27/2/22

Nova visita ao MUGAE

Dous grupos máis do noso centro (6º de Ed. Infantil e 4º de Ed. Primaria) fixeron unha visita ao Museo Galego do Entroido, onde da man de Carlos Martínez, percorreron todos os días sinalados do noso gran ciclo do Entroido e coñeceron de primeira man unha numerosa variedade de traxes singulares dos Entroidos máis coñecidos de Ourense, Galicia, España e Portugal, destacando entre todos eles, como non podía ser doutra forma, a nosa querida Pantalla, da que Carlos deu todos os detalles de como vestila e de como portarse cando a levamos posta. Temos relevo xeracional garantido!  


Fotografías: José M. García, Sonia Pombar e Manuela Vázquez

Música: TANXUGUEIRAS & RAYDEN - Averno

23/2/22

Cantarte hei, Galicia, na lengua gallega, consolo dos males, alivio das penas...

"Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino" (Rosalía de Castro)

Conmemoramos un ano máis o Día de Rosalía, mudando por primeira vez de data e traslandándoa a este 23 de febreiro.

Como todos estes anos, seguimos as pautas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para a celebración deste data tan especial para o noso centro, seguindo o cancelo #SementadePensamentos

Foron moitas as actividades feitas por todos os grupos do centro (elaboración de pensamentos, plantación de flores, un circuito onde o alumnado tiña que buscar datos sobre a vida e obra da nosa autora de cabeceira, ... entre outras moitas) para darlle a ben merecido homenaxe que a esctitora de Padón ben merece.

Aquií vos deixamos unha mostra de todo o que levamos a cabo esta xornada.



Fotografías: José M. García, Sonia Pombar,Mª Carmen Rodríguez, Manuela Vázquez

Música: ASTAROT - ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES


20/2/22

Domingo Corredoiro no Rosalía!

E seguimos en tempo de Entroido no noso centro! Desta volta o alumnado de sexto de Primaria fixo unha vista ao Museo Galego do Entroido, onde, da man de Carlos Martínez, poideron coñecer curiosidades do noso e de outros entroidos de toda Galicia.

Aproveitamos tamén a visita para pescudar na vida e obra do autor de cabeceira da Limia, Carlos Casares, facendo unha investigación persoal a través da exposición "Os mundos de Carlos Casares", sita na planta baixa do museo. Alí descubrimos o seu amor pola fotografía e polos trens a escala, así como a súa "obsesión" por coleccionar exemplares do "Principiño" en diferentes edicións e linguas.

Para rematar esta xornada visitamos tamén a sé da Asociación Cultural A Pantalla, onde puidemos observar exemplares moi antigos da nosa máscara, os primeiros traxes e un montón de elementos moi significativos de todo o noso ciclo de Entroido.

Rematamos cunha charla de Carlos e Leticia, da propia Asociación, onde nos explicaron como se debe vestir e comportar unha Pantalla nestes días de festa que están por chegar.


Fotografías: Trini Fortes, Jose M. García e Mª Jose Peaguda

Música: Habitación Vudú - Tu Carnaval


17/2/22

Seguimos aprendendo sobre o noso Entroido!!

Hoxe, o alumnado de sexto de Educación Infantil (5 anos) tivemos o grande privilexio de recibir no noso cole a Antonio Gómez, mestre artesán, que durante moitísimos anos era a persoa que máis vexigas preparaba en Xinzo para que as nosas Pantallas poideran "batilas" con forza durante os días grandes do noso Entroido. 

Contounos todo o proceso de como se fai para que queden perfectamente curadas e non rebeten ás primeiras de cambio, de que animal son, ... e un montón de cousas interesantes que descoñeciamos totalmente. 

Vimos tamén un vídeo, onde o noso invitado tamén aparecía, cos elementos máis significativos deste noso longo ciclo de días sinalados que temos na nosa vila (Fareleiro, Oleiro, Corredoiro, Entroido e Piñata).

Ao final, Antonio contestou a un montón de preguntas que previamente prepararamos en clase.

Unha mañá distinta! Un xeito distinto de aprender! Moitas grazas por todo!


Fotografías: Sonia Pombar e Diana Vispo

16/2/22

Entre tod@s conseguiremos ter a mellor árbore de Europa !!

Se non quedaches conforme co que pasou na selección da canción de Eurovisión... 

Se queres que un carballo galego sexa declarado a mellor árbore de Europa do ano...

Segue os pasos que nos conta Luis Zahera e vota polo Carballo do Bosque do Banquete de Conxo. (Preme no enlace para obter información sobre a árbore)


Tal como di Luis, teriamos que:
  1. Premer no seguinte enlace: https://www.treeoftheyear.org/Vote
  2. Seleccionar dúas árbores (unha, evidentemente o noso carballo, a outra... segue o consello de Luis...)
  3. Temos que escribir unha dirección de correo electrónica VÁLIDA
  4. A organización enviaranche un mail, que temos que confirmar.
E xa está !!! Animádevos !!! Entre tod@s conseguirémolo !! 
E ademáis por cada voto, a organización comprométese a plantar unha árbore autóctona.
Que máis se pode pedir!!





15/2/22

Celebramos o amor!!

Aproveitando a celebración do Día do Amor e da Amizade o 14 de febreiro, o alumnado de sexto de Educación Infantil (5 anos) elaboraron unha fermosa tarxeta para as súas familias baseada nun poema da nosa autora de cabeceira, Rosalía de Castro. 
Despois acercáronse ata a oficina de Correos da nosa vila, onde despois de franquealas correctamente, contamos unha vez máis coa colaboración inestimable de Ramón Freire para asegurarnos que todas e cada unha delas chegara ao seu destino. Agardecer dende aqu´i o trato exquisito, unha vez máis, que Ramón sempre ten co noso alumnado, ao que lle enregou un obsequio en recordo desta visita. 
Moitas grazas, Ramón! 
Aquí tedes unha pequena reportaxe de todo o que fixeron e o ben que o pasaron, aprendendo dun xeito diferente!!!


Fotografías: Sonia Pombar e Diana Vispo



14/2/22

TODOS PODEMOS SER CREATIV@S!

 Ola de novo, alá polo mes de decembro Papacontos convocou un concurso para "MENTES CREATIVAS" que quixeran deseñar modelos orixinais para un cartel de entrada o espazo creativo da nosa Biblioteca. No seguinte vídeo podedes ver e apreciar que houbo propostas moi divertidas e interesantes...


E @S GAÑADOR@S  DO CONCURSO SON:

1º Posto : ClaudiaUrones Fid, de 5º curso.

2º Posto : Hállany Parejas Dos Santos, de 6º curso.

3º e 4º Posto: Adrián Chapado Cestrone de 3º curso e mateo Fidalgo garcía de 4º curso..




NORABOA A TODOS E A TODAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!! 

13/2/22

Campo a través en estado puro! Volve o Deporte Escolar

Celebrouse este domingo, 13 de febreiro, o Campionato Provincial Escolar de Campo a Través no circuito de A Veronza - Parque O Xestal de Ribadavia cunha ampla representación de atletas da Limia representados nas dúas entidades da nosa comarca, A.D. Limia e Limiactiva, con presenza de alumnado do noso cole.
A nivel de equipos, a Agrupación Deportiva Limia acadou un meritorio terceiro posto na categoría Benxamín Feminino co equipo formado por Lucía, Estela, María, Bimba e Naila.
Destacar que a nivel individual Hugo Gándara Guede acadou un fenomenal segundo posto e medalla de prata na súa categoría, Benxamín Masculino.
Tamén reseñar que houbo presenza por equipos e de xeito individual en todas as categorías e que acadaron un gran resultado. Parabéns para todas e todos os/as participantes!!!








12/2/22

Empoderamos ás mulleres e ás na nenas científicas!

Como cada 11 de febreiro conmemoramos o Día Internacional da Muller e Nena na Ciencia. Este ano e da man da Área de Responsabilidade Social e Cooperación da Universidade de Vigo chegou ao noso centro a exposición BRAVXS, onde "a través destas caretas ilustradas por Marta Riera, exprofesora da Facultade de Belas Artes, a Universidade de Vigo pretende darlles visibilidade a mulleres científicas, investigadoras e inventoras con traxectorias vitais paradigmáticas nas que se observan trazas de inxustiza e discriminación no ámbito da ciencia (o chamado «efecto Matilda»), pese á importancia e á relevancia das súas achegas e descubrimentos.
Lynn Petra Alexander, primeira doutora honoris causa da Universidade de Vigo; Ángela Ruiz Robles, profesora ferrolá e deseñadora do primeiro prototipo de libro electrónico; Ada Lovelace, inventora da linguaxe de programación; Jane Goodall, primatóloga que revolucionou esta disciplina grazas ás súas observacións e análises; Hedy Lamarr, inventora da wifi; Jocelyn Bell, descubridora dos pulsares ou Rosalind Franklin, clave no descubrimento do ADN, son algunhas destas destacadas e fantásticas mulleres científicas e investigadoras" 

Moitos dos nosos cursos pasaron pola exposición para tomar boa nota da vida, da obra e do exemplo destas mulleres (entre outras moitísimas que tamén forman parte da nosa historia pasada e actual) co fin de telas como referente para futuras vocacións científicas, tal necesarias na sociedade que vivimos hoxe en dñia.




11/2/22

Oliñas veñen, oliñas van !!!

Segundo domingo do mellor Entroido do mundo! No cole quentamos motores e practicamos a lanzar as olas tal e como marca a tradición. Moitas grazas á Comisión do Entroido de Xinzo, e en especial a Adriana, por estar sempre dispostos a colaborar con nós en todas as actividades que organizamos! En breve, máis e mellor!!














E resultou ser un Castelo !!!

Tanto tempo presente entre tod@s nós, pensando que simplemente era una torre e grazas aos traballos arqueolóxicos levados a cabo pola empresa adxudicataria descubrimos que tiñamos todo un castelo ao alcance da vista.

O noso alumnado de cuarto de Ed. Primaria, acompañado das súas mestras, poideron aprender de primeira man todos os secretos que esta edificación agocha e prestando toda a atención posible ás explicacións de Israel, arqueólogo ao cargo destes traballos de recuperación, tomaron moi boa nota do que alí está a acontecer e como, pouco a pouco, este noso castelo vai seguir sendo un sinal de referencia e de identidade para tod@s @s que vivimos na Limia.

Aproveitamos tamén esta xornada para visitar a Pedra Alta de Cortegada, testigo do paso dos distintos pobos e civilizacións por estas terras do Alto Limia.


Fotografías: Pepa Barge, Manuel Teijeiro e Manuela Vázquez