20/4/26

Algo pasa na casa do lobo



"Se queres que os teus fillos sexan intelixentes, léelles contos de fadas. Se queres que sexan moito máis intelixentes, léelles máis contos de fadas." 
Albert Einstein.

De novo unha nai pisacharcas pola Charca dos Libros! Desta vez contamos con Soraya, nai de Lía da aula de 3 anos A. Os nenos e nenas da súa clase escoitaron a historia na que o lobo desempeña un papel que non é precisamente o clásico. Algo pasa na casa do lobo é un conto cheo de misterio no que os máis pequenos e pequenas se adentran nos bosques grazas a unhas ilustracións  que atrapan. Desfrutaron da aventura de ir visitando as casas dos animais do bosque e descrubiron que unha mañá ningún deles espertaba nos seus propios fogares. Un libro con sorpresa final!