27/4/16

No patio, no Toural, colocando as caixas niño

Por fin tivemos un día primaveral para podermos saír a colocar as caixas niño que prepararamos en marzo. Acompañados por dous membros da Asociación O Bión (Raúl e Pepe) e Antonio, o alumnado de 3º A co seu titor axudamos na colocación das seis caixas niño que tiñamos preparadas. Aprendemos onde colocalos, por que poñelos a certa distancia uns dos outros, como obter as coordenadas aproveitando o GPS... pero tamén tivemos ocasión para xogarmos ó fútbol sen balón, brincar no parque infantil e "adornar" as rúas da vila (como nos dixo algunha veciña) ...

Madriñas e padriños lectores

Que gozada! Vaia estampas chulas! Si... Velaquí unha das actividades que locen, que adornan calquera espazo. Esta vez poidemos facer o plan A (polo patio) e aproveitermos ademais as raiolas de sol, a luminosidade dun bonito día de primavera (propiamente de primavera). Veña, mirade, mirádevos... Moitas grazas a tod@s por facer isto posible!!!


22/4/16

22 de abril: día da terra

Enlace á CARTA DA TERRA

O Dia da Terra foi promovido pelo senador americano Gaylord Nelson.
O 22 de abrl de 1970, o político convocou o que foi considerado a primeira protesta contra a polución. De acordo con datos divulgados na época, mais de 20 millóns de persoas participaron en todos os Estados Unidos.
Desde 1990, é festexado cada 22 de abril a nivel internacional.
O Dia da Terra quere ser unha toma de consciencia dos recursos naturais da Terra e o seu manexo, da educación ambiental e da participaión como cidadáns ambientalmente conscientes e responsables.
O obxectivo principal é conscientizar aos habitantes do planeta Terra da importancia e a necesidade da conservación dos recursos naturais do mundo.
Hoxe, o Dia da Terra é celebrado en máis de 190 países.

21/4/16

III CONCURSO de debuxo, conto e relato “FALANDO DE SOLIDARIEDADE”
 convocado polo CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía.
                                                                                                               En memoria de Celtia e Eva. 

Nos centros educativos atopámonos co difícil reto de fomentar unha serie de valores que en moitos casos van contracorrente nunha sociedade cada vez máis distanciada dos mesmos.
Non atopamos un mellor xeito de exemplificalos e levalos á práctica que a través da perspectiva dos nosos  alumnos e alumnas, protagonistas fundamentais do noso sistema educativo e futuros pilares da sociedade. Para isto, terán que expresarse mediante un debuxo, contándonos algún conto ou narrándonos pequenas historias que nos falen de solidariedade e aqueles valores que xiran arredor do seu significado: axuda, apoio, amizade, respecto, integración, colaboración, compañeirismo, igualdade…

Temática:   Solidariedade nos movementos migratorios”
 O alumnado participante non pode ser alleo á actualidade tan dura que estamos a vivir con respecto aos movementos migratorios aos que se ven avocados moitos pobos e as súas xentes debido a conflitos bélicos, a falla de liberdade, a falla de traballo ou oportunidades… na percura dun futuro mellor.
Somos realmente sociedades solidarias?

BASES DO CONCURSO:
  1. Poderán participar rapaces e rapazas que presenten obras orixinais e inéditas  en galego. O xurado valorizará a orixinalidade literaria, a riqueza lingüística e a corrección gramatical de acordo coas diferentes categorías e idades dos participantes.
  2. Establécense diferentes categorías:
-Alumnado de Educación Infantil: debuxos con ou sen texto presentados nos folios oficiais a tal efecto.
-Alumnado de 1°ciclo de Primaria: debuxos con ou sen texto presentados nos folios oficiais a tal efecto.
-Alumnado de 2° e 3° ciclo de Primaria: contos ou relatos, ata un máximo de 2 folios. Se van acompañados de ilustracións, empregaranse para as mesmas os folios oficiais.
-Alumando da ESO e Bacharelado: relatos de ata un máximo de 2 folios.
  1. Presentación:
    1. Debuxos: nos folios oficiais.
    2. Contos: folios din A4, letra times new roman 12 a dobre espazo. Se son ilustrados nos folios oficiais.
    3. Relatos: folios din A4, letra times new roman 12 a dobre espazo. No caso de achegar portada ou ilustración, faranse nos folios oficiais.
    4. As obras deberán ir asinadas cun seudónimo e indicarase o centro escolar ao que pertenza o alumno ou alumna.
  2. Prazo e lugar de presentación:
Ata o 10 de maio, nas seguintes Bibliotecas:
               - CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía e Biblioteca do Concello
               - CEIP Padre Feijoo de Allariz, IES  de Allariz e Biblioteca do Concello
               - No seguinte enderezo electrónico: ceip.padre.crespo@edu.xunta.es
               - Por correo ordinario ao enderezo:  CEIP Padre Crespo – Estrada de Maceda s/n
                                                                                              32670 Xunqueira de Ambía - Ourense
  1. Premios
- Infantil
·         1º premio: bono de 50€ para material escolar, xogo didáctico e lote de libros.
·         2 finalistas: bono de 25€ para material escolar, xogo didáctico e lote de libros.
- 1º,2º e 3º de Primaria
·         1º premio: bono de 50€ para material escolar, xogo didáctico e lote de libros.
·         2 finalistas: bono de 25€ para material escolar, xogo didáctico e lote de libros.
- 4º,5º e 6º de Primaria
·         1º premio: mini tablet, bono de 50€ para material escolar e lote de libros.
·         2 finalistas: bono de 25€ para material escolar, xogo didáctico e lote de libros.
- 1º Ciclo Secundaria:
·         1º premio: dispositivo electrónico para escoitar música, bono de 50 € para material escolar e lote de libros.
·         Finalista: dispositivo electrónico para escoitar música, bono de 25 € para material escolar e lote de libros.
·         - 2º Ciclo Secundaria:
·         1º premio: dispositivo electrónico para escoitar música, bono de 50 € para material escolar e lote de libros.
·         Finalista: dispositivo electrónico para escoitar música, bono de 25 € para material escolar e lote de libros.
- Bacharelato
·         1º premio: dispositivo electrónico para escoitar música, bono de 50 € para material escolar e lote de libros.
·         Finalista: dispositivo electrónico para esocitar música, bono de 25€ para material escolar e lote de libros.
  1. Comporán o xurado os encargados e encargadas das Bibliotecas dos Concellos de Xunqueira de Ambía e Allariz e das Bibliotecas Escolares dos Centros educativos de diferentes  localidades da provincia así coma membros do equipo de profesorado dos mesmos.
  2. O fallo do xurado farase público na semana das Letras Galegas.
  3. O xurado resérvase o dereito de admisión daquelas obras que poidan atentar contra a intimidade ou imaxe de terceiros ou conter comentarios e expresións inapropiadas.
  4. A entrega de premios terá lugar na Colexiata de Santa María en Xunqueira de Ambía o venres 20 de maio do 2016 a partires das 17:00 h.
  5. As obras poderán ser publicadas ben a través dos blogs e páxinas web dos centros educativos ou ben editadas en formato papel.
  6.  A participación neste concurso implica a aceptación das presentes bases.
               
Entidades colaboradoras: Concello de Xunqueira de Ambía, Editorial Galaxia, Libraría Aira das Letras e Bibliotecas dos Centros Escolares e dos Concellos de Xunqueira de Ambía e Allariz.                     
                                                                                                                                            

                                                                                                         Xunqueira de Ambía,  abril de 2016

20/4/16

Materiais dos encontros PLAMBE

Os pasados días 7 e 8 de abril celebráronse en Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares do curso 2015/2016, coa asistencia de 145 responsables de bibliotecas integradas no programa, na primeira xornada, e representantes da totalidade dos centros (575) xa na segunda xornada.  Este encontro anual do profesorado que xestiona e coordina as bibliotecas integradas no PLAMBE, serve para avanzar na formación deste colectivo e constitúe un espazo de reflexión, intercambio de experiencias e propostas arredor dos ámbitos de actuación da biblioteca escolar: a lectura, a información, a aprendizaxe.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/redeBE/course/view.php?id=25 Abordáronse os retos educativos que a biblioteca debe enfrontar e as posibilidades que ofrece para o cambio metodolóxico imprescindible. Entre outras experiencias de interese presentáronse varios dos traballos galardoados no II Concurso de Traballos por Proxecto, coordinados ou co apoio da biblioteca escolar. 
Acompañáronnos ao profesorado expertos e investigadores en diversos ámbitos: Gemma LLuchMónica Baró, Eduardo Sáenz de Cabezón ou Ana Bernal. Pechou os encontros Manuela Silva, actual coordinadora da Rede de Bibliotecas Escolares de Portugal, programa que cumpre agora os 20 anos de existencia cunha excelente realidade, a pesar de todos os atrancos, faro sempre para as actuacións desde esta consellería.



http://www.edu.xunta.es/biblioteca/redeBE/course/view.php?id=25

Os libros son para valentes

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/diptico16_2.jpg

O poder dos libros

Mensaje de la Sra. Irina Bokova, Directora General de la UNESCO, con motivo del Día Mundial del Libro y del Derecho de Autor

23 de abril de 2016

No hay nada como un libro.
Un libro es un vínculo entre el pasado y el futuro. Es un puente entre generaciones y entre culturas. Es una fuerza para crear y compartir la sabiduría y el conocimiento.
Frank Kafka dijo una vez: “un libro debe ser un hacha para romper los mares congelados dentro de nuestra alma”.
Ventanas a nuestra vida interior, los libros son también la puerta a la comprensión y el respeto entre los pueblos, más allá de las fronteras y las diferencias. En todas sus formas, los libros encarnan la diversidad del ingenio humano, dando cuerpo a la riqueza de la experiencia humana, verbalizando la búsqueda de sentido y de expresión que comparten todas las mujeres y todos los hombres, que hace avanzar a todas las sociedades. Los libros contribuyen a unir a la humanidad como una sola familia, compartiendo un pasado, una historia y un patrimonio, para forjar un destino común donde todas las voces sean escuchadas en el gran coro de las aspiraciones humanas.
En el Día Mundial del Libro y del Derecho de Autor, en colaboración con la Unión Internacional de Editores, la Federación Internacional de Libreros y la Federación Internacional de Asociaciones de Bibliotecarios y Bibliotecas, esto es lo que celebramos: el poder de los libros para fomentar la creatividad y promover el diálogo entre las mujeres y los hombres de todas las culturas. Doy las gracias a Wroclaw (Polonia), Capital Mundial del Libro 2016, por su compromiso con la difusión de este mensaje en todo el mundo.
Esto nunca ha sido más importante, en un momento en que la cultura es objeto de ataques, en que la libertad de expresión se ve amenazada y en que la diversidad afronta un auge de la intolerancia. En tiempos revueltos, los libros representan la capacidad humana de evocar mundos reales e imaginarios y expresarlos en palabras de entendimiento, diálogo y tolerancia. Son símbolos de esperanza y de diálogo que debemos valorar y defender.
William Shakespeare murió el 23 de abril de 1616, solo un día después que Cervantes. En este día, hago un llamamiento a todos los asociados de la UNESCO para compartir este mensaje: los libros tienen el poder de contrarrestar lo que Shakespeare llamó «la maldición común del género humano, la necedad y la ignorancia».
Irina Bokova

18/4/16

SEMANA DO LIBRO (18 a 25 de abril)

Nesta "semana" especial andamos coas seguintes actividades:
1.- Conmemoración do 400 aniversario da morte de Cervantes.
1.1 Exposición, no vestíbulo da biblioteca, de libros de Cervantes.
Pediuse colaboración ao profesorado e alumnado para que aportara libros.
1.2 Visionado de capítulos de “D. Quixote” durante os recreos de toda a semana, na biblioteca.
1.3 Representación teatral (títeres) dunha adaptación da “Aventura dos muíños” realizada polos colaboradores/as  e alumnado de 6º.
Farán as representacións nas aulas de todo o centro.
1.4 Lectura de “D. Quijote” na Hora de ler.
Están repartidos por Ciclos adaptacións de diferentes capítulos para ler en voz alta, un libro por aula para intercambiar ao longo da semana.
1.5 Poñemos aquí - a continuación- uns enlaces con propostas de actividades para cada Ciclo relacionadas con “D. Quijote”.
2.- Apadriñamento / amadriñamento lector o luns, 25.
3.- Exposición, no vestíbulo da biblioteca, dos marcapáxinas de “Save the Children” realizados polo alumnado. (2 por aula).

_________________________

ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O 400 CENTENARIO DA MORTE DE MIGUEL DE CERVANTES

https://www.youtube.com/user/SRG1962    SERIE TV QUIJOTE , Todos os capítulos      
EDUCACIÓN INFANTIL  E  1º CICLO
http://reymma.wix.com/quijote     Actividades varias: fichas, libro LIM, xogos, cómics…
 para o VISIONADO da “ Aventura dos Muíños “
http://www.aulapt.org/2016/01/08/12523,  ACTIVIDADES sobre Aventura os Muíños

2º E 3º CICLO
http://nea.educastur.princast.es/quixote/index2.htm        Biografía, aventura dos muíños, actividades e xogos
http://ntic.educacion.es/w3/recursos/infantil/aprende_diviertete_quijote/index.html  Aventuras deD. Quijote  actividades de lengua e matemáticas relacionadas

Máis sesións de "Ti tamén contas"

Seguimos con sesións de ler / escoitar contos na biblioteca; contos lidos polos pais e nais do alumnado; os últimos, para o alumnado de infantil (aulas de Cris e Diana) e de 4º de primaria. Moitas grazas ás dúas nais que fixeron isto posible: Laura Quintas Garrido e Cristina López Gómez.

13/4/16

Obradoiro Xogos Populares

O pasado día 7 de abril e o vindeiro xoves 14  desenvolverase no centro un obradoiro de xogos populares dirixido ao alumnado de 6º de Primaria. Actividade que se realiza xa dende fai varios anos e se seguira desenvolvendo sempre que sexa posible.





Comarcal atletismo

Xornada de atletismo na Moreira o pasado venres 8 de abril. Sobre 90 atletas do centro participaron nesta actividade, acompañados por outros rapaces e rapazas  de Rairiz, Sarreaus, Vilar de Barrio, do IES Cidade de Antioquía e do CEIP Carlos Casares.
Deporte, saúde e convivencia concentrados nun so día.






6/4/16

Plantamos árbores no patio



Plantamos árbores 2016 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
O día 5 de abril fixemos esta actividade porque antes o tempo chuvioso non nolo permitira. Cada nivel plantou unha árbore no patio e seguimos aprendendo a diferenciar uns dos outros; esta vez foron uns carballos e imos introducindo outras: cancereixo (capudre, escornabois, serbal dos cazadores) e amieiro. Tamén imos ver se logramos que unha figueira retoñe...