12/6/21

Volvemos a Lodoselo!!

Da man dun extraordinario anfitrión, como non podía ser doutra maneira, o alumnado da nosa Aula Específica, acompañados polas súas mestras e coidaora, pasaron unha mañá moi distinta a doutras días.

Foi o noso benquerido Antonio R. Corbal o que pasou toda esta xornada con Xavi e Valeria amosándolles todas as experiencias que este pobo-escola ten (incluída a nova visita ao xardín dos sentidos, ... incríble!) e o que fixo que tanto os nen@s como os adultos poideran comprobar de primeira man o moito que este noso compañeiro transmite por un lugar polo que ten verdadeira paixón. Moitas grazas por tanto, Antonio!!

Aquí podedes atopar unha pequena mostra de todo o que esa mañá fixeron e que non fixo outra cousa que quedaren con moitas ganas de volver!!

6/6/21

#PalabrasQueAbrazan

Cruz Vermella e Cruz Vermella Mocidade presentan "Palabras que abrazan", unha canción desde o empoderamento e a  sonoridad entre mulleres.

Na composición e interpretación participan  N I U S S, Flora deel DiluviLaura Esparza + Carlos EstebanTANXUGUEIRASZuriñe Hidalgo, Pupil.les, Esther e moitas máis artistas.

Con  ATOMIC STUDIO. Faina  viral na ligazón:  https:// youtu. be/ KykOIEGTqwE

Participan @ dDiputació de  València,  GVA  Igualtat i  Polítiques  Inclusives  Igualtat i  Polítiques de  Gènere i LGTBI.  Ajuntament de  València  Ajuntament de  València.

Hoxe máis que nunca.... 

Xuntemos as nosas mans
para compartir camiño.
Temos a forza de irmás.
Ese é o noso destino.



E a natureza ábrese camiño!!

Despois de meses de coidados por parte do alumnado e do profesorado encargad@s cadanseu do seu bancal, a natureza fixo o seu traballo e o noso horto loce hoxe en día dun xeito espectacular!! 
Que sexan estas fotos exemplos dun traballo moi ben feito e proba duns aprendizaxes moi significativos onde o traballo no propio medio natural son o mellor e máis motivante escenario para observar todos eses contidos que tantas veces temos visto nos libros dun xeito tan descontextualizado. 
Parabéns a tod@s @s nos@s pequen@s (e non tan pequen@s) agricultor@s!!

5/6/21

Conmemoramos o Día Internacional do Medio Ambiente no río Limia

O 5 de xuño conmemórase o Día Mundial do Medio Ambiente. Este ano o seu "leiv motive" é "Xeración Restauración: reimaxina, recrea, restaura", onde se pretende que tomemos conciencia de que "restaurar os ecosistemas significa previr, deter e reverter este dano, pasar de explotar a natureza para curala. Para iso, e precisamente neste día, arrincará o Decenio das Nacións Unidas sobre a Restauración de Ecosistemas (2021-2030), unha misión global para revivir miles de millóns de hectáreas, desde bosques ata terras de cultivo, desde a cima das montañas ata as profundidades do mar. Só con ecosistemas saudables podemos mellorar os medios de vida das persoas, contrarrestar o cambio climático e deter o colapso da biodiversidade.

Neste día tan sinalado, o alumnado de sexto de Primaria, tivo a súa derradeira xornada do proxecto "Me gusta mi río", onde todas e todos eles convertíronse en "coidadores oficiais" do noso benquerido río Limia. Nesta xornada estiveron en dous escenarios distintos. Primeiramente visitaron a ETAP (Estación de Tratamento de Auga Potable) de Xinzo de Limia, onde, da man do técnicos de Viaqua, coñeceron todo o proceso dende que a auga é sacada dos pozos subterráneos ata que chega ás billas dos nosos fogares.

Despois desprazáronse ata a desembocadura do río Faramontaos no río Limia (lugar tamén das outras dúas xornadas), onde conmemoraron este Dia Mundial do Medio Ambiente acompañad@s de distintas autoridades, entre as que estaban o Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e a Alcaldesa de Xinzo de Limia. A entrega de identificacións como coidador@s do río, a colocación dunha caixa niño nas marxes do río e a realización de diversos xogos foron algunhas das actividades que levou a cabo o noso alumnado, sempre da man de Manuel, Teresa, Diego e Olmo, que como nas anteriores xornadas, foron uns extraordinarios "mestr@s" e aos que queremos amosar o noso profundo agradecemento polo trato recibido estas tres marabillosas xornadas.

Esperamos e solicitamos que este proxecto teña continuidade en vindeiros anos porque non hai aprendizaxe máis motivante que aquel que se fai a carón do medio natural do que estamos a estudar...