Mostrando entradas con la etiqueta celebracións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta celebracións. Mostrar todas las entradas

27/2/20

Eu son... Rosalía. Somos Rosalía

Neste 27 e 28 de febreiro estamos celebrando (lendo, recitando, aprendendo, lembrando...) a Rosalía de Castro. Aínda que o 24 foi o seu día, nós estabamos de entroido polo que retomamos este xoves e venres a Rosalía.
Velaquí un par de enlaces:  a unha cantiga


e a un programa de radio feito polo alumnado de quinto de primaria do CEIP Plurilingüe de Foz dende a súa emisora "Chicharriños nas ondas."
https://drive.google.com/file/d/1yUO6XDE0ijPK2h3IL8FiltuhwdXbuyGO/view

Velaquí unha mostra dos traballos feitos e colgados nos taboleiros de entrada ó edificio principal: parabéns, artistas!




30/1/20

Día da Paz 2020

Este ano toda a comunidade educativa do CEIP Rosalía de Castro conmemoramos o Día Internacional pola Paz trasladándonos ata a Praza Maior de Xinzo de Limia, onde dúas compañeiras, en representación de tod@s nós leron este "Manifesto pola Paz":

Hoxe, 30 de xaneiro, estamos aquí reunidos para celebrar o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. Con este acto queremos manifestar o noso rechazo a toda forma de violencia nas nosas aulas, no noso patio, no noso cole, na nosa vila e no mundo. Queremos renovar unha vez máis o noso compromiso pola Paz. 
Pero… que é a Paz?
É a capacidade que temos os seres humanos para vivir en calma, con sosego. Non significa soamente ausencia de loitas, implica tamén vivir nun entorno libre de toda forma de violencia.
Conseguila non é cousa dun só día, senón que cada día todos e todas temos que poñer o noso gran de area e alzar as nosas voces para esixir Paz.
Por moi insignificante que nos pareza o noso esforzo, cada un de nós é a gota de auga que pode apagar o lume da violencia. Xuntos podemos cambiar as cousas.
Para conseguir Paz temos que respectarnos uns a outros, temos que respectar as opinións dos demais, as súas crenzas, a súa cultura… porque a base da Paz é o respecto e a tolerancia.
Todos e todas temos que intentar mellorarnos a nós mesmos para conseguir ese obxectivo que temos en común.
Como di Juanes na súa canción….

Posteriormente, signamos a canción de Juanes "Paz" como símbolo de integración co maior número de persoas no mundo...
Día Moi especial que seguro que permanece por moito tempo na nosa memoria.... Moitas grazas ao Concello de Xinzo de Limia, Policía Local e Protección Civil pola súa colaboración na organización e seguimento deste día.

https://www.dendealimia.com/articulo/xinzo-de-limia/non-hai-camino-paz-paz-camino-mahatma-ghandi/20200130193545019210.html


19/9/19

Semana Europea da Mobilidade: día sen coches

Manual

A SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE celébrase cada ano entre o 16 e o 22 de setembro.
 Esta iniciativa europea anima a introducir e promover medidas de transporte sostible e invitar á ciudadanía a probar alternativas ó uso del automóvil. 
A Comisión Europea ten establecido dous ambiciosos obxectivos para a mobilidade urbana: eliminar os coches de combustibles convencionais nas cidades para 2050 e  avanzar cara unha loxística urbana sen emisións nos principais centros urbanos para 2030.
 En 2018 a campaña superou o récord de participación: 2792 cidades de 54 países organizaron actividades durante a semana. Máis da metade das cidades participantes implantaron medidas permanentes que ascendían a un total de 8848, centradas principalmente na xestión da mobilidade, a accesibilidade e unhas instalacións para bicicletas novas ou melloradas.
A semana culmina no Día sen Coches, no que as cidades participantes dedican unha ou varias zonas exclusivamente ós peóns, os ciclistas e o transporte público durante un día completo. En 2018, celebraron o Día sen Coches 1153 cidades.
@voznatura

13/2/19

Día Mundial da Radio

Celébrase cada 13 de febreiro para homenaxear o nacemento de Radio Nacións Unidas (1946).

En algúns Ceip(s) teñen incorporada esta actividade. No noso, aínda que a solicitamos este curso, non fomos un dos centros ó que lla concederon.

 Velaquí algúns enlaces do que se está a facer:

No CEIP Plurilingüe de Covas en Viveiro os nenos e nenas de 5º de primaria grabaron o primero programa sobre os Dereitos Humanos para conmemorar o Día MUNDIAL DA Radio. Queredes escoitalos?



 Na Biblioteca do CEIP de Celeiro acabamos de rematar o programa conmemorativo para a celebración do Día Mundial da Radio.


Podemos velo no seguinte enlace


DÍA MUNDIAL DA RADIO 2019: 13 DE FEBREIRO


 O pasado luns 4 de febreiro tivemos o obradoiro de Radio Escolar coa Asociación Cultural e Pedagóxica "Ponte... nas Ondas". Foi todo un éxito, onde aprendemos un montón e elaboramos o noso primeiro programa de radio.


No seguinte enlace podedes ver o programa e algunha foto do obradoiro.


1/2/19

O casamento dos paxariños

O día 2 de febreiro, véspera do San Brais, di a tradición galega que é o día que casan os paxariños.

Estamos ante unha das festas do ciclo da invernía, que ten lugar xusto na metade do inverno  e que prepara a inminente chegada da primavera e, con ela, o renacer da natureza. Coa cristianización, que absorbeu canta celebración puido, convertiuse na Candeloria e traduciuse no costume de acender candeas. Coincide tamén coa celebración celta do Imbolc, tamén vencellada ao lume, que en Irlanda foi cristianizado como o Día de Santa Bríxida.
Este día sinala o retorno das aves migratorias e os cortexos que preludian o renacer da primavera. “É unha data dedicada ao amor e á fecundidade, os paxaros serven como referencia de observación da natureza e como obxectos de construción simbólica”, segundo sinala o antropólogo Rafael Quintía, presidente da Sociedade Antropolóxica Galega.
Desde algúns blogs mesmo se defende que o día 2 debería ser a data do amor romántico na nosa cultura. O noso refraneiro popular tamén lembra que “a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa”. E o antropólogo Anxo Rosales ten documentado un exemplo máis dramático desta tradición en Santa Mariña de Covelo (Pontevedra), onde aínda se di que “o paxariño que non consiga compañeiro neste día, suicídase”.
Do mesmo xeito, Rosales lembra que Murguía, ademais doutros estudosos, ten rexistrado o costume de ceibar pombas por parte dos nenos o día da Candeloria na misa que se dedicaba á virxe en Compostela.
Como previsión meteorolóxica
A Candeloria tamén serve para anunciar a chegada máis ou menos próxima da primavera: “Cando a Candeloria chora, o inverno xa vai fóra; cando a Candeloria ri, o inverno está por vir”. É o mesmo concepto que o Día da Marmota estadounidense, cando este animal prevé a chegada inminente da nova estación (ou non). Noutras culturas, como a francesa, é un oso que sae do seu tobo, sinala Rosales.
En Sorbia, unha festa viva
Os sorbios, unha minoría cultural e lingüística en Alemaña, celebran o 'Vogelhochzeit' (Casamento dos paxariños) o 26 de xaneiro. Ese día os nenos póñenlle pratos con comida e lambonadas típicas para os paxaros e nas escolas celébrano con cantos e outras actividades.

Mentres, en Galiza é unha tradición que aínda segue viva na memoria sobre todo do rural, pero que se non se actualiza corre o perigo de desaparecer ao igual que outras moitos costumes e lendas.

15/5/18

Día Internacional da Familia


De sempre hoxe, o día 15 de maio se celebrou o S. Cidre, o día do labrego. Agora a  Asamblea Xeral das Nacións Unidas celebra o Día Internacional da Familia cada 15 de mao dende 1994.



O lema deste año é 'Familias, educacióne e benestar', unha temática que pretende resaltar a importancia do traballo de todos aqueles membros da familia que se dedican ó cuidado dos seus fillos, os seus padres, os seus irmáns, os seus netos, etc

En España, coma no resto del mundo, las familias no son lo que solían ser. Xa se pasou de moda ese concepto formado por un matrimonio entre muller e home con fill@s. Nos colexios, os institutos e as universidades, é frecuente tratar con persnas cuxos pais son homosexuais ou proveñen de familias monoparentais. Ademais, a tendencia demostra que cada vez son mais os moz@s que viven en parella pero non están casados nin teñen fill@s. ¿No son eles tamén unha familia?


  O Día Internacional da Familia preséntase como unha alternativa lóxica e razonable ó Día do Pai e o Día da Nai. Porque os tiempos avanzan, camiña ti tamén polo mundo da igualdade e a tolerancia. 

30/1/17

Mil grúas pola paz

 GANDHI

O 30 de xaneiro de 1948, cando Gandhi ía a unha reunión para rezar, foi asasinado en Nueva Delhi por un radical hindú. Tiña 78 anos.  
Gandhi foi, por encima de todo, un defensor da igualdade e a xustiza. Loitou para lograr a independencia da India, loitou para acabar coas desigualdades que padecía a sociedad do seu país...
Converteuse nun símbolo da Non violencia e a busca da Paz.

"Ninguén pode facer o ben nun espazo da súa vida, mentres fai o dano noutro"

"A verdadeira educación consiste en obter o mellor dun mesmo. ¿Que outro libro se pode estudar mellor que o da Humanidade?"   (Tomado de César Bona)

E velaquí algunhas imaxes da nosa celebración do día escolar da Non violencia e da Paz. 




 

21/12/16

Pedindo o aguinaldo

O alumnado de 4º A quixemos recoller algo moi propio destas datas e que case se está a perder. Así que buscamos unha panxoliña ben enxebre "Ovos e torresmos" e dedicamos esta última xornada do trimestre a ir pedindo o aguinaldo a todo o persoal, profesorado, alumnado do colexio polas aulas. 
Tamén saímos pola vila e fomos cantar a Ítaca, ó Espazo Lector Nobel, á Praza Maior, ó Centro de Día, á Residencia Santa Mariña. E, pasámolo de marabilla!!!

 

 

 

19/9/16

Semana da Mobilidade. 19-23 de setembro

   A Semana Europea da Movilidade 2016 quere facernos reconsiderar a maneira na que facemos os nosos desprazamientos. 
   A campaña sobre promoción da mobilidade urbana sostible e intelixente, SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE, supón unha oportunidade perfecta para explicar os retos que afrontan as ciudades e os pobos para promover un cambio no comportamento e camiñar cara unha estratexia de transporte máis sostible.  
   E ti, anímaste a facer algo? Velaquí algúns enlaces sobre isto. 

Semana Europea de la Mobilidad
Semana da Mobilidade. Pontevedra
Semana da Mobiblidade. Seguridade vial e ruta en bici: Carballo
Semana da mobilidade. Burela
Semana da Mobilidade. Plans en Madrid

18/5/16

Cé Orquestra pantasma

Tivemos nesta semana das letras galegas con nós, o mércores 18, a "Cé Orquestra pantasma". Cé orquestra pantasma é César, un músico autodidacta apaixoado dos instrumentos musicais con quen gozamos escoitándoo, cantando e bailando, aprendendo cantigas (poemas de Manuel María; tamén de Rosalía). Este artista que meteu a alumnado e profesorado no peto comezou a súa andaina musical ós oito anos dentro da música tradicional e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da música popular.
Aquí vos deixo o enlace á súa web  http://www.ceorquestrapantasma.com/  
E agora, velaquí a montaxe coas fotos do ben que o pasamos nesta festa - actuación. Parabéns a tod@s e especialmente a César polo seu ben facer.

2/5/16

Aí ven o maio...


Aí ven o maio... E o día das letras galegas. Este ano adicado a Manuel María, comprometido coa literatura e coa terra.
Poema de Curros Enríquez cantado por Luis Emilio Batallán (compositor, músico e cantautor titulou o seu primeiro elepéAí ven o maio; converteuse no disco máis vendido en galego)

Para ir abrindo boca: Manuel María: escritor, e por riba de todo, galego.

Camiliño Josesiño veu ó colexio - maletas didácticas


Camilo José Cela, 1980. ©
 O 11 de maio de 1916 nacía na parroquia de Iria Flavia, Padrón (A Coruña) Camilo José Cela Trulock, unha das figuras clave na evolución cultural española, como revolucionario da narrativa e como promotor de proxectos culturais decisivos, especialmente no ámbito literario, onde acadou os máis importantes recoñecementos. Premio Príncipe de Asturias das Letras en 1987, Premio Cervantes de Literatura en 1995 e Premio Nobel de Literatura en 1989, Camilo José Cela abre as portas da literatura española contemporánea con erudición e un dominio lingüístico á altura dos mellores mestres. Este ano 2016, cando se cumpre o centenario do seu nacemento, representa unha data memorable e unha oportunidade única para divulgar o valor cultural seu do legado.


Coincidindo co centenario temos ata o 20 de maio na Biblioteca tres maletas didácticas: ¿quen vive a carón da vía do tren?, Letras remexidas e Pequenas historias para Ed. Infantil e Ed. Primaria; con materiais e orientacións para que sexan os propios docentes xunto co alumnado os que as empreguen.

Outros recursos

23/6/15

Festival fin de curso e Celebración 40 aniversario


Para rematar o curso tivemos unha grande festa no patio cuberto toda a comunidade escolar; dunha parte o festival que pon o broche final ó curso; doutra quixemos celebrar que este curso era o 40 aniversario da posta en marcha do Ceip Rosalía de Castro. Por isto ademais dunha exposición de fotos destes anos, quixemos que nos acompañaran os director@s que tivo o centro e tamén estiveron o noso inspector e a Xefa territorial. Metemos nun baúl "algo representativo" de cada aula e esperamos abrilo dentro de 10... ou máis anos. Bo verán e que todo vaia ben. Moitas grazas por seguir o blog e ata setembro!!!