28/11/18

Metodoloxía TEACCH

Esta semana tivemos a primeira das tres xornadas de formación que imos dedicar a esta temática.
O obxectivo principal desta metodoloxía é xerar autonomía nas persoas con TEA (transtorno do espectro de autismo). 
Moito que aprender. Seguimos neste apaixoante camiño.
Grazas ás persoas que organizan e a tod@s os que participan; despois da xornada de traballo houbo xente que se desprazou desde Ourense, Ribadavia, A Merca, Allariz... para estar aquí ata máis das 20.30h.
E Yolanda que veu desde Vilagarcía de Arousa.
Unha sorte atopar xente así. Velaquí un enlace para coñecer algo do que fai esta xente: www.autismobata.com


A biblioteca, espazo de formación permanente

26/11/18

Todos os días 25 N

Velaquí as mans de todas e todos (infantil e primaria) contra a violencia de xénero, contra a lacra machista... Contribuíndo a facer un mundo máis xusto e fraternal.
Ademais achegamos un agasallo espectacular: o alumnado de 5 anos B cantando e signando (LSE - lingua de signos española) a canción que escollemos para esta conmemoración. Parabéns artistas! 


http://www.kizoa.es/Ceip Rosalía de Castro. Todos os días 25 nov

24/11/18

O Fortnite

  SOS: mi hijo está enganchado al Fortnite

El objetivo del juego es matar a los 99 adversarios y sobrevivir - El abuso genera consecuencias físicas y cambios de ánimo.



23/11/18

Celsa e Jorge en "Ti tamén contas"

Graciñas hoxe a Celsa e Jorge (nai e fillo) que nos agasallaron coa lectura de tres historias ó alumnado de 4º de primaria na biblioteca, durante a hora de lectura.



21/11/18

Día Mundial dos Bosques Autóctonos

O 23 de novembro celébrase o Día Mundial dos Bosques Autóctonos. Pola importancia que teñen no equilibrio da Terra.
 "Os bosques autóctonos galegos constitúen o principal atractivo do país grazas á gran variedade e biodiversidade das especies que os forman".

www.prensaescuela.es (a voz da escola, 21 de nov.)





20/11/18

Hoxe a mestra foi Irena Stanisic

No Día Universal dos Dereitos da Infancia, neste 20 de novembro, nós contamos no Centro coa presenza de Irena. Ela leva na Limia 9 meses, no Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso" a través do Servizo de Voluntariado Europeo. Estivo unha sesión co alumnado de 4º A para achegarnos moitas informacións do seu país: Bosnia y Herzegovina.
Algúns aspectos históricos coma o asasinato de Ferdinand (1941) por Gabrilo Princip (un dos detonantes da 1ª guerra mundial), o cambio nesa península balcánica do que era Iugoslavia ós seis países que hai hoxe...

Pero tamén o idioma, cos alfabetos Latino e o Chirilica (no que nos escribiu os nomes), as 9 estrelas brancas da bandeira, as catro principais relixións que alí conviven (Ortodoxos, Cristiáns, Hebreos e Musulmáns), a Konvertibilna (moeda, diñeiro)... E algunhas datas sinaladas coma o "equivalente" ó noso Nadal que eles celebran o 7 de xaneiro ou as imaxes dalgúns deportistas que si nos resultan coñecidos (Zlatan Ibrahimovic, Dzeko...); e bailes, comidas típicas e imaxes dun país que nos sorprendeu. Moitísimas grazas!

17/11/18

Día Internacional da Tolerancia

Este pasado venres, día 16 de novembro celebrouse o Día Internacional da Tolerancia e o noso Centro participou, a petición do Campus de Ourense (Universidade de Vigo) no Máster: Interculturalidade en contextos escolares. Achegamos a nosa visión sobre esta temática e ó tempo a que nos fixeron chegar o alumnado, profesorado e familias a partires duns cuestionarios que se repartiron entre case toda a comunidade educativa. Moitísimas grazas pola colaboracion.  Facelas extensivas ó Centro de Desenvolvemento Rural O Viso que tamén colaborou neste pequeno traballo a través do grupo LIMUHE e as súas educadoras ( Graciñas Lucía, graciñas Saray).

 

O interculturalismo en contextos escolares. No día internacional da Tolereancia. Ourense 16.11.2018

Eva e Samuel en "Ti tamén contas"

O venres foron Eva e Samuel os artífices desta actividade coa que gozou o alumnado de 3º de primaria. Moitas grazas!!!


14/11/18

Magostos

Celebramos o magosto. O alumnado de Ed. Infantil e 1º, 2º, 3º de primaria como ides poder ver nas imaxes que poñemos a continuación: xogos, día espectacular e diversión.


http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d230943592kP835468290o2l1/magosto-2018


O alumnado de 4º, 5º e 6º saíron a facelo fóra; velaquí o enlace para saber onde foron e como o celebraron.

http://www.cdroviso.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=shownews&idn=2860&V_idmod=62&id=2860

13/11/18

Preparación da Andaina de Couso a Lodoselo

Mércores 14 de novembro. Agardamos polo bo tempo e si, por fin, mañá celebraremos o Magosto. Os de Infantil e os de Primaria (1º, 2º e 3º) no cole con xogos e xantar con castañas no patio... Os de 4º, 5º e 6º facemos unha nova andaina; tocou Faramontaos un ano, Trandeiras outro e este ano facemos a de Couso ata Lodoselo.


Preparación andaina Couso a Lodoselo
E despois destes dous días de sol esta tarde poidemos comprobar como están os camiños que hai uns días andaban cheos de auga... Así que no canto de ir por Freande imos facer a baixada por Freixo. Estas son as estampas que hoxe, sen ninguén, co río Limia á dereita tanto me gustaron. Mañá co alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria faremos este percorrido; o punto de partida será Couso (que visitaremos) e despois cara baixa; ademais de cruzar Freixo e falar coa vecindade (xa están avisados) agardamos que ó chegar a Lodoselo nos teñan os xogo populares e  tradicionais preparados; e que a xente da vivenda comunitaria, do centro de inclusión, do pobo, pase con nós un anaquiño da súa xornada. Grazas ao persoal do CDR "O Viso" pola colaboración. Xa nos agardan coa porta aberta. A continuación toca debullar as castañas e acompañalas con algo máis. Agardamos que todo vaia ben.

PRIMEIRAS EXPERIENCIAS CO ESCORNABOT

Agora que temos montada a nosa EscornaRá vai sendo hora de probala.
Desde logo foi algo moi emocionante e divertido e os nenos están desexando probar novas actividades. 
Para empezar, tivemos que aprender a usar as teclas da EscornaRá. Son moi sinxelas:adiante, atrás, dereita, esquerda e inicio. Aquí podedes ver, como o fixemos:




A continuación o que fixemos no papel, practicámolo coa EscornaRá:





MATERIAIS "PROGRAMANDO ESCORNABOT"


  Despois de todo isto, creamos un novo taboleiro. Empregamos as fotos das portas, que foron decoradas no Samaín.





E aquí ides ver, como xogamos:


E seguimos xogando:






MATERIAIS "SAMAÍN"

12/11/18

Tania e Laura con Hansel e Gretel

http://www.kizoa.es/ti-tamén-contas-12-nov-2018
Outro día que contamos na biblioteca cunha parella "especial": Tania e Laura, nai e filla, para contarlle un contiño moi saboroso ó alumnado de infantil de 5 e de 3 anos: A casiña de chocolate!!!
Moitísimas grazas!!!

8/11/18

Ler, ler, ler,
vivir a vida que outros soñaron.
                                                                                        
Miguel de Unamuno

Gif de 1º de primaria

Publicamos aquí este gif que nos enviaron de 1º de primaria:
 é o seu día na biblioteca


Ti tamén contas

Nesta xornada tivemos a dúas nais, Eva e Marian, que participaron desta actividade que facemos e que tanto nos gusta: que algúns membros das familias veñan a lerlle, contarlle contos ós nen@s. Que as familias forman parte da comunidade educativa é algo evidente; que desde o Ceip ofrezamos espazos de colaboración e que a resposta sexa positiva é alentador. 
"Fai falla o pobo enteiro para educar un neno"  é un dito africano que temos esquecido nas sociedades "máis desenvolvidas?" e que se ten retomado ultimamente porque realmente ademais da escola e a familia a comunidade é o terceiro axente cun papel claro.
Hoxe tocoulle ó alumnado de infantil de 4 anos e ós de 1º e 2º de primaria. Na vindeira semana xa hai outros grupos agardando que chegue o día... Moitísimas grazas por esta xenerosa colaboración






7/11/18

Montaxe do escornabot

Desde este curso participamos no proxecto de Bibliotecas Creativas, chamado anteriormente Escornabots na biblioteca escolar.

A intención é crear un espazo de experimentación e creación de recursos no ámbito da robótica e na linguaxe da programación. Para elo, dotóusenos con 4 escornabots que tivemos que montar.

Neste titorial vedes os pasos a seguir.



         

6/11/18

Participaremos nas IX Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia: 9/10 de novembro en Compostela

Os días 9 e 10 de novembro celebraranse en Compostela (Palacio de Congresos) as IX Xornadas de Bibliotecas escolares de Galicia, a gran cita anual do profesorado interesado en temas relacionados coa lectura, os alfabetismos múltiples, as bibliotecas escolares e a educación, en definitiva. Estas xornadas están abertas a todo o profesorado e contan cun programa extenso no que se contemplan conferencias, presentación de boas prácticas nos distintos ámbitos do amplo mundo das bibliotecas escolares, mesas de debate e, como en anteriores ocasións, unha sesión denominada "A fume de carozo", para a comunicación de dez actividades moi concretas levadas a cabo en bibliotecas de centros educativos galegos, seleccionadas entre as candidaturas presentadas a tal efecto. 
Haberá espazo para a ciencia, a poesía, as culturas urbanas, a lectura crítica da imaxe, as bibliotecas e as súas transformacións; as belas artes, a tradición oral e a música; a investigación sobre lectura, tecnoloxía aplicada a materiais textiles, alfabetización transmedia ou hábitos de lectura. Pero sobre todo, daranse a coñecer experiencias de calidade contrastada no desenvolvemento de bibliotecas escolares galegas como "centros creativos de aprendizaxe" e tamén experiencias concretas sobre formación lectora, voluntariado, "radio na biblio", biblioteca inclusiva e exemplos prácticos de desenvolvemento curricular a través de metodoloxías activas e de proxectos, vinculados á biblioteca escolar.  Será, tamén, ocasión para o encontro entre o profesorado deste amplo colectivo de docentes que poñen en pé as bibliotecas escolares galegas, o reforzo de vínculos persoais e profesionais e, con toda seguridade, o comezo de novas colaboracións para o presente curso. 
Alí estaremos.
                      Programa Bibliotecas. pdf
                                                            http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/

5/11/18

Novembro: datas sinaladas

http://www.voznatura.com/


6 : Día para  a prevención da explotación do medio ambiente nas guerras
10: Día mundial da ciencia para a paz e o desenvolvemento
16: Día internacional do Patrimonio Mundial
20: Día internacional dos dereitos do nen@
24: Darwin publica A orixe das especies, en 1859
30: Día mundial sen compras

4/11/18

Ver para aprender

Difundimos a campaña ver para aprender Ver para aprender

Que é Ver para Aprender?
Unha campaña dirixida aos nenos (6-12 anos) para evitar o fracaso escolar debido a un problema visual non detectado. Un test visual sen cargo, ata o 10 de xaneiro de 2019, en máis de 1.400 centros ópticos voluntarios en toda España. Localiza a túa óptica máis próxima (Mapa de ópticas) e pide cita.