27/6/19

Así queda a horta










Coas noites tan frías nesta pasada primavera e algúns días con elevadas temperaturas (6º C e ata 35º C o 29 e 30 de maio) na nosa horta escolar pouco medraron as tomateiras, pementeiras, etc.

Con todo, aquí deixamos unhas fotos deste espazo no que tan bós momentos pasamos; mesmo empregamos as ocas para limpar de herbas este recuncho.

Bo verán para tod@s!!! 

E tempo de novas acollidas



Nesta última semana de xuño, o mércores 26, Sonia e Diana, compañeiras de ed. infantil tiveron unha xuntanza, na biblioteca, coas familias dos nen@s que se van incorporar o vindeiro curso. 

É esta unha reunión moi importante e tamén o facela xa en xuño porque a incorporación á escola conleva uns cambios que convén ir traballando con tempo e sempre coa participación das familias.
Por isto se puxeron enriba da mesa unha manchea de actividades que podemos ir facendo para favorecer a adaptación á escola. 
Pero tamén se reflexionou sobre o período de adaptación: concepto, obxectivos, organización e recomendacións.
Explicáronse os criterios de división do alumnado e finalmente fíxose un percorrido temporal a modo de exemplo dun día na aula de tres anos; as rutinas e distintos momentos que se dan nunha xornada desde a súa chegada ó Ceip ata que volven para a casa.
Moitas grazas a tod@s pola participación

https://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXC/proceso/oproceso/o_prodeso_de_adaptacion.pdf

24/6/19

Tempo de despedidas ... e de Festival !!!

Remata un curso máis e todo o noso alumnado entrega o máximo enriba do escenario. Pista polideportiva chea de familiares para ver as grandes actuacións de todos os grupos. Temos que pedir desculpas polas incomidades propias de estar tanta xente xunta, pero que saibades que todo se organiza da mellor maneira posible para que poidamos desfrutar dest@s grandes artistas.
Recoñecer tamén todo o traballo do profesorado do centro que se implica tanto en estas actividades para acadar estes resultados tan espectaculares.
Remata o curso 2018 - 2019.... Desfrutade do verán.... ler moito .... xogar máis ... e procurade ser moi moi felices!! Vémonos pronto!!

23/6/19

O programa PROA chega ao seu fin!!

Rematamos por este curso escolar o Programa de Orientación e Acompañamento Escolar (PROA) que, dentro da actuación do proxecto dos Programa Contrato da Consellería de Educacón, Universidade e Formación Profesional, brindou un ano máis ao noso alumnado a posibilidade de recibir un reforzo educativo importante nas estratexias, ferramentas e técnicas de estudo nas áreas troncais dos distintos cursos de Primaria.
Acabamos este curso cunha xornada lúdica, onde os xogos tiveron un rol fundamental e tamén fixeron entrega de materiais e diplomas conmemorativos.
Moitas grazas ao profesorado do centro implicado, en especial á noxa orientadora Rita Reza polo seu labor de coordinación, e especialmente a Antía Pousa Bello, a docente deste curso, pola súa implicación total e compromiso absoluto con este proxecto e sobre todo co seu alumnado.... Esperamos contar contigo pronto de novo no noso cole!!

17/6/19

Ti e máis eu. Celso E. Ferreiro e a Banda da Loba

Música, poesía, diversidade, rapazada, lingua de signos... 


TI E MAIS EU Celso Emilio Ferreiro

(Non falemos dos bobos
que tódolo adeprenden nos libros.
Non falemos dos parvos
con cara de domingo;
nin dos sapientes memos,
nin dos túzaros listos,
nin do eterno mal gusto
dos probes novos ricos).
Falemos de ti e min
xa que vivimos.
Ti i eu nos ventos
e nos solsticios.
Ti i eu nos bosques
e nos ríos.
Ti i eu, historia
de corpos nidios.
Ti i eu, saudade
de árbores íntimos.
Ti i eu sin tempo
polo tempo imos.
Ti i eu cantando,
chorando e rindo.

13/6/19

O patrimonio asolagado

Este vindeiro sábado a partir das 19 h. temos unha cita no Casino Antelano; alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato (ben coñecidos por ser moitos deles ex do Rosalía) vannos presentar un traballo ben interesante. Parabéns!!!

12/6/19

FESTA FIN DE CURSO


O Ceip Rosalía na Voz de Galicia



https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2019/06/12/xinzo-cuenta-zoo-avicola-pleno-colegio/0003_201906O12C7991.htm?fbclid=IwAR0ehreLRAtcnFXTGYfOIxULYacvVfRUyssMSyihsjZI7QvFbro-nvtDskg


SINDO MARTÍNEZ 
XINZO /LA VOZ 12/06/2019 13:48 H
Los fondos del proyecto Voz Natura sirvieron a dos profesores del colegio Rosalía de Castro, Antonio Corbal y José Manuel García, directos del colegio, para llevar adelante una innovadora idea para que los pequeños del centro pudieran conocer en vivo y en directo el nacimiento y crecimiento de aves dentro del recinto educativo.
Hace escasos días ambos docentes instalaron en un espacio antaño ocupado por un depósito de gas propano un aula de la naturaleza con varios tipos de aves. «Contábamos con una zona desocupada tras retirar ese depósito y decidimos que podíamos colocar allí dos casetas para aves. El coste del proyecto fue muy pequeño. Tan solo tuvimos que reparar dos viejas casetas que estaban bastante envejecidas pero que podían servirnos. Con la colaboración de personas del Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, las reparamos y las instalamos hace algunos días». Y añadió: «Colocamos una red encima de la instalación para proteger a los animales del posible ataque de gatos o de otros animales por la noche».
El minizoo cuenta con unas ocas, un faisán y varios pollos nacidos en el propio centro. «El año pasado instalamos ya una incubadora para que pudieran nacer los pollitos, que andan por el espacio y que pueden ser contemplados por los pequeños. De hecho, los escolares colaboran en la limpieza y el correcto mantenimiento de las pajareras», afirmó García. Durante los últimos tiempos, de hecho, «hemos organizado una pequeña brigada de limpieza de esa zona para mantenerla en perfecto estado».
El objetivo de la propuesta es que los escolares sean conscientes de la necesidad del respeto al medio ambiente y que contemplen por sí mismos el respeto a la vida y a los animales. «Es una iniciativa dentro del programa de Ciencias Naturales que decidimos poner en marcha», revela el director del centro. Lo que comenzó como una iniciativa escolar ha calado entre los vecinos de la zona. «Hay lugareños que pasan por el camino de al lado del centro y se quedan contemplando a los animales», asevera el director.
La instalación cuenta con un aparato que permite a los alumnos contemplar la evolución del feto de los pollos dentro de los huevos de las gallinas. «Es muy útil sobre todo para que los más pequeños puedan contemplar cómo evoluciona una vida animal», señala el docente
La asociación de padres de alumnos del colegio está entusiasmada con la iniciativa. Fuentes del AMPA aseguraron que: «La idea de la incubadora fue muy buena y ahora se ha completado con estas casetas. Los niños están encantados con la iniciativa, que nos parece muy positiva. Pensamos que es una propuesta muy brillante por parte de los docentes que la organizaron y que tienen todo nuestro apoyo para ideas tan buenas como esta».
Este colegio se ha destacado en los últimos años por poner en marcha diferentes iniciativas de sensibilización cultural, social y de respeto al medio ambiente entre los escolares del Rosalía de Castro.
Voz Natura es un programa de La Voz de Galicia, desarrollado por la Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.


7/6/19

IX Abrazo ó río Lim(i)a



IX Abrazo Xinzo 2019
Un curso máis celebramos alumnado e profesorado de 4º de primaria dos Ceips Carlos Casares e Rosalía de Castro cos nosos compañeir@s de Ponte de Lima o abrazo deste curso en Xinzo; a comezo de curso fixerámolo en Ponte de Lima.
O programa foi o mesmo das últimas edicións: recibimento e acto institucional na praza Carlos Casares e na Casa de Cultura, abrazo, xantar, visita ó Museo do entroido, saída ata o Monte Talariño (Paradiña, Sarreaus) ó nacemento do río Limia e peche da Xornada en Allariz, no festival de Xardíns.

6/6/19

Apagamos a incubadora

O día 5 de abril puxeramos en marcha a incubadora que temos no Centro; cada día fomos metendo ovos de kikas, galiñas de varias razas, pato mudo, pato indio, faisán, oca, galiña de Guinea, perdiz e pavo real. Non nos naceu ningún exemplar de pato mudo, de galiñola ou pita de Guinea e de pavo real; si de todo o demais.
 Consideramos así e todo que tivemos unha tasa grande de nacementos, algunha baixa e gozamos deste proceso que ocorre dentro do ovo e que temos recreado con fotos colocadas na incubadora día a día. Aquí poñemos un vídeo con ese mesmo proceso.

O luns 3 de xuño baixamos os últimos ovos das bandexas á espera de que nazan nos próximos 2 ou 3 días. E o 6 (dous meses despois da posta en marcha) apagamos e limpamos/desinfectamos a parte de abaixo da incubadora.
Moitos dos que naceron (máis de 50) xa os foron levando o alumnado, profesorado... Outros baixámolos para o espazo que habilitamos no patio, no recuncho que antes ocupaba o depósito de gas; os máis noviños aínda seguen dentro.   

Viaxe fin de curso a Asturias

Catro días de aventura, vistas e convivencia. Oviedo, Colombres, Carbárceno, o MUJA, .... e tantas e tantas cousas vividas.... Un recordo imborrable !!! 

5/6/19

Os de 1ª de primaria en Marcelle


Onte, 3 de xuño, os nenos e nenas de primeiro de primaria visitaron o zoo de Marcelle en Lugo. Cóntanos Sonia Y. que o día apareceu anubrado mais eso non lles quitou as ganas de divertirse. Viron moitos animais, entre eles osos pardos, lobos, avestruces, monos, suricatas... Pasaron un día fenomenal! 

Letras Galegas 2019

Este ano está adicado a Antonio Fraguas. Co material que publicou o Seminario Galán, preparamos un taboleiro.




A parte de pasalo moi ben, aprendimos moitas cousas de Antonio Fraguas.

 Materiais Antonio Fraguas

Adiviña con...( mímica ou son)

Outro xogo para pasalo moi ben. É moi fácil, so hai que tirar o dado, levar  o EscornaRá ata a casiña e levantar a carta da cor do mazo correspondente.




As paisaxes

Para avaliar os coñecementos, dun xeito lúdico, traballados no proxecto "Imos de excursión!", creamos  unha plantilla coas distintas paisaxes. Como o facemos? Pois, moi sinxelo, tiramos o dado e levamos a nosa EscornaRá ata a casiña onde se ve unha imaxe. Os nenos e nenas teñen que dicir todo o que aprenderon sobre ela. A que é divertido!!!!

Materiais A paisaxe

Aproxima á decena

Seguimos xogando coa nosa EscornaRá, esta vez traballando coas matemáticas. Neste xogo os nenos de 2º teñen que aproximar á decena.
É moi sinxelo. Hai que levantar unha tarxeta dun mazo de cartas, ler o número e dicir a que decena se aproxima. O seguinte é mover a ra polo noso taboleiro.
Material aproxima á decena
Material aproxima á decena 100-200

3/6/19

Datas voz natura: Xuño

Sen plásticos


Día 5: Día mundial do Medio Ambiente
Día 8: Día Mundial dos Océanos
Día 12: Día Mundial da descontaminación acústica
Día 15: Día Mundial do vento
Día 17: Día Mundial contra a desertificación e a seca
Día 21: Día Mundial do Sol
Día 24: Día Mundial contra a contaminación electromagnética

Os maiores de infantil en Monforte

   Excursión a Monforte: visita ó Museo do Ferrocarril, subida á torre da Homenaxe e comida no parque dos Escolapios. Regreso en tren de Monforte a Ourense. Ah!!! e de sobremesa, para refrescarse, uns ricos xeados.