estereotipos que dificultan a súa inclusión na sociedade.

Xeneralizacións como as de que son todos cariñosos ou uns "angelitos" ou algunhas máis despectivas referidas a que levan unha vida sen aspiracións nin metas, ou a que son persoas inactivas, que representan unha carga familiar, etc… contradinse coa realidade que viven as propias persoas con síndrome de Down hoxe en día. Eles senten que teñen vidas plenas, cargadas de ilusións e proxectos. Por, iso reivindican unha imaxe acorde coa autonomía da que xa gozan, que os dá acceso a unha vida sen límites. (https://www.sindromedown.net/noticia/down-espana-lanza-la-campana-nosomosunestereotipo-somos-mucho-mas-para-el-dia-mundial-del-sindrome-de-down/)

Tatiana no noso cole é unha máis. Unha nena que lle gusta xogar, ter amig@s, saír ao patio, falar c@s compis da clase... e das outras clases tamén!! E unha nena que da moito amor a todo o mundo que lle rodea e que tod@s nós queremos crer que así tamén llo devolvemos! Hoxe, e todos os días, tod@s nós damos o noso apoio ás persoas con síndrome de Down, porque estamos convencid@s (e é un sinal de identidade do noso centro educativo) que a verdadeira inclusión é posible ... e NECESARIA!



Un grupo de 50 nais de nenas e nenos con síndrome de Down creou un vídeo estilo Carpool Karaoke (Karaoke no coche) para espertar a conciencia da xente sobre menores cun cromosoma adicional. Segundo publican varios medios, estas 50 nais forman parte do grupo de Facebook Designer Xenes e teñen en común que todas deron a luz a nenos e nenas con síndrome de Down entre 2013 e 2014. Para a filmación, inspiráronse nun vídeo filmado con linguaxe de acenos. 





18/3/23

Que facen todos estes animaliños no noso cole?

Seguimos coa nosa teima (que comezou xa case fai doce anos) de ter cada día un cole máis "bonito"... Desta volta tocoulle a quenda ás aulas de Educación Infantil que dende hoxe teñen novos protagonistas que lle darán á benvida todos os días ao  noso alumnado máis miúdo.

Gran traballo de @ e @o'Ras Deguanteblanco que despois de moitas horas traballando intensamente lograron este resultado espectacular!!



17/3/23

"Se precisas unha man, lembra que eu teño dúas."

Este é o espírito que tod@s s axudantes da nosa Biblioteca Escolar teñen para colaborar co alumnado usuario deste servizo.  E temos tres fichaxes novas para botar unha man na nosa Biblioteca Escolar!!!

Inés, Thayná e Xana son as últimas incorporacións ao noso equipo de alumnado colaborador na Biblioteca Escolar. Elas, xunto co resto d@s seus compañeir@s, identificad@s coa súa característica camiseta vermella con Papacontos nela, son os encargad@s de axudar ao resto d@s seus/súas compañeir@s a buscar os títulos que máis lle gustan entre os fondos literarios e non literarios que temos na nosa Charca…

Tamén son el@s @s que botan unha man no espazo creativo axudando con xogos e os distintos materiais que están a dispor de todo o alumnado durante os recreos dispostos por quendas cada día da semana.

Lego, Kapla, material de pintura, xogos de mesa, … son algunhos exemplos de todo o que a Biblioteca Creativa brinda ás nenas e nenos do noso cole…

E, en breve, traeremos máis novidades! Estade atent@s!












16/3/23

Hábitos saudables... dende @s máis pequen@s!!

Durante estes dous últimos mércores, todo o noso alumnado de Ed. Infantil tivo a oportunidade de escoitar a Loli, hixienista no Centro de Saúde de Xinzo de Limia. Ela foi a encargada de recordarlle ao noso alumnado máis novo a importancia de adquirir bos hábitos no coidado e limpeza da boca e a dentadura.

Estamos convencid@s que estas charlas, impartidas por profesionais que son cercan@s ao noso alumnado, chegan dun xeito moito máis efectivo e dan uns bos resultados entre @s nen@s do noso cole.

Esperamos poder continuar estas dinámicas cos distint@s profesiomais que inciden dun xeito tan directo na boa saúde d@s nos@s benxamíns !!!

















15/3/23

Sementar, sementarei !!!

Á espera de que as condicións do tempo así o permitan, os nosos sementeiros xa están listos para ser transplantados. Todas estas accións únense á iniciativa de @voznatura e o seu eco-reto deste mes de marzo #AccionVozNatura #RetoPlantamos
Non tedes máis que mirar estas instantáneas tan fermosas cos nosos produtos de horta!









14/3/23

Nautilus. 20 000 leguas de viaxe submarino

Hoxe, o alumnado de terceiro de EP tivo a oportunidade de asistir á representación de "Nautilus. 20 000 leguas de viaxe submarino".
Gañadora do premio FETEN 2020 á Mellor Proposta Orixinal pola súa sensibilización ambiental, esta posta en escea é unha versión da clásica novela de aventuras de Jules Verne, na que o capitán Nemo se erixe como unha enigmática figura que capitanea un medio de transporte que sorprende o profesor Aronnax e a Conseil, os dous pasaxeiros inesperados. Esta nova proposta da Compañía La Negra presenta unha lectura actual, comprometida e preocupada pola conservación dos océanos e do noso planeta.
Esta actividade entronca perfectamente co PDI do centro para este curso 2022 - 2023 onde traballamos todo o relacionado co mundo da auga e co obxectivo 14 dos ODS que é "conservar e utilizar de xeito máis sostible os océanos, os mares e os recursos mariños".
Completaron a súa xornada de mañá facendo unha viaxe no "Tren Turístico" de Ourense que lles levou a facer un percorrido por toda a cidade dende a Praza Maior ata as Termas de Outariz.
Sen dúbida, unha mañá moi ben aproveitada e chea de aprendizaxes ben diferentes aos do día á día no cole!!