29/5/17

Provincial fútbol sala

Gran día o sábado 27. Xornada de convivenvia e competición no campionato provincial de fútbol sala no pavillón dos Remedios (Ourense).


25/5/17

Provincial natación

O venres 19 de maio ao redor dunha decena de rapaces e rapazas do centro participaron no campionato provincial escolar de natación no colexio Miraflores (Pereiro de Aguiar).
É a primeira vez que participamos nesta modalidade deportiva a nivel provincial, pero as sensacións e os resultados anímannos a seguilo facendo.


22/5/17

Atletismo 2017

Coma todos os anos os rapaces e rapazas do centro participaron no deporte escolar na modalidade de atletismo.
A fase comarcal onde se tomaron tempos e marcas levouse a cabo o 14 de marzo. Grazas aos bos resultados máis dunha decena de atletas do Rosalía e ao redor de 30 rapaces e rapazas da limia participaron nas diferentes fases previas os pasados sábados 1, 22 e 29 de abril e 6 de maio. Chegando todos eles a fase final do sábado 20 de maio.
Aquí deixamos unha mostra do vivido neses días, destacando as súas boas actitudes e como non os boísimos resultados

Noraboa ás clases máis lectoras

  http://entrelibrosyamigos.blogspot.com.es/2015/05/imagenes-bonitas-sobre-la-lectura.html 
O equipo Dinamizador da Biblioteca Escolar, despois de recoller os datos facilitados polos titor@s de cada aula, outorgan ós cursos 3º B e 5º B o título cmpartido de "clases máis lectoras". En breve recibirán un agaallo colectivo. Parabéns a tod@s por participar (alumnado, profesorado) e, para a próxima, máis e mellor. Achegádenos as suxestións que vos parezan para incorporar en vindeiras edicións, Velaquí como quedou a clasificación final:


CURSO
Retos ACADADOS
3º B, 5º B
9
6º A, 6º B
7
3º A, 4º A , 4º B
6
5º A
5
2º B
3
2º C
2

18/5/17

Os de 4º de primaria nos IES





 

O alumnado de 4º de primaria cos seus titores estivemos hoxe xoves, 18 de maio (día de aprender ó aire libre, de levar as clases fóra), nos IES da vila. Despois dese "desfile" ó que nos convidaron fomos ata o IES Cidade de Antioquía onde Rubén, o seu director, nos presentou, nunha pequena sesión teórica, os temas do biodiesel, paneis fotovoltaicos e o percorrido pola súa "aula da natureza". Un espazo onde se poden ver os traballos realizados polo alumnado e tomar conciencia da importancia da conservación do medio natural.
A continuación, tamén acompados por Manuel (outro profesor do Centro) vimos os cultivos de prácticas, os invernadoiros, o estanque naturalizado, a zona para comer co asadoiro, a pasarela, o xadrez xigante, o parladoiro, o reloxio solar, o miradoiro (desde o que puidemos ver as crías no niño da cegoña) e a réplica da Lagoa de Antela. Pero tamén subir ó tractor, á mula mecánica e ver o aproveitamento dos aceites usados... Xogamos algo no patio y vimos a cafetería - comedor. Moitas grazas Rubén, Manuel e demais persoal que tan ben nos acolleu!
Despois entramos (moi pouco tempo) no IES Lagoa de Antela (porque é o noso IES de referencia) e demos un pequeno paseo por algunhas instalacións: aulas, comedor, cociña, patio, cafetería e biblioteca. Moitas grazas a Miguel que nos acompañou polo Centro e a tod@s os que compartistes con nós este anaquiño de tempo. 

12/5/17

Aprendendo ó aire libre

 
 Ante a falla de vitamina N (léase Natureza) e como nos din as irmás Abelleira no seu innovarteinfantil.wordpress.com "Nesta nova cruzada por naturalizar a vida dos máis pequenos, estanse a desenvolver iniciativas que van dende o máis radical ata outras máis paulatinas en función da acollida e compromiso que atopan na comunidade educativa, así como do ideario do centro. Colexios que desenvolven parte da xornada na rúa deprendendo a partir do que van atopando, e outros que están a reverdecer os seus espazos exteriores. En calquera caso, é unha tendencia á alza...
O vindeiro día 18 de maio, temos como pretexto unha iniciativa internacional que fomenta levar as clases fóra. Aprendiendo al aire libre, na última convocatoria logrou que se adheriran preto de catro mil centros de todo o mundo.
Nós, participzmos. Aquí está o enlace para saber de que vai isto.
https://aprendiendoalairelibre.es/

11/5/17

Xornadas de fútbol sala

O martes e mércores desta semana desenvolvéronse as xornadas de fútbol sala da comarca da limia.
Participamos os colexios de Rairiz, Os Blancos, Vilar de Barrio e Xinzo.
O noso centro participou con máis de 80 rapaces e rapazas de entre 8 e 12 anos.
Neste tipo de actividade a competición queda apartada, favorecendo a participación. convivencia e integración de todo tipo de alumnado.
O vindeiro sábado 27 cellebrarase o campionato provincial desta modalidade deportiva, no que , coma sempre, participaran nenos e nenas do Rosalía.




9/5/17

Clase lectora

Neste mes de maio estamos con outra actividade proposta polo equipo de dinamización da biblioteca; aínda en marcha os retos lectores a nivel individual agora o reto é colectivo; mellor dito colaborativo. Trátase de que sexa o grupo clase o que consegue o reto; non chega que o fagan algúns, nin siquera que sexan case tod@s... temos que ser tod@s. 

      Estas son as bases:  
-         - Esta actividade realizámola na Hora de Ler.
     - Ten que participar toda a aula.
v     - Os retos cumpriranse diariamente desde o día 3 ao 16 de maio.
v     - Todos/as teñen que conseguir o reto dese día.
v    - Todos/as deben empezar a Hora de Ler voluntariamente e manter a atención na lectura sen interrupcións.
v     - Os textos necesarios para a lectura de cada día débeos traer cada alumno/a, agás o teatro lido que será aportado pola Biblioteca do colexio.
v     - É obrigado que todos/as teñan o material correspondente.
v    - O profesorado participará activamente na consecución do reto e anotará cada día na plantilla dada os conseguidos.

   Os retos teñen que ver co tipo de libros, idioma e se facemos lectura individual, colectiva... ( teatro; literatura en galego, en castelán, noutro idioma; poesía, libro que nos trae outro compañeiro, etc.)
 


8/5/17

Algúns recursos

http://fundacioncarloscasares.org/ 
Aínda que xa levamos case todo o curso traballando un pouco máis a Carlos Casares, por ser este ano o Día das Letras adicado á súa obra e figura, imos poñer nesta entrada algúns materiais que podemos atopar na rede e que nos poden axudar a coñecelo mellor. Se tedes algunha suxestión interesante facédeniola chegar que a incorporamos. Grazas.

Comprometido coa literatura e co país. Liña do tempo
Casares en 25 diapositivas
http://bibliobn.blogspot.com.es/2017/05/viaxamos-galaxia-casres.htmlViaxamos á Galaxia Casres

Seminario Galán
http://seminariogalan.org/inicio/dia

5/5/17

Novidades: non as podes perder

Estas son algunhas das novidades que temos estes días na biblioteca. Non esquezas pasar a ver estos e outros moitos libros que están agardando por ti. 
 
"El club de las zapatillas rojas: Lucía, Frida, Bea e Marta son inseparables. A pesar das circunstancias da vida que ooñen a proba a súa amistade, elas non deixarán de intentar seguir xuntas, medrando, madurando, sentindo... A Amistade ata o infinito! 
 

Olympia é unha serie de contos infantís escritos por Almudena Cid e ilustrados por Montse Martín, ex compoñentes da selección española de ximnasia rítmica.
Están inspirados na carreira deportiva da propia Almudena. Contan con ilustracións en acuarela de Montse Martín e inclúen consellos para decorar os maillots, sobre maquillaxe, peinados, etc. que están complementados con tutoriales en YouTube. 

4/5/17

Sesións sobre a pataca

Este mércores 4 de maio, o alumnado do ciclo medio, por niveis, estivemos aprendendo, na biblioteca, moitas máis cousas sobre a pataca. Da man de Jose, Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia, fomos lembrando e afinando os nosos coñecementos sobre este produto tan noso. Historia e actualidade. Coidados e boas prácticas. Con bastante alumnado que amosou un grande coñecemento sobre o tema. Ademais duns folletos dobre a pataca de Galicia, o corazón da terra, que levaron todos os que participamos quedaron na biblioteca algúns exemplares dos Bolechas sobre a Pataca de Galicia.