23/6/15

Festival fin de curso e Celebración 40 aniversario


Para rematar o curso tivemos unha grande festa no patio cuberto toda a comunidade escolar; dunha parte o festival que pon o broche final ó curso; doutra quixemos celebrar que este curso era o 40 aniversario da posta en marcha do Ceip Rosalía de Castro. Por isto ademais dunha exposición de fotos destes anos, quixemos que nos acompañaran os director@s que tivo o centro e tamén estiveron o noso inspector e a Xefa territorial. Metemos nun baúl "algo representativo" de cada aula e esperamos abrilo dentro de 10... ou máis anos. Bo verán e que todo vaia ben. Moitas grazas por seguir o blog e ata setembro!!!

Adeus "Rosalía": graduación dos de 6º



O pasado mércores 17 de xuño, na casa de cultura, tivemos a graduación do alumnado de 6º de primaria. Algúns incorporáronse ó Centro ó longo destes anos pero a maioría empezara aquí en Infantil de 3 anos... Momentos para lembrar, moitos sentimentos e emocións difíciles de controlar pero moito ánimo para seguir gozando a vida e formándonos como persoas, buscando "a parte que lle falta". Moitas grazas por acompañarnos e facernos máis "saborosos" estes momentos.

Visita do alumnado da escola Infantil

Recibimos ó alumnado da escola Infantil que se vai ecolarizar no noso centro o vindeiro curso. Por iso demos unha volta polas instalacións do Ceip (aínda que na fotos só se recolle o momento da visita ó comedor...) e descubrimos con moito gozo que aquí está "Rosalía" a coelliña, que, tamén eles coñecen porque estivo algúns días, ó longo do curso, na Galiña Azul.

10/6/15

Participamos na festa de Voz Natura

O pasado sábado 6 de xuño estivemos no parque de Acea de Ama, en Culleredo, A Coruña. O grupo de 6º A e o equipo de voluntari@s que participaron como axudantes do Equipo Dinamizador da Biblioteca así como os "mellores lectores" (en canto a número de libros segundo o programa Meiga) e dous mestres e algúns pais e nais compartimos o día de festa co que Voz Natura nos agasallou por termos participado neste programa ó longo deste curso.