29/4/14

Exposición de libros antigos

Grazas á magnífica colaboración de todos os membros da nosa comunidade educativa poidemos levar a cabo esta exposición de libros antigos no edificio administrativo do noso cole para conmemorar o Día do Libro. Nela hai moitos exemplares interesantísmos e con moitos, moitos anos.... Confiamos en que pasedes a botarlle un ollo...





Madriñas e padriños cos seus afillados lectores no día do libro

DÍA  INTERNACIONAL DO LIBRO 2014

   Entre outras cousas, para a celebración do día do libro o pasado 23 de abril realizamos un “apadriñamento/amadriñamento lector” do alumnado dos cursos superiores para os máis pequenos.
   Os padriños e madriñas lectoras colleron o libro elexido,  colocaron a pegatina nun lugar visible (tarxeta que preparamos tanto para os que apadriñaron ou amadriñaron coma para os que foron afillados/afilladas lectores) foron buscar aos seus afillad@s e elixiron un sitio para ler no lugar que lle corresponda.
   Debido ao mal tempo -segundo a previsión metereolóxica- fixemos un cambio na distribución de lugares (nos espazos comúns interiores en vez do exterior); fallaron as previsións porque despois non fixo tan malo. 

Velaquí algunhas estampas recollidas

Saímos no suplemento +Deporte de "La Región"

Estamos presente neste suplemneto deportivo do noso periódico local..... Futbolistas, buscádevos nas fotos!!!

28/4/14

Contacontos

O venres 25 de abril o alumnado de 1º ciclo de primaria tivemos a sorte de ter con nós a Iago, un contacontos que veu a través de Anaya para contarnos o conto do home do saco.


27/4/14

Pequenos futbolistas.

Nesta ocasión foron os nenos e nenas do 2º ciclo os que desfrutaron dunha xornada de fútbol sala.
O venres 25 de abril ao redor dunha vintena de rapaces e rapazas do Rosalía desplazáronse ao pavillón de Xinzo para participar dun adestramento e diferentes partidiños acompañados de alumnado do Carlos Casares e dos colexios de Rairiz e Sarreaus.
Tratouse dunha xornada lúdica na que os e as deportistas poideron percibir as diferentes vantaxes deste deporte sen fomentar a rivalidade entre os equipos.





Xogos de toda a vida.

O centro de cultura popular Xaquín Lourenzo encargouse da posta en marcha de dúas sesións de xogos populares dirixidas aos alumnos e alumnas de 6º de Primaria. Tratáronse de dous obradoiros realizados os pasados días 11 e 25 de abril nos que os nenos e as nenas coñeceron diferentes xogos tradicionais da cultura galega.
Xa é o 3º ano que se leva a cabo resultando sorprendente o grao de interese e motivación dos rapaces e rapazas cara estas actividades. E nesta ocasión resultando moi proveitoso xa que mostra varias alternativas para practicar nos recreos dos mércores.







24/4/14

Hoxe coñecemos o taekwondo.

Nesta ocasión recibimos a visita dun coñecido adestrador de taekwondo co que os nenos e nenas de 1º e 3º ciclo coñeceron o máis básico sobre esta modalidade deportiva.
Con estas xornadas o que intentamos é achegar o maior número de experiencias deportivas cara os rapaces e rapazas para que desta maneira aumente o seu gusto e coñecemento cara a actividade física en xeral e non se centren unicamente en deportes maioritarios.





Andaina " A fonte do Limia"

     O pasado 9 de abril o alumnado do terceiro ciclo de primaria do Ceip, o profesorado e membros da Apa fixemos a ruta " A fonte do Limia". Chegamos en autobús ata Faramontaos e fomos seguindo o curso do río ata a presa de Gudín. Alí tomamos o "sobre almorzo" e a continuación por equipos fixemos o regreso facendo un xogo por equipos. Tivemos moita sorte co espléndido día do que gozamos. Podedes comprobalo nas fotos que aquí vos deixamos.


11/4/14

Tríptico do roteiro "A fonte do Limia"

Esta é a primeira publicación do CEIP Rosalía de Castro e da ANPA do centro. Esperamos que vos guste e que invitedes a toda a xente que coñezades a facer este espectacular roteiro.

Futbolistas!!

Onte, alguns rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria desplazáronse ata o pavillón de Xinzo para disfrutar dunha xornada de fútbol sala. Alí encontráronse con compañeiros e compañeiras do CEIP Carlos Casares e do CEIP de Sarreaus.
Ao longo da maña practicaron un dos seus deportes favoritos, recordando normas e estratexias básicas á vez que coñeceron novos amigos e amigas.
Non se tratou dunha actividade competitiva, senón de integración e formación. Unha mostra delo é que os nenos e nenas dos diferentes centros xogaron mesturados, polo que non existiu a rivalidade.
Á volta das vacacións repetiremos experiencia cos rapaces e rapazas de 2º ciclo.



3/4/14

Contacontos

 


     Como onte foi o día internacional do libro infantil, coincidindo coa data do nacemento de Hans Christian Andersen, hoxe contamos coa presenza dunha contacontos no noso centro, Sabela Gago, que na biblioteca do Centro, complementou -coa súa actividade- o noso itinerario lector.

No Auditorio e en Aceites Abril



   O martes e o mércores, 1 e 2 de abril o alumnado do 3º ciclo de primaria cambiamos a aprendizaxe nas aulas do Centro pola aprendizaxe noutros espazos: fomos a Ourense. Primeiro estivemos no Auditorio escoitando unha actuación de percusión, "Odaiko, vaia circo" (os de 6º) e gozando dunha obra de teatro, "a arca de Noé" (os de 5º). A continuación visitamos as instalacións de Aceites Abril no polígono industrial de San Cibrao das Viñas: moitas grazas polo tempo e a atención que nos dedicaron (vista guiada coas pertinentes explicacións e mesmo agasallos!!!).  


2/4/14

Hoxe xogamos a...

O Equipo de Convivencia do centro vén de por en marcha unha iniciativa innovadora. Durante os mércores de abril, maio e xuño todo o alumnado do centro terá que optar por xogos populares, como o pano, sangue, brilé, a comba, a corda, .... para xogar nos recreos. Esperemos que esta iniciativa poida fomentar o xogo non competitivo nos nosos rapaces e rapazas e recuperar tradicións algo esquecidas.