26/9/23

Día Europeo das Linguas 2023

"Saber outro idioma é como posuír unha segunda alma". Carlomagno

O 26 de setembro é o Día Europeo das Linguas. Con este acto preténdese, en xeral, promover e manter a rica diversidade lingüística e cultural de Europa. Tamén se pretende ampliar a gama de linguas que aprenden as persoas ao longo da súa vida para desenvolver as súas capacidades lingüísticas e potenciar o entendemento intercultural. O Día Europeo das Linguas é unha oportunidade para celebrar todas as linguas de Europa, incluídas as linguas minoritarias e as linguas dos inmigrantes. O Día é unha iniciativa do Consello de Europa que se celebra cada ano desde o Ano Europeo das Linguas 2001.

Máis información en 

https://portaldaspalabras.gal/lexico/allos-con-bugallos/dia-europeo-das-linguas/



12/9/23

Primeiras veces de moitas cousas

«O primeiro paso é o máis importante. É o máis crucial e o máis eficaz, xa que iniciará a dirección que tes elexido».

Steve Backley. Ex-atleta británico especialista en lanzamento de xavelina

Son os primeiros días no cole novo... Cheos de novas experiencias e onde todo é diferente... Nov@s compañeir@s de xogo e de aprendizaxes. Camiñamos con paso firme e adaptándonos pouco a pouco, con moito esforzo e ilusión e algunha que outra lagrimiña… Pero sempre da man das nosas referentes, as nosas mestras que coidan de nós e fan que todo sexa moito máis doado... 

Non cabe dúbida que as mestras de Educación Infantil son doutra pasta!! Gran traballo, compañeiras!!


10/9/23

Arrancamos un novo curso!!!

 “Descubrín que un novo comezo é un proceso. Un novo comezo é unha viaxe, unha viaxe que require dun plan.”

Vivian Jokotade,  artista visual internacional, empresario creativo, e relatora que inspira unha audiencia global coa súa arte, palabras, e voz. (https://jokotade.com/)